Venres, 30 de xullo de 2010
O Camiño
Portugués da Costa se
internacionaliza coa presenza de
peregrinos de distintas
nacionalidades

O Camiño Portugués
da Costa, que saíndo de Viana
continúa por Caminha, atravesa o
Miño, e pasa por A Guarda, O
Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e
Vigo ata Redondela, onde enlaza
co Camiño que vén de Tui, vaise
incorporando paseniñamente aos
itinerarios dos milleiros de
peregrinos que deixan a súa
pegada polas rutas xacobeas
procurando a catedral
compostelana para abrazar ao
Apóstolo e visitar a súa tumba.
Que o Camiño
Portugués da Costa se vai
internacionalizando dan
testemuña os moitos peregrinos
de distintas nacionalidades que
xa o teñen transitado e que
quedan abraiados da paisaxe
atántica pola que discorre na
que a xeografía obsequia aos
camiñantes con montaña, río e
mar.
Estes días pasaron
pola Guarda dous peregrinos
franceses que, logo de saír de
Saint Jean Pied de Port e chegar
a Santiago de Compostela,
continuaron ata Fisterra e agora
percorren tamén este Camiño
Portugués da Costa que pouco a
pouco, como ten que ser, vaise
facendo un oco nas rutas de
peregrinación.
Martes, 27 de xullo de 2010
Sardiñada en el Recreo
Artístico Guardés para terminar
el mes
El Recreo Artístico
Guardés organiza, el próximo
sábado, la Tradicional Sardiñada
en las instalaciones de este
centenario colectivo, que
comenzará a las 21.00 horas con
un menú en el que, junto con las
sardinas, habrá pan de broa,
vino tinto, refrescos, rosca,
café y queimada con conjuro.
El baile estará
animado, en esta ocasión por la
charanga “Airiños do Tamuxe”,
El precio, por
persona, es de nueve euros,
pudiendo retirarse las
acreditaciones en la cafetería
del Recreo.
Sábado, 24 de xullo de 2010
A Guarda se cita
hoy con el mar en la 2ª Mostra
das Tradicións Mariñeiras un
encuentro único en Galicia
Hoy
comienza, en A Guarda, la 2ª
Mostra das Tradicións
Mariñeiras, un encuentro con el
mundo del mar que que, también
un encuentro con las tradiciones,
con la etnografía y con la
recuperacións de actividades que
en algunos casos desaparecieron
o están a punto de hacerlo.
La
Concejalía de Patrimonio, que
dirige Javier Crespo, se empeñó
hace un año en esta Mostra que
nació con éxito de visitantes y
que, sin lugar a dudas, se
repetirá este fin de semana,
pues la 2ª Mostra das Tradicións
Mariñeiras tiene su continuidad
el domingo con nuevas propuestas.
El
Paseo Marítimo de A Robaleira y
la nave de las ataderas,
centrarán exposiciones como las
embarcaciones tradicionales, las
maquetas de barcos, las redes en
miniatura, la cestería, los
trajes marineros y los cavacos,
esos trozos de madera que el mar
y el río arrastra y que, modelados
por la erosión, adoptan formas
caprichosas, pequeñas esculturas
talladas por la misma naturaleza.
Desde las 11.00 a las 14.00
horas y de las 17.00 a la 22.00
horas, todos cuantos lo deseen
podrán disfrutar de estas
propuestas, a las que hay que
añadir la parte práctica en
forma de talleres de cestería,
reciclaje, elaboración de nudos,
macramé y cuerdas, la
preparación de aparejos, pesca y
navegación deportiva, así como
el encascado de las redes.
Y
como cualquier recuperación que
se preste, no podía faltar el
Mercado Mariñeiro o la Taberna
Mariñeira.
Siendo una cita para todos,
grandes y pequeños, los que lo
deseen podrán participar de un
paseo en gameliñas y en otras
embarcaciones, recibir el
bautismo del mar, disfrutar con
lanchas teledirigidas
o competir en deportes tradicionales.
Acontecimiento primerizo será la
regata de traineras
en disputa de la 1ª Bandera
Concello da Guarda, donada por
el ayuntamiento, acontecimiento
deportivo que tendrá lugar hoy
mismo, a las cuatro de la tarde,
una regata puntuable para la
Liga Galega de Traíñas.
