galiciasuroeste                                                                                                                       optimizado para 1024x768  

 

galiciasuroeste                                                                              

Martes, 28 de marzo de 2017  

O I.E.S A Sangriña acolle hoxe unha charla sobre prevención do consumo de drogas organizadas pola Concellería de Xuventude

A Concellería de Xuventude do Concello da Guarda promove distintas actividades para a concienciación e a prevención do consumo de drogas. Por unha banda, está o traballo que realiza a asociación Érguete co alumnado de 1º da ESO dos centros educativos do municipio; e por outra, o traballo coas familias a través dunhas xornadas didácticas nos centros, conducidas polo psicólogo e terapeuta familiar Esteban Figueirido.

A través destas charlas, unha por cada centro educativo de secundaria do municipio, o psicólogo mostra ferramentas e habilidades que poden axudar ás familias a tratar estes temas cos fillos.  Hoxe, martes, terá lugar, ás 20 horas, a última destes encontros no I.E.S. A Sagriña, convidando o concello da Guarda a participar aos pais, educadores e á comunidade educativa dos centros, para deste xeito poder acadar coñecementos cos que previr e enfrontarse a un problema tan importante como é o consumo das drogas, e en especial o preocupante aumento da súa relación co uso das redes sociais na poboación máis nova.

 

Sábado, 25 de marzo de 2017  

O Concello da Guarda adhírese un ano máis ás reivindicacións da Hora do Planeta

Dende o ano 2007 a organización WWF vén impulsando a campaña da Hora do Planeta como un evento a nivel mundial que busca concienciar sobre a situación do medio ambiente e facer unha chamada á acción na loita contra o cambio climático.

A Hora do Planeta celebrarase este sábado, 25 de marzo, de 20’30 a 21’30 horas e un ano máis o Concello da Guarda amosa o seu apoio nesta defensa do medio ambiente e súmase ás reivindicacións desta campaña co apagado simbólico das luces da Praza do Reló.

Dende o Concello convídase a todos os veciños a apoiar esta iniciativa e achegarse durante esa hora á Praza do Reló para axudar a visibilizar unha problemática que afecta a todos os cidadáns e cidadás e ao futuro conxunto do noso planeta.

 

O alcalde da Guarda e o presidente da Cámara de Comercio de Tui fanse eco das demandas de mellora nas comunicacións das empresas da Pasaxe

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso, visitaron a empresa Mecalia para reunirse con representantes das empresas da zona Pasaxe que demandan melloras nas súas infraestruturas de comunicación.

Neste encontro, no que se reuniron con representantes dos Estaleiros Joaquín Castro, da empresa Suministros Navais Santa Tecla e de Mecalia, espúxose a problemática que teñen debido ás deficiencia nas comunicacións tanto de transmisión de datos como de telefonía, cunha velocidade real na súa conexión que é moito menor á contratada e cunha telefonía móbil que non chega a 3G. É unha situación que xa supón un problema para un particular, canto máis para unhas empresas deste tamaño.

Ante esta situación tanto o alcalde como o presidente da Cámara de Comercio de Tui amosaron a súa completa disposición para buscar unha solución, o máis rápido posible, a un grave problema que impide que as empresas podan desenvolver con normalidade a súa actividade diaria.

Na reunión decidiuse, a proposta do presidente da Cámara de Comercio e co total apoio do alcalde, contratar un técnico experto que a vindeira semana realice un un estudio e diagnóstico completo da problemática e que poda explorar as posibilidades e asesorar na busca de solucións. Tras este diagnóstico, nos próximos días, volveranse a reunir para valorar o informe do técnico, decidir cal é a mellor solución e poñela en marcha canto antes para que estas empresas conten cunhas comunicacións acordes ao seu tamaño e aos tempos que corren.

 

Venres, 24 de marzo de 2017  

Minuto de silencio na Guarda en memoria das vítimas do atentado de Londres

Onte, 23 de marzo, ás 12 horas, as autoridades e traballadores do concello da Guarda gardaron un minuto de silencio a carón da Casa do Concello, na Praza do Reló, en memoria das vítimas do atentado que tivo lugar en Londres o día anterior causado por un terrorista na capital inglesa, e que as forzas de seguridade relacionan con ISIS, provocando nun primeiro balance 5 vítimas mortais e 29 feridos de distinta gravidade, como consecuencia do atropelo e o ataque a un policía xunto ao Parlamento británico.

