PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

LOCAL

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

NECROLÓXICAS

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

FOTOS LECTORES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRE

ENLACES

 EMPREGO

Predición de MAREAS

*

 
 
 

 

galiciasuroeste                                    Informativo Oia 

Xoves, 26 de agosto de 2010 

Exposición de fotos en Loureza

            O fotógrafo Isidro, coñecido popularmente como Foto París, expón ata o día 31, no Centro Cultural de Loureza, unha pequena parte da súa producción relacionada con esta parroquia do municipio de Oia.

            Esta mostra poderá visitarse diariamente desde as cinco da tarde. Acontecementos familiares, deportivos, festivos; actos sociais e persoas do lugar serán recordados nesta mostra do fotógrafo natural de Pedornes e afincado na Guarda.

 

Mércores, 25 de agosto de 2010 

La Fiesta gastronómica de carne de potro se consolida como una cita gastronómica en el calendario gallego

      La gran afluencia de público, convirtió en todo un éxito la séptima edición  de la  fiesta gastronómica de Carne de Potro da Serra da Groba, en Torroña (Oía), consolidándose, así,  como una de las fiestas gastronómicas de Galicia que en este caso surgió para promocionar esta carne que se consume muy poco, pero que  es muy saludable  porque contiene  ácidos grasos Omega 3 que son esenciales para la salud. Asimismo, es muy rica en vitamina B y muy tierna, lo que la hace muy apropiada en dietas dirigidas a niños, deportistas, mayores y personas con anemia.

La serra de a Grova es una tierra de abundante producción, que sustenta a una ganadería que pasta los verdes que se producen en ella.

Como cada año que se viene celebrando está fiesta, y también en la edición de 2010, cuantos degustaron la carne de porto felicitaron a la organización y reconocieron el buen sabor de este plato, prometiendo, muchos de ellos, volver a esta cita dentro de un año.

A las preparaciones tradicionales, este año se añadió la empanada de potro, otro importante acierto de la organización ya que su consumo  fue calificado como exitoso.

A esta cita han acudido gentes de muchas partes de España. José Pérez, madrileño, aseguraba que el próximo año no faltará y no vendrá solo, está dispuesto a traerse a los amigos que veranean en Sanxenxo.

José Antonio Olmedo, concejal del ayuntamiento de Oia y diputado Provincial, manifestaba que es una fiesta que no se debe de perder y con lla que hay que colaborar. Él, dijo, tampoco se perderá la próxima edición.

Alejandro Rodríguez,  alcalde de Oia, visitante asiduo a este encuentro con la carne de potro y colaobrador de este evento, también alabó esta degustación.

La Fiesta gastronómica de carne de potro estuvo animada con música ambiental y por el grupo “Bate Pouco” de A Ramallosa (Nigran).

La organización ya  ha puesto la fecha para el próximo año: será el 21 de agosto.

 

Sábado, 21 de agosto de 2010 

Exposición de fotos en Burgueira e Loureza

            O fotógrafo Isidro, coñecido popularmente como Foto París, expón estes días en Buergueira e Loureza, nos respectivos centros culturais, unha pequena parte da súa producción relacionada con estes pobos do municipio de Oia.

            En Burgueira a mostra de fotografías nas que se amosan actos sociais, festas, procesións e outros acontecementos, poderá visitarse ata o 23 de agosto, desde as cinco da tarde.

            No Centro Cultural de Loureza a exposición de fotos inaugurarase o 25 de agosto prolongándose esta mostra ata o día 31, e como en Burgueira, abrirase ás cinco da tarde.

 

Xoves, 19 de agosto de 2010 

Venres, 13 de agosto de 2010 

Subvención de 45 mil euros a Oia para unha pista multideportiva

O Concello de Oia recibirá da Secretaría Xeral para o Deporte unha subvención de  45.186,83 € para a construción dunha pista multideportiva. O orzamento total deste equipamento acada os 56.483,54 €, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia de onte.

 

Xoves, 12 de agosto de 2010 

Subvención de 8.260€ para equipamento deportivo en Oia

A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia concedeu unha subvención de 8.260 euros ao Concello de Oia. Estes cartos destinaranse a equipamento deportivo ao longo do presente ano.

 

Xoves, 29 de xullo de 2010 

IV Festa Gastronómica do Caramuxo” e Festas Patronais de Pedornes 2010

A Asociación de Veciños “A Muruxeira” de Pedornes (Oia) organiza a IV Festa Gastronómica do Caramuxo (Mincha ou Bígaro), coa colaboración da Asociación Cultural “San Mamed”, do concello de Oia, e dos veciños de Pedornes. Esta festa celebrarase os vindeiros días 31 de xullo e 1 de agosto, a partir das 12 da mañá no terreiro e no Centro Cultural de Pedornes (praza do Calvario). Nela preténdese dar a coñecer un produto típico da nosa comarca e de exquisito paladar, que foi tradicionalmente consumido pola xente das poboacións ribeireñas.

Os caramuxos poderanse degustar cocidos, en empanada ou nun arroz mariñeiro. Ademais, tódolos asistentes poderán degustar “Polbo a Feira”, empanada de polbo, zorza, luras ou chocos á prancha a prezos populares, nas mesas instaladas para tal fin baixo unha gran carpa, habendo tamén un servizo de cantina que funcionará os dous días. Este ano tamén haberá doces para a sobremesa.

O sábado día 31 de xullo, a partir das 20.00 horas a festa estará animada polo Grupo “Os Beiramiño” de Tomiño.

O domingo, día 1 de agosto, a partir das 13.00 horas actuará o Grupo “Airiños do Tamuxe” de Loureza (Oia). E durante os dous días actuarán o grupo “A Muruxeira” de Pedornes.

As festas de Pedornes rematarán o sábado día 7 de Agosto honrando ao seu patrón “San Mamed” cos actos e actividades organizadas pola Asociación Cultural “San Mamed”. Cun programa que se inciiará ás10.00 horas co percorrido polas rúas do pobo da Banda de Música Municipal de Redondela; ás 12.30 horas, Misa solemne cantada polo Grupo Anduriña de Baiona; ás 20.30 horas, Concerto da Banda de Música Municipal de Redondela, e ás 22.00 horas gran verbena a cargo dos grupos Chévere e Acirema.