La
música de pais marcará el
encuentro con el son de la
tierra en el Serán que se
celebrará a partir de las 22.00
horas protagonizado por los
grupos Caraina, Gaitas de la 3ª
Edad, Os Petóns, Coiro Vello, Os
Pelouros, Treboada de Moimenta,
Boalleira, Xamaraina, Na
Revolta, Do Lusco ó Fusco, Fiada
de Viladesuso, Fetthiye Gzi
School Folkdance, de Turquía, y
Ar Skewell, de Bretaña.
El
domingo, además de las
propuestas del sábado, llega
también la música en forma de
canto coral que tendrá con la
Agrupación Coral Polifónica
de A Guarda y en la Coral de
Ruada, de Ourense, su cita. Será
a partir de las 21.00 horas.
La
clausura de la 2ª Mostra das
Tradicións Mariñeiras se hará
con contenido popular: una
queimada que sin duda vendrá
acompañada de canciones
espontáneas, como ocurriera hace
un año, pondrá broche final a
este encuentro con el mundo del
mar.
Mércores, 21de xullo de 2010
A música de
cámara é a protagonista no
Festival Via
Stellae que se ofrecerá no
Centro Cultural da Guarda

O Centro Cultural da Guarda
acollerá mañá, xoves, ás 22.00
horas, no marco do Festival Via
Stellae, que organiza a S.A. de
Xestión do Plan Xacobeo e a
Consellería de Cultura e Turismo
da Xunta de Galicia, un concerto
do trío de trompa, clarinete e
piano formado por Jorge Rentería
(na foto de arriba), Beatriz
López e Javier Gutiérrez. O
concerto conta coa colaboración
do Concello da Guarda e está
enmarcado nas actividades
organizadas polo Via Stellae no
Camiño Portugués pola Costa,
unha ruta que inclúe por
primeira vez na súa programación
e que ofrece concertos en Vigo,
Baiona e A Guarda.
“Fantasía
para clarinete, trompa e piano”
é o título deste concerto no que
se xunta un infrecuente tipo de
agrupación de cámara moi
suxestivo pola ampla gama de
cores instrumentais que achega
esta combinación de instrumentos
de vento (clarinete e trompa) e
de tecla (piano). O variado
programa reflicte o persoal
xeito de expresión musical dos
tres compositores seleccionados
para este concerto. Comezando
polos dous autores da segunda
metade do século XIX (o bávaro
Franz Strauss e o alemán Carl
Reinecke) e continuando con ese
gran xenio da dirección
orquestral falecido hai agora 20
anos, o norteamericano Leonard
Bernstein. As obras seleccionadas
son unhas Variacións para
trompa e piano de Strauss, a
Sonata para clarinete e piano
de Bernstein e o Trío para
clarinete, trompa e piano de
Reinecke.
Os músicos deste concerto teñen
en común a súa diversa
procedencia e ser residentes en
Galicia, a súa calidade e a súa
sensibilidade e interese pola
música de cámara. O trompista
bilbaino Jorge Rentería formouse
na Royal Academy de Londres, é
un colaborador habitual das máis
importantes orquestras barrocas
europeas (Les Musiciens du
Louvre, Les Talens Lyriques,
King’s Consort, Wiener Akademie,
Freiburger Barockorchester e un
longo etcétera) e é tamén mestre
de trompa natural na Escola
Superior de Música de Euskadi e
na Escola de Altos Estudos
Musicais de Galicia. A
clarinetista castellonense
Beatriz López perfeccionou os
seus estudos no Mozarteum de
Salzburgo e ademáis dunha ampla
actividade como músico de cámara
é dende hai dous anos clarinete
solista da orquestra compostelá
Real Filharmonía de Galicia e
profesora na Escola de Altos
Estudos Musicais de Galicia.
Nado en Washington de pais
chilenos, o pianista Javier
Gutierrez gañou diversos
concursos internacionais de
piano en Chile, Venezuela e
España e, ademais da súa intensa
actividade como recitalista de
piano, é profesro na Escola
Superior de Música Raíña Sofía e
catedrático no Conservatorio
Superior de Zaragoza.
Como en todos os concertos do
Festival Via Stellae nas
diferentes localidades dos
Camiños de Santiago a entrada é
libre ata completar o aforo do
local.
Venres, 16 de xullo de 2010
Festas na Honra
da Virxe do Carme no porto da
Guarda
A
Guarda, onde hoxe é xornada
festiva, celebra as Festas en
Honor da Virxe do Carme.
