galiciasuroeste

Recreo Artístico Guardés

 

horizontal rule

Portada RAG

Entroido

Entroido infantil

Día da Nai

Ajedrez

Xuntanza

Sardiñada

Presentación Libro

117 Aniversario

 

Presentación de "El Recreo Artístico Guardés 1940-2005" que recolle a Historia dos últimos 65 anos do Recreo

seguinte

O presidente do Recreo, Anselmo Martínez Pena presenta o acto. No centro, Joaquín Miguel villa, autor do libro, e á dereita, Xoán Martínez Tamuxe que interviu tamén neste acto

O domingo, 11 de febreiro, tivo lugar, ás seis do serán, a presentación dun novo libro no Recreo Artístico Guardés co que se completa a historia escrita e publicada desta centenaria institución.

Escrito polo doctor en Historia, Joaquín Miguel Villa Álvarez, foi o propio autor quen falou de "El Recreo Artístico Guardés 1940-2005. De la posguerra al siglo XXI", publicación que é unha continuación de "El Recreo Artístico Guardés 1890-1939. Los 50 primeiros años", publicado en 1997.

Ao acto asistiron preto de duascentas persoas, entre elas presidentes ou directivos de colectivos diversos, como Ricardo Rey, do Club da Terceira Idade e Pensionistas da Guarda; José Antonio Uris Guisantes, de Érguete Baixo Miño; José Antonio Rodríguez Portela, do Casino de Camposancos; Marina Otero, da Asociación de Mulleres Progresistas; do mundo das letras, como Xosé Carlos Gómez Alfaro e Oliva María; estudosos de temas locais, como Ricardo Rodríguez Vicente; pintores, como José Ramón Trigo, persoas relacionadas co mundo cultural, como Emilio Alonso Freiría e Antonio Martínez Vicente; da música, como María Asunción Trigo; José Luis González Melón, Suso "Bambino"; José M. González Peniza, Antonio A. Castro Lomba; da política, como Miguel Español Otero e José Alberto González Vicente, e ex alcaldes, como Raúl González Puebla.

María José Baz, cantautora guardesa, puxo a nota musical estreando unha composición, con letra da poetisa Estrella Velasco e musicada pola cantautora. Ao remate o autor asinou o libro a cantos quixeron ter a dedicatoria de Villa Álvarez, e rematou o acto cun viño español.

O presidente

Na apertura do acto, Anselmo Martínez Pena quixo destacar este 11 de febreiro coma un día especial: "Todos os que formamos esta sociedade podemos sentirnos orgullosos do nacemento dun novo libro cheo de historia", e continuou: "En 117 Anos do Recreo, nun pobo tan pequeno coma o noso e con tantas familias que pasaron por esta sociedade é moi difícil que alguén non se sinta ligado á historia que conta este libro que se nos vai presentar. Se non se trata de nós mesmos, son os nosos familiares ou amigos os que saen reflectidos nel. Trátase polo tanto da historia do Recreo, pero tamén é a nosa, que tanto nos gusta recordar e que queda plasmada neste libro para o futuro das xeracións vindeiras".

Aspecto que ofrecía o salón de actos apenas iniciada a presentación do libro. Pouco a pouco foi aumentando o público ata ocupar todo o espazo e o corredor de entrada

 

Á esquerda, José Alberto González Vicente, candidato do PP ás municipais; á dereita, Raúl González Puebla, ex alcalde da Guarda

José Antonio Rodríguez Portela, e a súa dona, directivo do Casino de Camposancos

As irmáns Sesto, que lembran ao seu parente, Pepe, nas "américas"

O público seguiu con moito interese as palabras dos participantes neste acto

Á esquerda, José A. Uris Guisantes, presidente de Érguete Baixo Miño

Xoves e menos xoves, déronse cita neste encontro coa cultura e co coñecemento desvelado polos intervintes neste acto

Socios incondicionais co "Recreo" sempre dispostos a participar en cantos actos se organizan nesta centenaria institución

Familias que acuden en compañía engrandecendo ao Recreo

Suso "Bambino" e a súa dona, ambos relacionados coa música: o Grupo "Marino", o primeiro, e a súa dona coa "Agrupación coral Polifónica da Guarda"

O "Trinidá", home moi interesado pola cultura da comarca e que ten escritas historias que é un pracer lelas, relacionadas cos cabaqueiros e as súas memorias en Guitiriz, entre outras cousas. Aínda que non están publicadas, son unha testemuña a ter en conta

Directivos do Recreo, como Argentino e Generoso, sempre dispostos a colaborar coa institución da que forman parte

A irmá e os pais de J. Miguel Villa, arroupando ao historiador

seguinte