 

Mércores, 14 de xullo de 2010 

A Consellería de Medio Ambiente destina preto de 92.000 euros para arranxar a estrada Vigo-Tui, no concello de Oia, en Pontevedra

A Xunta de Galicia destina preto de 92.000 euros para levar a cabo a reposición do asfaltado e execución de beirarrúas con pavimento na estrada Vigo-Tui (PO-552), no concello de Oia.

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez Rodríguez, asinaron onte á mañá en Santiago o acordo de colaboración técnico-financeira para o arranxo da estrada que vai de Vigo a Tui, no seu paso polo concello de Oia.

O Goberno galego, a través da Dirección Xeral de Infraestruturas, achega un importe de preto de 92.000 euros para a execución destas obras.

O departamento que dirixe Agustín Hernández constatou a necesidade de levar a cabo estas reformas para a mellora da seguridade viaria e por acreditar razóns de interese público.

As actuacións previstas de reposición do asfaltado e construción de beirarrúas con pavimento efectuaranse na estrada Vigo- Tui (PO-552), concretamente no punto quilométrico 33,600.

 

Luns, 12 de xullo de 2010 

Romería do Monte da Virxe da Magdalena

(Monte da Pedrada)

 

 

 

Parroquias de Barrantes, Burgueira e Tomiño

 

17 e 18 de Xullo do 2010

 

PROGRAMA:

 

SABADO 17:

Serán Monte Pedrada a partir das 21.00 horas. Gran sardiñada e empanadas “Precios Populares”.

 

DOMINGO 18:

A partir das 10.30 horas. Poderá degustarse a precios populares Polbo á Feira, Carne ao Caldeiro, empanadas, etc. Gran Carpa con mesas e cadeiras.

As 12.30 horas, Misa Solemne con Procesión acompañada polos Grupos “Os Beiramiño”, “Airiños do Tamuxe” e Escola de música de Acordeóns da Comunidade de Montes da Parroquia de Tomiño, música todo o día.

 

Anímate e vén ao Monte da Pedrada e participa nunha romería distinta con unhas vistas excepcionais a 519 m de altitude sobre o nivel do mar.

 

Organizan:

Comunidade de Montes de Barrantes (Tomiño).

Comunidade de Montes de Burgueira (Santa María de Oia).

Comunidade de Montes de Tomiño.

 

Colaboran:

Concello de Tomiño

Concello de Oia.

 

Martes, 6 de xullo de 2010 

A Xunta concede unha motobomba ao concello de Oia para previr e controlar os incencios forestais

      O delegado Territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, firmou onte a tarde co alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez Rodríguez, a concesión dunha motobomba para este municipio.

      No acto, celebrado na casa consistorial de Oia tamén estiveron presentes o xefe territorial de Medio Rural, Gerardo Zugasti Enrique, o xefe do servizo de prevención de incendios forestais, Manuel Francisco Gutiérrez, o xefe en funcións do servizo de montes, Guillermo Vega e o xefe do distrito forestal de Vigo-Baixo Miño, Fernando Castro Hernández.    

      Tal e como recordou durante o acto Cores Tourís, o concello de Oia, da man do seu alcalde, Alejandro Rodríguez Rodríguez, solicitou á Consellería de Medio Rural a cesión dunha motobomba comprometéndose así a colaborar na loita activa contra os incendios. Dita concesión é froito do PLADIGA (Plan de Loita Contra os Incendios Forestais de Galicia) que recolle os medios humanos e materiais necesarios para a loita contra o lume, así como a súa distribución territorial e o procedemento operativo a seguir segundo o risco de lumes. Os obxectivos de PLADIGA son a redución da superficie queimada por lume, a defensa das masas arborizadas ou a defensa dos espazos protexidos entre outros moitos.

       “A Xunta é consciente de que para levar a cabo esta labor os concellos precisan de medios de defensa e extinción de incendios forestais dos que carecen e, por iso, estamos hoxe aquí, renovando este importante convenio, co obxectivo de colaborar activamente coas entidades locais para a prevención e extinción de incendios, mediante o préstamo de bens materiais”, explicou o delegado territorial.

O distrito Vigo-Baixo Miño conta cunha superficie de 93.595 hectáreas, das que máis da metade son superficie forestal, "concretamente 60.500", segundo avanzou José Manuel Cores Tourís. "Esto demostra o carácter principalmente forestal deste distrito que conta con persoal estable conformado por un xefe de distrito, tres técnicos, 25 axentes forestais e seis traballadores administrativos".

Ademais, tamén traballan neste distrito unha equipa que realiza traballos preventivos e de extinción e que se atopa conformada por oito brigadas e dez condutores motobombas que contan con once camións que traballan practicamente todo o ano. Tamén contan con dúas casetas de vixilancia en Oia con dous vixiantes fixos. "Estas dúas casetas se atopan en Burgueira e Mougas", explicou o delegado territorial.

Tal e como engadiu o responsable da Delegación Territorial, "a cesión do vehículo implica a incorporación activa dentro do dispositivo de extinción do Distrito en aras de dar un servizo máis rápido e eficaz na prevención e extinción dos lumes nos montes desta comarca".

Así, Cores Tourís valorou "moi positivamente" o paso dado polo concello de Oia de entrar na programación do operativo de incendios "como fan moitas outras entidades locais".

Por outra banda, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra tamén aproveitou esta visita para coñecer as obras que se están a realizar neste concello con cargo á Consellería de Medio Rural de cara a previr incendios forestais.

Neste ámbito, estase a executar un nivel de obra preventiva e inversora na comarca do Baixo Miño cun investimento de 521.218,49 euros, repartida en 65,3 quilómetros para a mellora de pistas forestais, tratamento de biomasa en laterais destas estradas (281,80 hectáreas) e a creación de dous puntos de auga novos.

 

En concreto, no concello de OiA investiranse 135.203,96 euros realizando unha mellora de pista forestal ao longo de case cinco quilómetros, desbrozándose a área de cortafogos manual que ocupa 40,90 hectáreas así como na área de cortafogos mecanizada (48 hectáreas) e na faixa auxiliar mecanizada que supón outras cinco hectáreas.

      O delegado territorial destacou “a necesidade de dotar ós concellos galegos dos recursos necesarios para a prevención dos incendios forestais na época estival, esperando que sirvan para rebaixar as hectáreas de solo galego ardido nos últimos anos”.

 

Luns, 5 de xullo de 2010 

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) ordena a demolición dunha estrutura de formigón, en Oia

A Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) ordenou a demolición dunha estrutura de formigón, no concello pontevedrés de Oia. A estrutura atopábase nunha zona de protección do Dominio Público Marítimo Terrestre, polo que incorría nunha infracción en materia de protección de Costas.

