galiciasuroeste

Recreo Artístico Guardés

 

horizontal rule

Portada RAG

Entroido

Entroido infantil

Día da Nai

Ajedrez

Xuntanza

Sardiñada

Presentación Libro

117 Aniversario

 

Día de la Madre

4 de maio 2008

páxina seguinte

 

    Coa asistencia de algo máis de 150 persoas, celebrouse no Recreo Artístico Guardés o Dia da Nai, un acto organizado por esta centenaria institución que contou con iniciativas musicais, poéticas e de danza.

    Deu a benvida o presidente do "Recreo", Anselmo Martínez Pena, quen no seu discurso fixo unha loubanza da Nai, da xenerosidade e do amor que desprende, reclamando que esta celebración non se quede nun día senón que se prolongue todo o ano.

    A continuación foi Oliva María, xunto cunha neta, quen leron poemas escritos por esta  poetisa, abrindo as diferentes intervencións e actuacións musicais que se foron intercalando, nalgúns casos, coa lectura de novos poemas lidos por Sara Márquez Rodríguez e o propio presidente do Recreo, Anselmo Martínez, ademais dos nenos Juan e Guillermo, do Grupo "Antorcha", que dirixe María José Baz.

    Sara Márquez, coa gaita; Daniel Vilanova González e Seila Domínguez Gómez, coa acordeón, e 'Antorcha', coas guitarras e a voz, foron cubrindo o espacio musical que daría paso, como remate do "Día da Nai" no Recreo Artístico Guardés, ás integrantes do grupo de baile "Bailadela", dirixido por Josué Álvarez quen rematou o espectácuilo bailando con Andrea.

    O "Recreo" obsequiou a todos os presentes cunha ración de rosca e un 'chatiño' de viño doce, que sempre se agradece cun postre exquisito.

 

Asistentes aos actos do Día da Nai no Recreo Artístico Guardés

 

 

 

Oliva María e a súa neta recitando poesías

 

Grupo "Antorcha", dirixido por María José Baz

 

 

 

 

 

 

 

 

Sara Márquez Rodríguez lendo unha poesía

 

Guillermo Verde, lendo outra poesía

 

 

Grupo "Algarabía", de María José Baz

 

 

 

 

páxina seguinte