|
|
|
VIII Torneo Concello da Guarda de Xadrez Club Deportivo Albatros 10/05/2008 Crónica: Daniel Lomba Fotos: Anselmo Martínez Pena 140 xogadores competiron no VIII Torneo de Xadrez Vila da Guarda organizado pola A.C.D. Albatros O VIII Torneo de Xadrez Concello de A Guarda, organizado pola A.C.D. Albatros, reuniu a máis de cento corenta xogadores de tódalas idades e niveis, e das catro provincias galegas, converténdose, un ano máis, na festa do xadrez na Guarda. Desde a organización desexan dar o máis sinceiro agradecemento aos cento trinta e cinco xogadores que remataron a Competición é aos acompañantes dos máis novos que xunto coa organización, contribuíron a converter este Torneo nunha festa, máis alá da mera competición. Os nomes deste ano A categoría Pre-benxamín foi dominada por Gabriel Roma Barge (Club de Xadrez Ourense) que contou tódalas súas partidas por victorias. O xogador local Néstor Lomba Lomba (ACD Albatros), acadou a segunda posición, e Paula da Rocha Prol (Club de Xadrez Laroca Nigrán), pechou o podium da categoría. Fóra del, e como mellor xogador do ACD Albatros, quedou Mateo Vilaplana Baz. Os Benxamíns tamén tiveron o seu claro dominador en Antonio Salas Fernández (Escola de Xadrez de Ponteareas), con sete puntos. Seguido do xogador local Daniel Lomba González (ACD Albatros), e de María González Lorenzo (Club de Xadrez Vila de Bouzas de Vigo). Carlos Reboredo Diego, fíxose co trofeo ao mellor Xogador Albatros. Os Alevíns foron testemuñas da disputa a dúas bandas entre Vincent M. Masques (Club de Xadrez Lucena de Vigo) e Martín Arellano Pardo (Club de Xadrez Ourense), que caíu da banda do primeiro, e fíxose coa disputada primeira posición. A dous puntos de distancia o lucense José Ramón Pardo Gómez (Colexio Franciscanos de Lugo), alcanzou a disputadísima terceira praza. Sabela Mouriño Lomba, fíxose co título de mellor xogador ACD Albatros. A categoría infantil, co permiso da Absoluta, protagonizou os enfrontamentos máis espectaculares da xornada, estivo moi apretada e disputada dende o seu inicio, e como reflexo, sinalar que os tres xogadores que alcanzaron o podium obtiveron a mesma puntuación. Javier Barral Lijó, David Gómez Diéguez (Club de Xadrez Ourense) e Iago Barral Castro (Club de Xadrez Karpov de Pontevedra), con 5.5 puntos cada un, obtiveron as tres primeiras posicións. Sergio Lomba González, que tamén participou na disputa da primeira posición, finalmente fíxose co título de mellor xogador local, coa súa sexta posición. A categoría Absoluta, nunha edición máis, foi un espectáculo de xogo, tensións, e calidade. Miguel Gallego Martín (Club de Xadrez Vila de Bouzas de Vigo), converteuse no Campión do VIII Torneo Concello de A Guarda, na edición máis disputada e competitiva dos últimos anos. Coa segunda posición fíxose Martín Klaversteijn Sozzo (Club de Xadrez Infortui de Tui), e coa terceira Manuel Enrique Outerelo Ucha (Escola de Xadrez de Ponteareas). En relación aos xogadores de ACD Albatros destacar a quinta posición de Avelino González Domínguez, dentro dos premios, e fóra deles, como mellor xogador local Carlos Reboredo Otero. A cerimonia de entrega de Trofeos é Agasallos, estivo presidida por José Manuel Domínguez Freitas, alcalde do concello da Guarda; Manuel Javier Crespo González, concelleiro de Cultura e Deportes do concello da Guarda; Anselmo Martínez Pena, Presidente da Sociedad Recreo Artístico Guardés; Miguel Reboredo Otero, presidente do Club de Xadrez ACD Albatros, e Naír Rodríguez Rodríguez, tesoureira do Club de Xadrez ACD Albatros, afradecendo a organización as mencionada presenzas na cerimonia de clausura e entrega de trofeos deste Torneo. Finalmente, a organizaicón desexa agradecer aos patrocinadores e colaboradores o seu apoio, proporcionando os recursos económicos, os agasallos e axuda loxística necesaria para levar a cabo unha actividade coma esta. Tamén desexan facer unha mención especial a tódolos xogadores da Escola de Xadrez Albatros, que colaboraron na montaxe e realización do Torneo. No nome de Rafael Alonso Gómez (árbitro da Categoría Absoluta) e de Daniel Lomba Alonso (árbitro das Categorías Base), agradecen a participación con un “vémonos o ano que vén”. Máis información en www.xadrezalbatros.com
|
|
|