A primeira resolución ditada efectuouse no ano 2007 a través da Delegación Provincial de Pontevedra. Esta resolución foi ratificada polo secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes un ano despois. Finalmente, o responsable da construción procedeu de forma voluntaria á súa demolición, tres anos despois da resolución ditada pola APLU en primeira instancia; polo que non foi preciso impoñer ningunha multa coercitiva.

Ordenación urbanística

A Xunta de Galicia está a impulsar o traballo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) e continuará a facelo no futuro, consciente do importante papel que desempeña na ordenación urbanística da comunidade.

A Axencia debe ser un elemento ao servizo da legalidade urbanística, pero tamén de leal e estreita colaboración cos concellos que a conforman e tamén co resto dos municipios da comunidade autónoma. Con esas prioridades vén traballando a Xunta de Galicia, que considera a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística unha peza clave para o desenvolvemento da ordenación territorial e dunha adecuada planificación urbanística.

 

Martes, 22 de xuño de 2010 

Cruz Vermella pon en marcha un taller de ximnasia para persoas maiores en Mougás-Oia

A Asemblea Local de Cruz Vermella Baixo Miño pon en marcha un novo proxecto, de carácter gratuíto, que co título “Ponte en forma! Actívense!”, vai dirixido ás persoas maiores de Oia e arredores que desexen practicar exercicio.

As sesións durarán unha hora e media (10.30 a 12.00 horas) e realizaranse os martes no centro cultural de Mougás, comenzando estas actividades o 6 de xullo e rematando o 31 de Agosto.

As persoas interesadas poden inscribirse na oficina de Cruz Vermella da Guarda ou nos Servicios Socias do Concello de Oia. As  prazas serán outorgadas por riguroso orden de inscripción.

Este proxecto busca proporcionar ás persoas maiores actividades, exercicios, dinámicas e xogos que faciliten un benestar corporal e mental, mellorando a súa calidade de vida. Entre os seus obxectivos están o facilitar o intercambio de coñecementos, promover as relacións interpersoais e potenciar a autoconfianza e a autoestima, que a cotío se ven afectadas nestas idades.

Para máis información ou inscricións as persoas interesadas poden dirixirse á Asemblea Comarcal de Cruz Vermella Baixo Miño, rúa Agustín Nandín Lomba, nº 1 Baixo, A Guarda, ou chamar ao teléfono 986 61 46 09 / 606 34 84 71.

 

Martes, 15 de xuño de 2010 

Cores Tourís anuncia en Oia as obras das beirarrúas, o arranxo das pistas de parapente e o ensanche de dous pontóns

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou na tarde de onte o concello de Oia para anunciar ao alcalde, Alejandro Rodríguez, a execución de varias obras tanto de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas como de Medio Rural que se executarán en breve dende a Delegación Territorial.

Durante a visita, o delegado territorial estivo acompañado do xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Evaristo Juncal.

Cores Tourís transmitiulle a Alejandro Rodríguez o investimento de 345.000 euros para a mellora e ancheamento de catro pontóns na PO-354, dous deles correspondentes ao concello de Oia e outros dous ao de O Rosal. “O obxectivo é inicialas canto antes para aproveitar o bo tempo do verán”. O obxectivo destes traballos será o ensanche da plataforma da calzada para que pase a ter 8 metros, “e deste xeito poñer fin aos problemas de tráfico xa que esta estrada ten moito volume de vehículos e xéranse constantes atascos xa que non caben dous coches á vez por estos pontóns”, explicou Cores Tourís.

A maiores, tamén anunciou o delegado territorial a contratación inmediata da construción das beirarrúas situadas en Santa María. “Trátase de dous tramos cunha lonxitude global de 400 metros en Riña e Vista Alegre, na PO-552. Nestes intres atópase na fase de licitación”, engadiu Tourís.

Ademais, dende a Xefatura de Medio Rural estase a elaborar o proxecto de arranxo das pistas de parapente. “Contamos xa con tódolos permisos é só falta rematar o proxecto”, explicou o alcalde da vila.

Neste mesmo sentido, tamén destacou o delegado territorial a aportación dun coche bomba para loitar contra os incendios. “O convenio xa está redactado é só falta a firma. Sabemos que Oia é unha zona quente en relación cos fogos e por eso, ao igual que ocorre en Agolada, necesita un coche destas características”.

Alejandro Rodríguez aproveitou a visita para solicitar que a Consellería de Sanidade se faga cargo dos gastos de mantemento do centro de saúde mentres se constrúe o novo edificio que será licitado en breve, segundo avanzou Cores Tourís. “Trasladareille esta solicitude á Conselleira e non creo que atopemos problemas para manter o centro durante o tempo que se tarde na execución do novo”.

Finalmente, tamén avanzou o alcalde da vila que en breve o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas acudirá a Oia para avanzarlle os detalles sobre o proxecto da futura traída municipal. “O PXOM esíxenos que contemos con esa traída por iso é tan importante que se de un impulso á mesma dende a Consellería”.

 

Martes, 8 de xuño de 2010 

Medio ambiente investirá case 215 mil euros nunha actuacións hidráulica en Oia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de adxudicar unha actuacións en materia hidráulica no Concello de Oia por un importe que ascende a 216.695euros. O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, financiará a posta en marcha de obras de saneamento e abastecemento, así como de mellora das estacións de tratamento de augas pluviais neste Concello

O principal obxectivo destas obras é, no caso das obras de Oia, eliminar as verteduras de augas residuais ao mar dende os núcleos que se atopan no borde do litoral. En canto ao inicio das obras destas actuacións, en Oia serán ao longo do mes de agosto

As obras na rede de saneamento nas proximidades da estrada Vigo-Tui (PO-552), ao seu paso polo Concello de Oia foron adxudicadas á empresa Agrupconsa, S.L, que ten un período de catro meses para a execución das obras.

Esta actuación hidráulica ten por obxecto dotar de saneamento ás vivendas de recente construción situadas ao longo da estrada PO-552, que veñen vertendo augas residuais ao mar pola inexistencia dun colector que chegase ata esa zona e, en definitiva, preténdese dar servizo aos núcleos que se atopan no borde do litoral.

