|
|
|
Xoves, 7 de decembro de 2006 Preto de 200 persoas acuden ao 116 Aniversario do Recreo Artístico Guardés celebrado o 6 de decembro
O Recreo Artístico Guardés acolleu, un ano máis, a celebración do 116 Aniversario desta institución creada no ano 1890. Preto de dous centos socios, beneficiarios e invitados déronse cita, a partir das seis da tarde, para disfrutar da voz de María José, a música da Asociación Musical Marino e a exhibición de baile de Josué e Noelia. No transcurso do acto sorteouse un reloxo e este encontro dos asociados, e cos asociados, rematou compartindo uns “pinchos” nunha das salas desta institución. Antes de comezar o acto o presidente do Recreo Artístico Guardés, Anselmo Martínez Pena dirixiu unhas palabras aos presentes aos que agradeceu a súa presenza neste aniversario. Sen querer profundizar no tema, que non era o momento, o presidente do RAG referiuse “a eses poucos que nos queren poñer, ou que nos puxeron a zancadilla, que nos pode tirar ao chan unha vez, pero consideraremos ese tombo como un pequeno accidente que non deixa de ser un acicate para seguir adiante, se cabe, con máis forza”, en alusión a un grave problema económico que está a afectar a esta modélica institución. “Estamos agora nunha situación das que te pasan pola cabeza moitos desexos de abandonar o barco e que este vaia á deriva mentres flote. O golpe de mar económico que levamos, deixounos tocados a toda a directiva, e penso tamén, que a toda a Sociedade, excepto a uns cantos socios, moi poucos, que se alegran do que nos está pasando. ¡Que disfruten do momento!. O tempo, como sempre, porá as cousas no seu sitio”.
Insistindo na fortaleza
para facer fronte aos inconvintes, Anselmo Martínez xustificou a celebración do 6 de decembro que non
estaba programada, “para que sexades vós, coa vosa presencia quen nos dea ese empurronciño e todo ese ánimo que necesitamos para borrar das nosas mentes ese
¡Sálvese quen poida! e poidamos superar, sempre dentro da legalidade, esa
inxustiza que está padecendo esta sociedade. Pensemos todos que a Directiva non
é mais que a representación desta institución. O Recreo somos todos os socios, e
como un todo, temos que sacudirnos cando alguén de fóra, ou de dentro, nos fai
dano como nos fixeron desta vez”.
En ton máis optimista, Martínez Pena considerou que “non hai mellor homenaxe aos fundadores, e a todos os que seguiron os seus pasos, uns como directivos e outros como socios, que continuar co seu proxecto, seguir sempre adiante con respecto, seriedade e disciplina. Loitando para que o Recreo supere de forma elegante as crises e sabendo tamén sortear con diplomacia eses escollos que algunha vez se encontran no camiño”. E como fixera hai un ano, o presidente do Recreo Artístico Guardés animou aos presentes ao necesario “relevo xeracional da sociedade, é aí, onde nós, os socios, temos que facer un esforzo e convencer aos nosos fillos para que entren a formar parte activa do Recreo Artístico Guardés. Se eles, os máis novos, entran e poñen un pouquiño da súa parte, de seguro que en pouco tempo o Recreo, irase reciclando ata conseguir ter aquí, na sociedade, cubertas case a maior parte das súas inquietudes. Os máis maiores iremos reciclando as nosas ideas e iremos acomodándonos a esa xuventude que demanda outras cousas”, e engadiu que aínda que a veces os de máis idade pensen que os seus tempos pasados foron mellores “non temos outra alternativa que vivir a época en que estamos e acomodarnos a tódolos cambios que vimos padecendo. O Recreo tamén ten que cambiar é cambiará”. “De momento”, rematou lembrando Anselmo Martínez Pena, “temos unha historia de 116 anos que moi pronto quedará reflectida no segundo libro do Recreo escrito por Joaquín Miguel Villa Álvarez. Esperamos facer a presentación dese libro antes de que remate xaneiro que está próximo a entrar e xa estades todos invitados á presentación do mesmo”. Acto seguido, o presidente do RAG presentou a María José, a primeira en actuar, tras ela aos demais participantes, neste encontro de Aniversario do Recreo Artístico Guardés.
María José durante a súa actuación
O público disfrutando coa voz da cantautora guardesa que tiña, esta mesma xornada outro compromiso coa Sociedade de Amigos de Camposancos
Actuación da Asociación Musical Marino, formada por (de esquerda a dereita) Manuel Lomba Vicente, José Luis Rodríguez Martínez, Antonio González Melón (ao fondo), Jesús Alonso Lomba, José Luis González Melón e José Marino González de la Concepción
Outra perspectiva da sala durante a actuación do grupo Marino
A parella formada por Josué e Noelia ofreceron unha exhibición de bailes de salón que mereceu os aplausos do público asistente
Josué e Noelia durante a exhibición dun dos bailes Imaxes dun público incondicional:
Momento no que unha nena extrae a papeleta co número agraciado co reloxo que se sorteou
O agraciado co premio entregando a rifa co número extraído
Os pinchos preparados para despedir a celebración |
|
|