Durante a mañá de hoxe a Banda
Cultural de Vilanova de Arousa
percorrerá as rúas do pobo. Ás
11 da maña terá lugar a
procesión desde a Igrexa
parroquial ata o Porto onde se
oficiará, na carpa instalada na
explanada da lonxa, a misa
Solemne cantada pola Agrupación
Coral Polifónica da Guarda,
procedéndose, ao rematar, a
Ofrenda Floral aos Náufragos
mentres se entona a Salve
Mariñeira, regresando a imaxe da
patrona en procesión á igrexa de
Santa María.
Ás
sete da tarde terá lugar a
tradicional regata de gameliñas,
e ás oito concerto do Grupo de
Acordeóns Mascarenhas.
E de
seguido a verbena a cargo da
banda Cultural de Vilanova de
Arousa e a orquestra Samba.
O
sábado rematarán as festas co IX
Rock Guardés a partir da dez e
media da noite.
Xoves, 15 de xullo de 2010
Ruta nocturna dos
Petróglifos e Sons do Torroso
Xa está aberto o prazo de
inscrición á “Ruta Nocturna dos
Petróglifos e Sons do Torroso”
ata o día 27 de xullo. O número
máximo de participantes para
esta actividade limítase a 100
(por orde de inscrición), é por
iso que todas aquelas persoas
interesadas terán que
inscribirse no Concello ata o 27
de xullo.
A visita realizarase o venres,
30 de xullo, e consistirá nunha
visita guiada explicativa destes
gravados rupestres e dos sons
das diferentes especies de aves
que habitan neste monte.
O punto de encontro será a Casa
Forestal do Torroso ás 22.30
horas. Recoméndase ós
participantes que leven
lanternas, roupa e calzado
cómodo, pois a ruta farase a pé,
organizándose en dous grupos de
50 persoas cada un.
A ruta será guiada por Xosé Lois
Vilar, do Instituto de Estudios
Miñoranos, e por Agustín
Ferreira, de ANABAM.
Luns, 12 de xullo de 2010
Do 2 ao 14 de agosto
o Grupo
de
pintura Impás mostrará a súa
obra máis recente no Centro
Cultural
O Grupo de
pintura, Impás,
da
Guarda.inaugurará, do 2 ao 14 de
agosto no
Centro Cultural da
Guarda, unha nova mostra de
pintura na que
se poderán ver estilos e temas
diferentes.
Este grupo, que
naceu no Obradoiro de Pintura de
Alicia Alonso está integrado por
Mary Otero, Carmen Mª Rodríguez,
Pilar López,
Nati Alonso, Charo Trigo, Isabel
Antón,
Fini Mauri,
Nacho Martínez,
Carlos Fajar, Aurelio Campos,
Carmen Baz, Sergio Santiago e
Alicia Martinez.
O Grupo Impás, apunta
Charo
Trigo, non só se reúne para
pintar, senón tamén para pasar
momentos de lecer que nunca
esquecerán. Xente que comparte
a paixón pola pintura, e con
idénticas inquedanzas. O grupo
ten feito exposicións en
diversos lugares da xeografía
galega, entre eles A Guarda,
Tui, O Rosal e Baiona, por citar
só catro localidades que xa
coñecen a obra de Impás.
Sábado, 10 de xullo de 2010
Logo de 32 anos
de servizo aos guardeses, Luís
Alonso Vicente chega á
xubilación
“Érase
unha vez un neno que admiraba á
policía e que soñaba con
vestirse, un día, tamén el de
policía”. Así podería comezar a
historia de Luís Alonso Vicente
ao que, logo de 32 anos,
chegaralle a xubilación en
poucos días.
Traballador da
construción, no ano 1978
presentóuselle a oportunidade de
ingresar no corpo do que por
entón popularmente se coñecían
como “os municipais”, mediante
oposición libre. Os requisitos
que se lles esixían era coñecer,
principalmente, o regulamento de
Administración
Local e o de Tráfico.
Examinábanse na propia
institución local, sen
necesidade, como ocorre hoxe, de
pasar por unha Academia de
Formación, aínda que anos máis
tarde deberon cumprir un
requisito formativo para a
reciclaxe laboral, de oito
meses.
Di Luís que non
houbo sobresaltos no
desenvolvemento da súa función.