A obra consistirá na instalación de dous novos colectores que terán unha lonxitude de 602,5 metros de lonxitude e 315 mm de diámetro cada un. Estes colectores conectarán coa Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Pedornes. Será preciso, tamén, instalar dúas cámaras de bombeo con capacidade para depurar 126 metros cúbicos de auga por hora.

Esta actuación está prevista no Plan de Saneamento de Galicia 2000-2015 que establece que os núcleos de máis de 100 habitantes deben dispoñer dun sistema adecuado de saneamento que estableza as condicións básicas para o desenvolvemento territorial deste.

 

Martes, 11 de maio de 2010  

Curso de secretario/a

O Concello de Oia vai impartir o curso de formación para o emprego de Secretario/a a través das Accións Formativas dirixidas prioritariamente a persoas desempregadas (AFD).

Este curso, subvencionado pola Consellería de Traballo, ten unha duración de 910 horas e é requisito mínimo de acceso estar en posesión do título de bacharelato ou FP1, rama administrativa.

Para máis información as persoas interesadas poden pórse en contacto coa AEDL (Raquel) do Concello no teléfono 986 362 125.

 

Xoves, 6 de maio de 2010  

O BNG esixe explicacións á Xunta pola desfeita de xacementos arqueolóxicos en Oia

A deputada do BNG, Carme Adán, presentou diversas iniciativas no Parlamento Galego nas que lle esixe explicacións á Xunta de Galicia pola desfeita de xacementos arqueolóxicos en Oia, no lugar do Alto do Sobral e na parte sur de Boaventura e O Lombo Ancho.

Carme Adán lembra que nese lugar había un xacemento catalogado coa clave GA 36036154 co nome de Petróglifo de Mouta e tamén un xacemento con abundante material romando catalogado coa clave ACH36036008.

Porén, a deputada do BNG denuncia que unha empresa privada á que a comunidade de Montes de San Pedro da Burgueira lle cedeu os terreos “estragou totalmente estes xacementos para facer unha plantación de kiwi, coa conivencia do alcalde”.

En concreto, o alcalde obviou as dúas ordes de paralización e mesmo asegurou en declaracións posteriores á prensa que “o único que pode paralizar as obras é o alcalde e non o fixen porque Oia ten que mirar ao futuro, non ao pasado, e unhas pedras non poden ser un obstáculo para que se poida producir ou non”.

Pola súa parte, o tenente alcalde, que tamén é presidente da Comunidade de Montes da Burgueira, vixilante da torreta da Madanela e concelleiro de urbanismo “comunicoulle el mesmo á empresa a existencia dos xacementos e o que fixo foi acelerar as obras; aplanando o lugar do xacemento romano e destruíndo totalmente o petróglifo”.

Responsabilidades da Xunta de Galiza

Ante esta situación, a deputada do BNG pregúntalle á Xunta de Galiza se coñece que o alcalde non paralizou as obras a pesar de dous avisos; de que tamén dubida publicamente de que existan xacementos arqueolóxicos e de que mesmo ameaza con denunciar ás persoas e colectivos que, como o Instituto de Estudos Miñoranos, así o veñen demostrando.

Ademais, pregúntalla á Xunta se a parcela ten todos os permisos pertinentes e conta co estudo de impacto ambiental necesario para facer a plantación de kiwis.

Carme Adán tamén pregunta se a Xunta coñece que un funcionario seu tendo coñecemento do problema sen embargo non tomou as medidas pertinentes.

Iniciativa para que a Xunta faga unha escavación arqueolóxica e realice unha nova catalogación dos xacementos na Serra da Groba

Por outra parte, a parlamentaria nacionalista tamén presentou unha proposición non de lei na que lle demanda á Xunta de Galiza que “realice a escavación arqueolóxica no xacemento romano, que ocupa varios centos de metros cadrados e todo indica a existencia dun asentamento agrogandeiro ou vinculado á riqueza aurífera das serras da Groba e do Argalo hai uns 1.800 anos”.

Asemade, a iniciativa do BNG insta á Xunta a “realizar unha nova catalogación arqueolóxica na Serra da Groba, onde hai máis de 100 xacementos sen catalogar”.

 

Mércores, 7 de abril de 2010  

Rafael Louzán reúnese coa Xunta local de Oia para coñecer de preto o seu funcionamento e as súas necesidades

Coñecer de preto o funcionamento e as necesidades das distintas agrupacións locais do PP na provincia, escoitar as súas suxestións e demandas e intercambiar opinións sobre o día a día do partido é o obxecto das xuntanzas que a dirección provincial do PP en Pontevedra vén mantendo desde inicios de ano cos membros desta formación política en todos e cada un dos concellos da provincia.

Nesta ocasión, serán os populares de Oia os que reciban a visita do presidente provincial do PP en Pontevedra, Rafael Louzán; da secretaria xeral desta formación, Begoña Estévez; e do secretario de Organización, José Juan Durán, nun encontro que terá lugar ás 21.30 horas no restaurante Roca Brava.

O contacto permanente coas bases do partido e cos representantes locais debe ser sempre, segundo o presidente provincial, “un dos principios básicos para manter a viveza e a unidade que caracteriza ao PP e que sería imposible sen a fortaleza que lle dá a súa estrutura municipal”.

Para a dirección provincial, as agrupacións locais desempeñan un “papel primordial” tanto na difusión das ideas e principios dos populares como, sobre todo, achegando ao partido as demandas dos habitantes de cada municipio e actuando como verdadeiros executores do proxecto político do PP.

Na xuntanza de hoxe coa Xunta Local de Oia, que preside Alejandro Rodríguez, o presidente provincial e os demais membros da dirección provincial terán ocasión de escoitar as inquedanzas dos populares nesta localidade, onde o PP adoita acadar uns resultados moi satisfactorios.

De feito, nas últimas catro citas electorais, máis da metade dos votantes de Oia deron o seu apoio ao PP, que pasou do 50% das municipais de 2007, ao 56% e o 58% nas autonómicas e europeas de 2009, respectivamente.

 

Luns, 29 de marzo de 2010  

Cores Tourís coñece o proxecto de reforma e mellora do Alto da Magdalena no concello de Oia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou o concello de Oia para coñecer o proxecto de reforma e mellora do alto da Magdalena (A Pedrada) onde se pretende executar unha zona de esparcimento.

O alcalde do municipio, Alejandro Rodríguez trasladou ao delegado territorial a solicitude de mellora deste entorno que terá un custo duns 50.000 euros. “O concello presentará o proxecto de reforma desta área recreativa á Consellería de Medio Rural, xa que o noso obxectivo é que poida contar cun pozo de barrena para que recollan auga as motobombas de cara a loitar contra os fogos”, engadiu o rexedor.

