|
|
|
Presentación de "El Recreo Artístico Guardés 1940-2005" que recolle a Historia dos últimos 65 anos do Recreo
O historiador da comarca, Xoán Martínez Tamuxe, que xa fixera a presentación da primeira parte da Historia do Recreo no ano 1997, volveu a estar presente neste acto para presentar o novo libro que vía a luz nesta xornada. "A presentación dun novo libro", dixo Martínez Tamuxe, "é sempre un acontecemento para o autor, así como tamén un acontecemento para a propia sociedade-pobo onde aparece o libro; é, moi especialmente, e neste caso en particular, para El Recreo Artístico Guardés". Destacou Xoán Martínez as que considerou tres claves que fixeron posible a publicación: "Contar cunha directiva sensible, responsable e culta, coordinada por un presidente activo, eficaz e admirador do pasado; Que o Recreo teña e conserve no seu arquivo a máxima documentación en bo estado e medianamente ordenada, e que a Sociedade poida contar cun historiador, home culto, estudoso do pasado, vocacional e honrado, con gañas de traballar". Noutro momento lembrou Tamuxe que "con este libro queda completa, en dous tomos, a historia da Sociedade do Recreo, un periodo de máis de cen anos" no que se recolle "todo o labor socio-cultural de lecer (xogos, teatro, música, gastronomía, baile, entroido) ou calquera avatar de cada directiva de modo exhaustivo, con todo detalle, xa positivo, xa negativo, pero sempre documentado". En primeiro termo, Pedro Mauri, e ao seu carón, Buenaventura Rodríguez, directivos do "Recreo". Detrás, Emilio Alonso Freiría, e á dereita da imaxe, José Luis González Melón
Un aspecto máis da sala co público que segui este acto
Elías Rebollar, expresidente das Festas do Monte, tamén presente na presentación do libro de Villa
María Asunción, de vermello, outra das persoas vinculadas á vida cultural e musical da Guarda
Á esquerda, ao fondo, Miguel Español, presidente da Comisión das Festas do Monte e concelleiro socialista; a continuación, Marina Otero, da Asociación de Mulleres Progresistas, na mesma fila Pilar e José Ramón Martínez
"Polís", fillo do ex presidente do "Recreo" (Polís), coa súa dona
Detrás de "Polís", Ricardo Rey, presidente do club da Terceira Idade
No centro, Ricardo Rodríguez Vicente, investigador local, e ao seu carón, o pintor José Ramón Trigo.
Unha imaxe máis do público asistente a este acto
Malia climatoloxía adversa, e a que "xogaba o Celta" (televisado), entre os presentes prevaleu o acto cultural
Xosé Carlos Gómez Álfaro, unha das voces máis recoñecidas na poética galega actual. Ao seu carón Antonio Martínez Vicente, posuidor dun excepcional arquivo e sempre disposto a colaborar coa cultura local
Socios do Recreo Artístico Guardés que non quixeron perderse a presentación do libro que conta a historia da centenaria institución |
|
|