A Guarda, asegura, é un pobo
tranquilo, de modo que leva un
bo recordo do seu traballo como
Policía Local. Se algún momento
houbo de “nervios”, por dicilo
dalgún xeito, foi na Transición,
sobre todo “porque aquela
situación, afortunadamente
desexada, era tamén unha
novidade para todos”. Sen dúbida
haberá momentos para recordar,
quizais, no relax que lle
proporcionará a súa nova
situación, e xurdan esas experiencias
inesquecibles que deixan pegada
feliz na alma.
Luís Alonso
Vicente, que non dubidaría en
elixir de novo esta profesión á
que se incorporou por vocación,
dedicarase en poucos días, xa
integramente, á familia, a
descansar, a “facer esas outras
cousas que requiren tempo e que
as obrigacións impedíanche
realizar”, pero tamén
“regresarei polo cuartelillo,
para visitar aos amigos que aquí
teño” e
aos que dedica só palabras de
eloxio porque formaron todos un
equipo, e sempre houbo unha
sintonía no desempeño da súa
función. E deixa un ronsel: o
seu fillo, Rafael Alonso, é
tamén parte destoutra familia
que forma a Policía Local da
Guarda.
O 12 de outubro,
unha data de calendario, será o
día oficial da xubilación de
Luís, pero poderá adiantarse en
dous meses porque, entre outros
dereitos adquiridos,
correspóndenlle as vacacións.
Feliz xubilación.
Venres, 9 de xullo de 2010
Hoxe terá
lugar a Ruta dos Petróglifos do
Monte Santa Trega
Ás 22.00 horas iniciarase, no
Centro Cultural, a Ruta dos
Petróglifos ao Monte Santa Trega
cunha conferencia do arqueólogo
Xosé Lois Vilar que fará unha
breve presentación sobre o
contido da visita, para a que se
aconsellase levar calzado cómodo
e algunha lanterna para poder
desprazarse polos tres enclaves
do monte no que se realizarán as
visitas. O acceso desde o Centro
Cultural ata a Casa Forestal
realizarase en vehículos propios
co fin de acurtar un tempo a
subida e dedicalo á visión
detida dos petróglifos para o
maior número de persoas posible
xa que o número de inscritos
nesta activide supera as 250
persoas.
Mércores, 7 de xullo de 2010
Contratación dun
profesor de Gaita para o
Conservatorio da Guarda
Aprobadas as bases para a contratación laboral temporal (10
horas semanais) para o curso
escolar 2010/2011, dun Profesor
de Gaita do Conservatorio
do Concello de A Guarda, as
bases da convocatoria están a
disposición dos interesados no
rexistro xeral do Concello ata o
15 de xullo, en horario de 9.00
a 13.30 horas de luns a veres e
de 10.00 a 13.00 horas o sábado.
A titulación esixida será a de grado medio (1966) ou superior
(LOXSE) o día en que remate o
prazo de presentación de
instancias.
(Ver
Bases completas)
Martes, 6 de xullo de 2010
Al cobro,
hasta el 1 de septiembre, los
impuestos sobre bienes inmuebles
rústicos y urbanos
Hasta el próximo 1
de septiembre se encuentran al
cobro los tributos
correspondientes al Impuesto
sobre bienes inmuebles urbanos
2010 y al Impuesto sobre bienes
inmuebles rústicos 2010.
En el caso de que algún
contribuyente no recibiera la
carta de pago de cualquiera
de estas dos tasas, puede
dirigirse a la Oficina de
Xestión Tributaria, en la calle
José M. Andreini 6 Bajo, y
solicitar un duplicado de la
misma, ya que al tratarse de
deudas de carácter periódico y
notificación colectiva (Boletín
Oficial de la Provincia de
Pontevedra de 28 de junio de
2.010), la no recepción en el
domicilio de la misma no exime
de la obligación de pago ni de
la vía ejecutiva.
Transcurrido el plazo de
ingreso, las deudas serán
exigidas por el procedimiento de
apremio y devengarán los
recargos, intereses de demora y
demás conceptos exigibles.
Sábado, 03 de xullo de 2010
Exposición de
Pintura de Vitoria Otero no
Centro Cultural

Ata o 17 de
xullo poderá visitarse, no
Centro Cultural da Guarda, a
obra pictórica de Vitoria Otero,
de Goián. Nesta exposición, que
consta de 26 cadros, podemos
atopar paisaxes guardesas coa
presenza do Río Miño e a súa
desembocadura, o Monte Santa
Trega e o mar. Pero tamén
escenas otoñaiss, bodegóns e
motivos florais.