O concello tamén pretende dotar a esa zona de diversos servizos como varanda de madeira para o mirador ou mesas que permitan mellorar la celebración da romería que celebran neste entorno tres comunidade de montes dos concellos de Tomiño e Oia.

Por outra banda, o concello de Oia tamén lle presentou ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra un proxecto para o acondicionamento das pistas do monte Pedornes. “Trátase dun lugar onde diaramente transitan numerosas personas, en especial, os amantes do parapente, polo que consideramos que é necesario mellorar o acceso a esta zona”, explicou o rexedor.

Neste caso a axuda que solicitará o concello do Baixo Miño á Consellería de Medio Rural será de 24.000 euros para actuar sobre catro quilómetros.

José Manuel Cores Tourís comprometeuse a trasladar estas peticións aos departamentos correspondentes da Xunta de Galicia unha vez que o municipio entregue cadanseu proxecto.

 

Venres, 26 de marzo de 2010  

Cores Tourís visita Oia para recoller varias demandas do municipio en relación a beirarrúas e mellora de pontóns

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou onte o concello de Oia onde recolleu a solicitude do alcalde da vila, Alejandro Rodríguez, en relación coa construción das beirarrúas dos lugares de A Riña e Vistalegre.

Trátase dunha actuación en cerca de 400 metros lineais na PO-552 nos que se construirán as beirarrúas, instalaranse pluviais e tamén alumeado. “O saneamento non será necesario instalalo xa que na actualidade xa existe nestes puntos”, asegurou Cores Tourís.

O delegado territorial estivo acompañado nesta visita polo xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Evaristo Juncal, quen engadiu que “no proxecto incluiranse aparcamentos naqueles puntos nos que sexa posible a súa inclusión así como se manterá a actual parada de autobús”.

Estas obras serán incluídas no plan de inversión da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o seu orzamento rondará os 250.000 euros.

A maiores, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra tamén tivo oportunidade de recoñecer sobre o terreo o estado de dous pontóns de moi estreito ancho situados nas parroquias de Loureza e Fornelos.

 “Trátase de dous pontóns moi estreitos situados na PO-354 que necesitan dunha ampliación urxente xa que se producen continuos colapsos cando teñen que ser atravesados por autobuses ou camións”, explicou Alejandro Rodríguez. “Agora o concello enviará a Delegación Territorial o proxecto de obra para que sexa remitida canto antes á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a súa aprobación”, concluíu o rexedor quen agradeceu o interese de José Manuel Cores Tourís pola situación desta estrada así como pola visita realizada hoxe ao municipio do Baixo Miño.

 

Sábado, 20 de marzo de 2010  

Finou o ex alcalde de Oia, Álvaro Miniño

            Álvaro Miniño, alcalde que foi de Santa María de Oia desde 1978 a 2003, finou onte inesperadamente no seu domicilio.

            O concello oiense emitiu unha declaración institucional asinada polo rexidor Leandro Martínez, e decretou dous días de loito polo que as bandeiras ondean a media asta nos edificios públicos.

            O velatorio do cadáver está no Tanatorio Val Miñor-Sabarís e o enterro será hoxe, 20 de marzo, saíndo o cortexo fúnevre ás 19.30 horas do Tanatorio á igrexa parroquial de Santa Uxía de Mougás, onde ás 20.00 horas se oficiará unha misa polo seu eterno descanso.

            O luns, día 22, ás 17.30 horas oficiarase o funeral.

   

Declaración de Leandro Martínez, alcalde de Oia, no pasamento de Álvaro Miniño Martínez

D. Álvaro Miniño Rodríguez, comenzó su actividad política en 1976 ejerciendo como teniente de alcalde en el ayuntamiento de Oia. A principios de 1978 entró como alcalde cuando dejó de serlo el anterior, D. Manuel García Vázquez. Ganó las primeras elecciones locales democráticas celebradas en 1979, siendo alcalde de este ayuntamiento de Oia hasta el 15 de junio de 2003.

Debo decir que no lo tuvo fácil, sin embargo, quiero destacar el trabajo realizado con un esfuerzo descomunal por su parte en la consecución de objetivos que irían en beneficio de la ciudadanía.

Pongo por ejemplos: los miles de metros cúbicos de hormigón que empleó en las decenas de caminos que discurren por nuestras parroquias, ya que los pocos vehículos que había en aquel momento no llegaban a sus casas.

El alumbrado público de todo el municipio que supo gestionar con las Comunidades de Montes y la Excma. Diputación Provincial de Pontevedra.

            Recuerdo la gestión que realizó durante largo tiempo con Teléfonica para conseguir lo primeros teléfonos públicos, colocando uno por parroquia y barrio.

          Recuerdo también cuando consiguió instalar la farmacia en un local municipal donde hoy se ubica la Guardería Municipal, rebosante de alegría, pues consiguió que nuestros vecinos no tuvieran que desplazarse a A Guarda o a Baiona para la adquisición de fármacos.

            Puedo también destacar el asfaltado de cientos de km de pistas enlazando y comunicando así nuestras parroquias y barrios.

            Otro de sus logros fue la construcción de varios depósitos de agua potable y la ayuda económica para las traídas vecinales.

            Recuerdo también la gestión realizada para la ubicación de los postes de Televisión, tanto públicos como privados.

            Así mismo, la construcción de campos de fútbol, el Colegio Público de Refoxos-Loureza y otras innumerables obras que nos llevarían mucho tiempo describir.

            Sin duda, a lo largo de estos 25 años de su vida dedicados al ejercicio público, pudo cometer errores, como cometemos cualquier ser humano, pero sí he de destacar que puesta su gestión en una balanza pesan muchísimo más sus aciertos.

            Manifiesto también que a lo largo de este tiempo, tuvo que enfrentarse a la toma de decisiones que a ningún alcalde le gusta tomar cuando éstas van en contra de algún vecino. Debemos entender que cuando asumimos la responsabilidad de ejercer como cargo público conlleva obligatoriamente el cumplimiento de la ley. Me permito en su nombre pedir las disculpas correspondientes por alguna agria acción que tuvo que llevar a cabo en su gestión durante su larga trayectoria.

            Finalmente, quiero desde aquí reivindicar su figura. Puedo dar fe de que trabajo siempre con la mayor intensidad buscando lo mejor para el municipio de Oia.

