|
|
| Entroido Entroido1 Entroido2 Entroido3 Recreo Artístico Guardés Texo e Reportaxe fotográfica: Anselmo Martínez Pena
O sábado pasado, 2 de febreiro, celebrouse no Recreo Artístico Guardés o Baile de Entroido 2008. Desde a dirección desta sociedade sinalan que non se recordaba unha afluencia tan importante, superando as expectativas postas nesta xornada de máscaras na que o número de disfraces foi extraordinariamente numeroso, de xeito que se os participantes se desen cita a mesma hora no Salón, posiblemente este quedaría pequena, O baile estivo animado polo conxunto musical “Vanvigo”, capaz de facer pasar a todos unha velada que se prolongou ata as catro da madrugada, nun ambiente de camaradería exquisita. A Directiva agradécelle a todos os que asistiron ao baile a súa colaboración xa que son eles, engaden, os verdadeiros partícipes deste éxito. Ao mesmo desta a dirección faise un chamamento a todos os socios a que asistan a estes eventos e así darlle un maior realce ao Recreo onde o Entroido, se repasamos a historia recollida nos libros escritos por Joaquín Miguel Villa, (2 tomos que se poden adquirir nesta centenaria institución), foi un verdadeiro referente en canto á celebración do Carnaval. As dúas da mañá realizou o anunciado sorteo de tres premios de 100 euros cada un.entre os socios e beneficiarios que foran disfrazados, con ou sen a cara tapada.. Nota da Directiva do Recreo Artístico Guardés: se algún dos asistentes desexa un orixinal da súa/s foto/s, non ten máis que pedilo e se lle enviará por parte da Directiva.
(seguinte) |
|
|