Xoves, 1 xullo de 2010
La Travessia
Kayak Portugal saldrá el sábado
de la desembocadura del Miño
para llegar por mar a Vila Real
de Sto. Antonio
La “Travessia
Kayak Portugal” que se iniciará
el sábado en la desembocadura
del Miño el recorrerá la costa
del país vecino en kayaks de
mar, desde Caminha a Vila Real
de Sto. Antonio, navegando en
autonomía y manteniendo la costa
a la vista, arribando a tierra
al final del día para pernoctar.
Si las condiciones
meteorológicas lo permiten, se
estima que se realizará en un
período de 20 a 30 días,
dependiendo de las condiciones
meteorológicas.
Nuno Pereira y
Rui Calado recorrerán los 900 km
que separan los dos municipios
costeros en una travesía
exigente, en la que se
enfrentarán a los agentes
atmosféricos (calor, vientos.),
con la dificultad añadida de
llevar en sus kayaks todo lo
necesario para la expedición
(equipo, comida).
En palabras de
los protagonistas “el mayor
desafío de todos será
ciertamente mantener el
autocontrol y el espíritu
positivo frente a las
adversidades. Algunos días no
será posible entrar en el mar,
en otros lo difícil será salir”
Para sobrellevar mejor estas
adversidades, en algunas de las
etapas de la travesía contarán
con el acompañamiento de
aquellos kayakistas que quieran
aportar su granito de arena a
esta gesta. En las primeras
etapas el Club Alagua estará a
su estela.
Desde la
comisión organizadora del “II
Cruceiro Internacional del Río
Miño”, y todos los componentes
de los clubes implicados, se
invita a todas aquellas personas
aficionadas al deporte náutico a
participar en dichas
actividades, siendo una ocasión
para navegar o palear y
disfrutar del viento portante.
Mércores, 30 de xuño de 2010
O San Xerome,
presenta en FADEMGA (Santiago de
Compostela) o documental “Sexo
Sentido”

Hoxe, mércores,
un grupo de mozos do Centro San
Xerome Emiliani vaise desplazar
a Santiago, ás instalacións de
FADEMGA para presentar ó grupo
de autoxestores de Galicia o
documental o “Sexo sentido”, que
é o resultado do traballo de
educación sexual levado a cabo
durante todo o ano por o grupo
denominado “SeXualeX YgualeX”
dentro do programa Juventud en
Acción da Unión Europea.
No pasado mes de
febreiro o grupo acudiu ás
xornadas de “Mobilidade Xuvenil
Europea” organizadas pola
Secretaría Xeral de Xuventude da
Xunta de Galicia para
presentar, xunto con outros
mozos galegos, este mesmo
programa que tivo moi boa
resposta por parte dos
asistentes ó encontro.
No
documental o grupo fai un resumo
do traballo levado a cabo
nestas accións formativas de
educación sexual, no que se fixo
fincapé na necesidade de
desenvolver de forma positiva a
súa sexualidade, dende a
identidade sexual, unha positiva
regulación das emocións e unha
boa, saudable e axeitada
erótica. No documental tamén
interveñen unha profesional do
centro dando a súa visión sobre
o desenvolvemento sexual das
persoas con discapacidade
intelectual, unha persoa
representando a posición dos
familiares ante a sexualidade
dos seus fillos e a profesional
en educación sexual que estivo ó
frente das accións formativas.
A iniciativa de
realizar este proxecto de
educación sexual xurdiu do
propio grupo de rapazas e
rapaces con discapacidade
intelectual. Estes solicitaron a
subvención á Unión Europea e
dentro do programa “La juventud
en acción” aprobouse o
proxecto. O Centro
facilitoulles as instalacións,
os deprazamentos e o contacto
coa profesional especialista en
educación sexual.
Algunhas das
conclusións da actividade, que
tamén se reflicten no
documental, indican que o
primeiro paso para que a persoa
con discapacidade intelectual
estea ben no ámbito afectivo
sexual é que tanto os seus
familiares como os profesionais
que traballan con elas se
permitan mirar para os aspectos
relacionados coa sexualidade, e
recoñecer este ámbito da persoa
como algo positivo dentro do
seu desenvolvemento
vital.