            Que conseguirlo fuera o no posible no fue culpa suya sino de las circunstancias políticas y conómicas del momento.

            Y pasando al campo personal quiero transmitir a su familia nuestro sentimiento de solidaridad y cercanía, y solicito que tengamos hacia quien fue nuestro alcalde durante más de 25 años un recuerdo cariñoso y agradable, pues ha dedicado miles de horas al servicio de los vecinos de Oia.

            Informarles también que he decretado luto oficial en el Ayuntamiento de Oia durante dos días, lo que conllevará la colocación de banderas a media asta con su correspondiente crespón en señal de duelo y respeto por don Álvaro Miniño Rodríguez.

            Descanse en paz.

 

Sábado, 13 de marzo de 2010  

Medio Ambiente investirá 250 mil € Oia para eliminar as verteduras de augas residuais ao mar dende os núcleos que se atopan no borde do litoral

    O Consello da Xunta aprobou a colaboración técnico- financeira entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e o concello de Oia, en Pontevedra, para levar a cabo a execución da rede de saneamento nas proximidades da estrada Vigo-Tui (PO-552), ao seu paso polo Concello de Oia. O departamento de Agustín Hernández, fará unha achega de 251.538 nunha soa partida neste 2010, para financiar a instalación da nova rede de saneamento.
    Esta actuación hidráulica ten por obxecto dotar de saneamento ás vivendas de recente construción situadas ao longo da estrada PO-552, que veñen vertendo augas residuais ao mar pola inexistencia dun colector que chegase ata esa zona e, en definitiva, preténdese dar servizo aos núcleos que se atopan no borde do litoral.

    A obra consistirá na instalación de dous novos colectores que terán unha lonxitude de 602,5 metros de lonxitude e 315 mm de diámetro cada un. Estes colectores conectarán coa Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Pedornes. Será preciso, tamén, instalar dúas cámaras de bombeo con capacidade para depurar 126 metros cúbicos de auga por hora.

    O concello de Oia comprométese a poñer á disposición de Augas de Galicia os terreos necesarios para a construción da rede de saneamento libres de gravames, asumir as tarefas de mantemento e conservación da instalación e a actualización das tarifas de impostos derivadas da subministración do servizo.

    A Consellería de Medio Ambiente, a través de Augas de Galicia, terá por obriga executar as obras da nova instalación no prazo acordado para, posteriormente, conectalas coas EDAR de Pedornes.

    Esta actuación está prevista no Plan de Saneamento de Galicia 2000-2015 que establece que os núcleos de máis de 100 habitantes deben dispoñer dun sistema adecuado de saneamento que estableza as condicións básicas para o desenvolvemento territorial deste.

    Cómpre dicir que o Concello de Oia xa empezou a avanzar na tramitación necesaria para executar esta obra, pois xa someteu este proxecto á fase de información pública durante un período de 20 días hábiles posteriores á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia; concretamente o 25 de xaneiro. Deste proceso, non resultou ningunha alegación ao proxecto.

 

Xoves, 11 de marzo de 2010  

O Plan de Infraestruturas provincial prevé investir 775.382,70 euros no período 2009-2011en Oia

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou o proxecto de construción de vestiarios e iluminación do campo de fútbol de Santa María de Oia. Esta obra terá un importe de 148.567,75 euros. Non obstante, cómpre recordar que o Plan de Infraestruturas prevé investir 775.382,70 euros no período 2009-2011 neste municipio.

 

Martes, 9 de febreiro de 2010  

Charla sobre “Autonomía do neno-Normas e límites” no colexio “Mestre M. García” de Oia o 11 de febreiro

            O CEIP Mestre M. García, de Oia, informa que o vindeiro xoves, 11 de febreiro, ás cinco da tarde, e dentro do programa “En familia todos contan”, da Asociación Érguete Baixo Miño, haberá unha charla-coloquio no centro sobre “Autonomía do neno/a-Normas e límites”.

            Faise unha especial invitación aos pais, nais e tituores dos alumnos deste centro a que asistan a este encontro xa que a educación dos fillos é primordial, e as diferentes etapas no desenvolvemento dos nenos requiren que os responsables e auquelas persoas que teñen que ver coa formación e educación dos nenos e nenas, estean á altura das circunstancias.

 

Xoves. 4 de febreiro de 2010  

Oia dispón xa dunha cuarta embarcación no conxunto das insculturas da Grova

            Cándido Verde Andrés e Fernando Javier Costas Goberna, son os autores do traballo sobre os máis recentes descubrimentos de insculturas rupestres en Oia, presentados baixo o título “Una nova embarcación na costa de Oia? A singularidade da figura dun petroglifo de Mougás e outras novidades da Grova”.

Este estudo apareceu publicado no último número do Boletín do Instituto de Estudos Vigueses e nel danse a coñecer estes petroglifos descubertos nas saídas de campo que realiza habitualmente o guardés Cándido Verde Andrés. Costas Goberna, un dos especialistas galegos que máis ten estudado a arte rupestre, e que ten compartido con Verde Andrés as andainas pola serra da Grova, responsabilizouse da parte técnica e documental das gravuras, recollendo as mesmas en calcos e identificando os motivos que aparecían nas distintas estacións atopadas.

Unha das máis singulares, e que converten a Oia nun caso único, é a localización dunha nova embarcación, ampliándose ata catro os gravados ata agora coñecidos con este tipo de motivos: tres nas inmediacións do río Vilar (Pedornes), e esta no Alto das Veigas, aínda que con características moi diferentes das anteriores, xa que, segundo se recolle no traballo antes mencionado, considérase un forma de balsa, cun mastro central perpendicular ao plan e coroado por unha media lúa que se interpreta como unha vela recollida, un embolsamento do aire na vela, ou unha árbore con funcións de vela.

Este motivo emparéntanno os autores con embarcacións do Mediterráneo oriental baseándose en paralelismos de figuras incisas reflectidas en pezas cerámicas relacionadas coa cultura do Egeo, e mesmo con reproducións “coñecidas na segunda metade do III milenio a.C. nas embarcacións dos vasos exipcios do período Gerzean”.

 

Xoves, 26 de novembro de 2009

O delegado territorial de Pontevedra visitou as obras de mellora realizadas no CEIP Mestre Manuel García de Oia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou nas últimas horas, en compaña do alcalde de Oia, Alejandro Rodríguez, o centro Mestre Manuel García onde a Consellería de Educación invertiu máis de 60.000 euros en varias obras de mellora.

