galiciasuroeste

Recreo Artístico Guardés

 

horizontal rule

Portada RAG

Entroido

Entroido infantil

Día da Nai

Ajedrez

Xuntanza

Sardiñada

Presentación Libro

117 Aniversario

 

Domingo, 13 de xaneiro de 2008

  

A Xunta Directiva continuará como un ano máis ao non presentarse candidatos

Joaquín Miguel Villa distinguido no “Recreo” como “Secretario de Honor” polos méritos acadados a prol desta institución

O pasado domingo o Recreo Artístico Guardés celebrou Asemblea Xeral Ordinaria, que comezou coa lectura da Memoria do ano que vén de pasar, informándose aos presentes que en 2007 foron 53 os socios que se deron de alta nesta centenaria sociedade, cantidade que foi acollida con aplausos polo significado que ten para este colectivo.

No punto 6 fíxose o recoñecemento a aquelas persoas que se distinguiron no “Recreo” por distintos motivos. O presidente desta sociedade, Anselmo Martínez Pena, que volveu recordar o seu desexo de deixar a presidencia, tamén dixo que non quería facelo sen recoñecer os méritos dunha persoa á que esta institución debe agradecemento non só polo labor realizado como secretario e o traballo feito, que xa serían motivos suficientes para brindarlle un recoñecemento, senón tamén porque soubo recoller en dous libros a ampla historia do Recreo, desde a súa fundación en 1890, “Historia”, engadiu, “que nos fai ser unha das pouquiñas sociedades do noso entorno que podemos presumir de poder mirar cara atrás lendo estes libros”. Anselmo Martínez Pena, que reservou para o remate do seu discurso o nome de quen ía ser recoñecido,  recoñeceu as moitas horas dedicadas á investigación, a moita constancia e as moitas gañas de traballar altruístamente, que incluso lle obrigou a poñer cartos do seu peto, sen que en ningún momento presentase factura algunha dos gastos realizados para escribir dous libros de categoría. “Todo un verdadeiro traballo feito na sombra, sen alardearse en ningún momento do que estaba facendo”, salientou Martínez Pena que non quixo esquecer “cómo deixou Secretaría: ¡Impecable! é o cualificativo axeitado para definir o seu paso como directivo do Recreo”. E acto seguido, o presidente do Recreo quixo popoñer  (con maiúsculas) á Asemblea Xeral,  que “sexa nomeado “Secretario de Honor”  o socio núm 210 don Joaquín Miguel Villa Álvarez”, que recibiu tal petición con sorpresa.

Por unanimidade, e con fortes aplausos, foi aceptada a proposta realizada pola presidencia e Xunta directiva do Recreo Artístico Guardés.

De seguido tratouse o “Cambio de Directiva”, e unha vez máis o presidente puxo os cargos de todos os membros a disposición dos asistentes convidándoos a constituír unha nova Xunta Directiva.

Anselmo Martínez Pena, e o resto dos directivos, ante a falla de resposta, comprometéronse a continuar u ano máis nos cargos, que foron ratificados por maioría dos presentes, pero animando a ir pensando na renovación..