A sexualidade
das persoas con discapacidade é
unha cuestión moi difícil de
asumir para moitas persoas. Para
explicar este aspecto acódese
ao símil da persoa considerada
coma na vivenda: como tal
estamos distribuídos en
diferentes espazos (habitacións)
aspectos sociais, deporte,
ocio, educación, familia,
emprego. A habitación da
sexualidade é un espazo cheo de
medos e incertezas que moitos
prefiren deixar pechado. Pero se
de verdade se pretende apoiar á
persoa no seu benestar e no seu
desenvolvemento positivo hai que
entrar nesa habitación e
orientar no seu coñecemento, na
súa distribución, e que poda
habitar a súa sexualidade, vivir
e desenvolverse neste espazo ó
igual que está habitando o resto
da súa vivenda. Non hai que
perder en ningún momento a
referencia de que a sexualidade
habitada pola persoa con
discapacidade ten que ser un
espazo adaptado ás súas
capacidades, é neste proceso
de adaptación da sexualidade á
capacidade de comprensión da
persoa no que se fai fincapé
durante o desenvolvemento do
proxecto na elaboración dunha
sexualidade a medida de cada un
de nós, de cada un dos rapaces
participantes na actividade.
Martes, 29 de xuño de 2010
O BNG rexistra
unha iniciativa sobre as
melloras de abrigo no porto da
Guarda
O portavoz de
pesca do Grupo Parlamentario do
BNG, Bieito Lobeira rexistrou no
Parlamento galego unha pregunta
sobre as deficiencias do porto
da Guarda que acolle a máis de
cen embarcacións pesqueiras,
fundamentalmente de baixura.
Lobeira
solicitou as melloras das
condicións de abrigo do porto e
tamén a dotación dun surtidor de
combustible pesqueiro, incluíndo
gasolina cunha rebaixa da metade
do seu prezo, como xa está
acontecer no porto da Coruña.
O deputado
nacionalista quere saber se o
Ente Público Portos de Galiza
ten previsto acometer as obras
de mellora do porto da Guarda,
con que prazos e investimentos.
Asemade, Lobeira
tamén se interesou nesta
iniciativa polas melloras da
lonxa da Guarda.
Sábado, 26 de xuño de 2010
Hoxe presentarase na Guarda
a tempada da
S.D. de Remo Rías Baixas
O secretario
xeral para o Deporte, José Ramón
Lete Lasa, participará na
presentación da nova tempada da
S.D. de Remo Rías Baixas que se
vai celebrar hoxe, ás 12.30
horas, no Club de Tenis Codesal
Érguete recorda que hoxe é o
Día Internacional de loita
contra o uso indebido e o
tráfico ilícito de drogas
Hoxe, sábado,
día 26 de xuño é o Día
Internacional de loita contra o
uso indebido e o tráfico ilícito
de drogas. Este día, establecido
pola Asamblea Xeral das Nacións
Unidas en 1987, serve para
recordar o obxetivo de crear
unha sociedade internacional na
que non se usen indebidamente as
drogas.
A Oficina das
Nacións Unidas contra a Droga e
o Delito (UNODC) selecciona cada
ano un tema para o Día
Internacional e lanza unha
campaña anual para sensibilizar
á opinión pública acerca do
problema mundial da droga.
Nesta ocasión
o tema desta campaña é a SAÚDE.
Xoves, 24 de xuño de 2010
Festival dos
alumnos do Conservatorio ás
20.15 horas no Centro Cultural
O Centro Cultural da Guarda
acolle hoxe, a partir das 20.15
horas, o XXV Festival de Fin de
Curso do Conservatorio Elemental
de Música da Garda, que contará
coa colaboración dos alumnos que
cursan as distintas discipinas
musicais que farán unha
demostración dos seus
coñecementos interpretando pezas
ou fragmentos de distintos
compositores.
Iniciarán este acto os alumnos
de Preparatorio e Educación
Auditiva e Vogal, para continuar
cos de Guitarra clásica, Violín,
Guitarra Eléctrica, Piano, Vento
madeira, Vento metal e finalizar
os alumnos que cursan Gaita
galega.
No transcurso do festival farase
entrega dos premios aos alumnos
que gañaron o 1º Concurso de
Debuxo organizado pola ANPA do
Conservatorio.
Luns, 21 de xuño de 2010