Cores Tourís puido comprobar as melloras aplicadas a este centro no que se reformou o comedor, garantindo a asistencia ao elevado número de alumnos que utilizan este servizo.

Ademais da reforma do comedor, tamén se levaron a cabo obras de mellora para reformar a cociña do CEIP.

En total, o centro Mestre Manuel García conta con nove unidades educativas, seis de Primaria e tres de Infantil.  

 

Martes, 24 de novembro de 2009

A Delegacion Territorial da Xunta en Pontevedra estudiará unha solución para as inundacións que sufre o concello de Oia

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou onte o concello de Oia para analizar, en compaña do alcalde da vila, Alejandro Rodríguez, e dos veciños afectados, a situación que atravesa o municipio dende as riadas de 2006 e que provoca constantes inundacións.

O delegado territorial pudo comprobar in situ os danos que está a sufrir boa parte do municipio ao non concluirse as obras pendentes dende o 2007 e prometidas polo bipartito para paliar e evitar novas riadas coma as do ano 2006.

Durante a visita, os veciños que se viron afectados polas últimas crecidas do río tamén lle transmitiron a súa valoración a Cores Tourís trasladándolle, en especial, a súa preocupación pola situación que veñen arrastrando dende a época das fortes riadas de fai tres anos.

Neste senso, o delegado comprometeuse a estudiar unha solución para intentar minimizar os danos que provoca a crecida do río coa chegada da tempada de choivas e, deste xeito, avanzoulle ao alcalde da vila a posibilidade de pór en marcha un proxecto de obras a tres bandas entre a administración autonómica, a local e a Deputación de Pontevedra.

José Manuel Cores Tourís indicoulle tamén a Alejandro Rodríguez que deberán ser a Consellería de Medio Rural xunto con Augas de Galicia os organismos que evalúen, a través dos seus técnicos, a mellor das solucións para evitar que se inunde “unha e outra vez unha boa parte do concello”.

Por outra banda, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra tamén se comprometeu a retomar o proxecto para a ampliación da drenaxe transversal da PO-552 (estrada que enlaza Baiona-A Guarda) en Viladesuso.  “O obxectivo desta obra é evitar as continuas inundacións que sofren as casas deste entorno”, explicou Cores Tourís, quen insistiu en que, coa ampliación desta drenaxe “poderase aumentar a capacidade de canalización da agua hacia o mar, evitando así os encharcamentos”.

 

Venres, 20 de novembro de 2009

Novo acto da Comisión Comarcal da Muller do BNG no Baixo Miño con motivo do 25 de novembro de 2009, mañá sábado 21 en Mougás

Despois de ter celebrado os actos de A Guarda e O Rosal durante os días pasados a Comisión Comarcal da Muller do BNG no Baixo Miño anuncia o próximo acto a celebrar en Oia.

O acto será presentado por Xosé Miguel Giráldez, Responsable Local do BNG de Oia, quen estará acompañada por Carmen Mª Baz Alonso, Responsable da Muller de Galiza Nova e pola Responsable Comarcal da Muller do BNG, Carme Verde Diego. Nel proxectaranse tres curtas: “Tirapuxa” (1996), “Toda clase de peles” (2006) e “Amelia e as Sereas” (2006) e rematará cun Cine Forum en torno a violencia de xénero.

A Comisión Comarcal da Muller no Baixo Miño continúa coa campaña na que co lema “Contra a violencia de xénero: máis sensibilización, máis medios, máis recursos”, pretende concienciar a poboación de que aínda queda moito por facer para erradicar a violencia, a discriminación e a subordinación das mulleres e para acadar unha sociedade igualitaria. Aínda que na antiga lexislatura en Galiza se fixeron grandes avances neste sentido coa aprobación dunha Lei específica para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero (Lei 11/2007) e con recursos sociais para todas as mulleres con independencia de que contasen cunha orde de protección ou non, faltan por desenvolver  medios e recursos como garantirlles ás mulleres vítimas de violencia de xénero atención psicolóxica pública, por en marcha o Centro de recuperación integral ou desenvolver o Observatorio galego da violencia de xénero.

A Comisión Comarcal da Muller no Baixo Miño reitera a súa invitación a todas aquelas persoas, homes e mulleres, as que lle preocupe a violencia de xénero a que participen desta actividade. Nomeadamente fai un chamamento as diferentes asociacións de mulleres do Baixo Miño, as mulleres que traballan en contacto con outras mulleres nos centros de saúde, nos centros sociais, nos servicios sociais, en definitiva a todas as mulleres que de xeito directo ou indirecto teñan contacto cos problemas que provoca a violencia de xénero.

 

Mércores, 19 de novembro de 2009

Concerto da Banda de Música Unión Musical de Mougás co gallo da festividade de Santa Cecelia

            Como cada ano, a Banda de Música Unión Musical de Mougás celebra o próximo domingo, 22 de novembro, a Festividade de Santa Cecilia, patroa dos músicos, cuns actos que comezarán ás 11.30 horas formando a Banda de Mougás diante do monumento erixido na honra do que fora o seu mestre e director durante 40 anos, Alsirio Fernández, sito na praza que leva o seu nome, e interpretarán unha peza musical.

Acto seguido farase un pequeno pasarrúas ata a igrexa, con parada obrigatoria no cemiterio onde, ante a tumba do desaparecido mestre, interpretarán outra peza musical ao tempo que o actual director Gabriel Rodríguez fará a ofrenda floral. Ás 12.30 horas oficiarase a Santa Misa na honra de Santa Cecilia, seguida da procesión levando en andas os músicos a imaxen da súa patroa.

            Finalizados os actos relixiosos, a Banda de Mougás ofrecerá un concerto no salón do Centro Cultural ás 13.15 horas.

            Para concluir o día, terá lugar o tradicional xantar de confraternidade no Restaurante Roca Brava de Viladesuso (Oia).

            En todos estes actos, e acompañando á Banda de Mougás, estarán a Corporación Municipal do concello de Oia, así como da Comunidade de Montes de Mougás.

 

Venres, 12 de novembro de 2009

Informa: Manuel Á. Pombal

A Semán Cultural de Pedornes a piques de rematar cunha variada oferta

A intensa semana cultural que protagonizou a parroquia opiense de Pedornes chega ao seu remate este sábado.

Para hoxe, venres, as posibilidades pasan, ás 17.00 horas, por actividades de Debuxo e pintura para rapaces que realizarán un Mural; ás 19.30 horas, Campionato de futbolín e ás 20.00 horas, Gran concurso de postres caseiros e degustación. Tamén se realizará a Inscrición para o campionato de fútbol (3 X 3).

Mañá, sábado, disputarase o Campionato de Fútbol (3X3), desde as 10.00 horas; ás 16.00 horas, Xogos populares no eirado de Pedornes: carreiras de sacos, xogo das sillas e tiro da corda, entre outros; ás 17.00 horas, Actuación da coral Ruada de Ourense;  ás 18.00 horas, Actuación do Grupo de Baile do Centro Cultural de Borreiros; Exhibición de baile Latino e Hip-Hop infantil. A continuación terá lugar a entrega de trofeos de tódolos campionatos e o sorteo das cestas.

A partires das 20.30 horas XXVI Festa do Magosto. Haberá castañas asadas, viño tinto do ano e refrescos, pero tamén se contará coa animación da Charanga A Muruxeira, de Pedornes.

Ademais das actividades, ao longo de toda a Semana Cultural, e ata mañá, aínda poden visitarse as exposicións de artistas locais, de reproducións de petroglifos, artesanía en coiro e venda de plantas, sen esquecer a Exposición de pintura e escultura colectiva Nacional 2009, patrocinada polo concello de Oia.

 

Mércores, 11 de novembro de 2009

Informa: Manuel Á. Pombal

Propostas para hoxe na Semana Cultural de Pedornes

A Semana Cultural de Pedornes (Oia), que está no seu vixésimo terceiro ano de celebración, ofrece hoxe novas propostas para cuantos desexen achegarse ao Centro Cultural de Pedornes.

Ás 17.00 horas haberá Maquillaxe para os máis pequenos e Xogo da Ra. E a partir das 19.30 horas, terá lugar o Campionato de dominó e chinchimoni.

Mañá, xoves, as propostas, que tamén se iniciarán ás 17.00 horas, contemplan a proxección dunha película infantil; ás 18.30 horas proxectarase a nova película de Chucho. E a as19.30 horas, arrincará o Campionato de escoba.

 

Actuación da Coral de Ruada en Pedornes o sábado

(Informa Beti Rey)

    A Casa da Cultura de Pedornes, en Oia, acolle o sábado ás 17h un concerto da Coral de Ruada. Esta agrupación está formada na actualidade por 44 voces mixtas e sete instrumentistas, e dirixida por Juan José Rumbao Requejo.

    O Concerto chega a Pedornes organizado por Caixanova e o Concello de Oia

 

Martes, 10 de novembro de 2009

Informa: Manuel Á. Pombal

Continúa a Semán Cultural que se celebra en Pedornes

A Asociación Cultural San Mamed, de Pedornes (Oia), continúa desenvolvendo a XXIII Semán Cultural que na súa programación contempla, para hoxe, ás 17.000 horas, decoración de camisetas, debendo levar os participantes cadansúa camiseta branca; e ás 19.30 horas Campionatos de parchís e tute. Pídese aos participantes que levan os xogos da casa.

Mañá, mércores, as actividades pasan por Maquillaxe para nenos e Xogo da rá, comezando ás 19.30 horas, tamén haberá un Campionato de dominó e chinchimoni.

 

Sábado, 07 de novembro de 2009

Informa: Manuel Á. Pombal

Importante Semán Cultural a que se celebrará en Pedornes desde o domingo ata o 14 de novembro

A Asociación Cultural San Mamed, de Pedornes (Oia), organiza a XXIII Semán Cultural

de Pedornes, que comeza mañá, domingo, prolongándose ata o 14 de novembro.

            Os actos principias vanse desenvolver no Centro Cultural de Pedornes contando coa colaboración da Asociación de Veciños A Muruxeira, da mesma parroquia, o concello de Oia, a Comunidade de Montes de Pedornes e Caixanova.

            Mañá, ás 18.00 horas inaugurarase esta Semán cultural con teatro a cargo da compañía “O mellor de cada casa” que escenificará “Historias dunha tola”. A puntualidade será unha esixencia e desde a organización lembran que a partires das 18.15 hora pecharase o acceso ao salón de actos.

O luns, día 9, haberá xogos e malabares desde as 17.00 horas, con Juan Enrique Carneiro, e a ás 19.30 horas comezará o Campionato de tenis de mesa.

O martes, día 10, máis actividades: ás 17.00 horas, decoración de camisetas, debendo levar os participantes cadansúa camiseta branca; e ás 19.30 horas Campionatos de parchís e tute. Pídese aos participantes que levan os xogos da casa.

Para o mércores, día 11, a programación pasa por Maquillaxe para nenos e Xogo da rá, comezando estas actividades ás 19.30 horas, tamén haberá un Campionato de dominó e chinchimoni.

O día 12, xoves,  ás 17.00 horas proxectarase unha película infantil; ás 18.30 horas proxetarase a nova película de Chicho. Ás19.30 horas, Campionato de escoba.

A programación do venres, día 13,  contempla, ás 17.00 horas, Debuxo e pintura para rapaces que realizarán un Mural; ás 19.30 horas, Campionato de futbolín e ás 20.00 horas, Gran concurso de postres caseiros e degustación. Tamén se realizará a Inscrición para o campionato de fútbol (3 X 3).

 

           A Semán Cultural chega ao día 14, sábado, co Campionato de Fútbol (3X·), ás 10.00 horas; Xogos populares no eirado de Pedornes: carreiras de sacos, xogo das sillas e tiro da corda, entre outros, ás 16.00 horas; Actuación da coral Ruada de Ourense ás 17.00 horas. Ás 18.00 horas, Actuación do Grupo de Baile do Centro Cultural de Borreiros; Exhibición de baile Latino e Hip-Hop infantil. A continuación terá lugar a entrega de trofeos de tódolos campionatos e o sorteo das cestas.

A partires das 20.30 horas XXVI Festa do Magosto. Haberá castañas asadas, viño tinto do ano e refrescos, pero tamén se contará coa animación da Charanga A Muruxeira, de Pedornes.

Ademais das actividades diarias mencionadas, ao longo da Semán Cultural haberá exposicións de artistas locais, de reproducións de petroglifos, artesanía en coiro e venda de plantas, sen esquecer a gran Exposición de pintura e escultura colectiva Nacional 2009, patrocinada polo Concello de Oia.