O Concello da Guarda mostra con este xesto a súa solidariedade co pobo británico, coas vítimas do terrorismo en todo o mundo e achega as súas condolencias ás vítimas e familiares das vítimas nestes duros momentos.

 

Presentación da Campaña de Limpeza da Guarda

O concello da Guarda, coa presenza do alcalde da Guarda, Antonio Lomba, e o concelleiro de Servizos, Paulino Rodríguez, presentará o martes, día 28, na Casa dos Alonsos, ás 11 horas, a Campaña de sensibilización e de difusión do novo "Regulamento de Limpeza Pública e Recollida de Lixo", que entrou en vigor o pasado 30 de decembro.

Dada a importancia que o tema da limpeza pública ten para a cidadanía da localidade, dende o Concello informan que esta campaña é froito dun amplo traballo por modernizar as normas que rexen a limpeza pública e a recollida do lixo e facilitar a colaboración de todos para ter unha Guarda máis limpa e fermosa.

 

Sábado, 18 de marzo de 2017  

O BNG explicou o seu modelo de concello ao comercio guardés

O pasado mércores o BNG presentou ao comercio guardés o modelo que pretende desenvolver na Guarda que garante o futuro do municipio, nun acto que estivo conducido polos concelleiros do BNG, Angel Baz e Xan Lois Lomba.

Trala presentación do Plan de Mobilidade por parte do equipo redactor aos distintos grupos municipais, o BNG quere achegar a súa propia valoración do mesmo aos distintos colectivos sociais através de asambleas sectoriais que empezaron cos comerciantes de Concepción Arenal e a súa contorna.

“Todo o que sexa desviarse deste texto é dar un paso atrás na calidade de vida dos guardeses e na competitividade da pesca, turismo e comercio”, manifestou Ángel Baz, portavoz municipal do BNG.

Bolsas de aparcamento disuasorio, peatonalización do casco antigo, rutas escolares seguras, melloras en accesibilidade e na conexión do centro cas parroquias e un vial de acceso Sur ao porto forman parte das medidas que afondan nun modelo de poboación deseñada dende a visión dos colectivos máis sensíbeis como nenos ou persoas con mobilidade reducida.

“O plan de mobilidade fundamentalmente é un cambio radical na forma de urbanizar que seguiu A Guarda nos últimos 40 anos. É unha aposta decidida por un modelo máis sustentábel, saudabél e de  resultados fácilmente contrastabeis”, apuntou o portavoz nacionalista.

Dende o BNG ven con incredulidade como o alcalde da Guarda segue aferrándose á idea do doble sentido de circulación en Concepción Arenal, centro neurálxico do comercio guardés, cando o propio plan de mobilidade o desaconsella rotundamente e o comercio  da zona tampouco comparte. Esta é a conclusión que quita a formación nacionalista trala reunión mantida cun nutrido número de comerciantes que fixeron as súas achegas e conclusións, todas elas identificadas no plan de Mobilidade.

 

Sábado, 11 de marzo de 2017  

Alumnos de Solanas plataron árbores no Trega

Na campaña da Comunidade de montes de Camposancos "Planta unha árbore, planta futuro" foron os escolares do colexio As Solanas, acompañados do profesorado, os que subiron o monte Trega para plantar 225 árbores no entorno de Chans

A Comunidade de Camposancos agradece ao profesorado de As Solanas o xesto de regalar un precioso Erbedo, dous Nogais e un Teixo e os alumnos a plapa con que obsequiaron á xunta reitora.

 

Venres, 10 de marzo de 2017  

Nenos da Guarda celebraron o Día Internacional da Muller co cinema itinerante “A Caixiña dos Mistos"

“A caixiña dos mistos, o cinema máis pequeno do mundo” estivo na Alameda da Guarda, o día 8 de marzo para conmemorar o Día Internacional da Muller, coa asistencia de pais e nenos da localidade, que quedaron gratamente satisfeitos coa iniciativa organizada polo CIM da Guarda e subvencionada pola Deputación de Pontevedra.

Esta proposta consistiu nunha caravana itinerante na que se proxectan diversas curtametraxes e contido audiovisual dirixido a nenos de 3 a 12 anos, que poden acceder a esta orixinal sala de proxección en grupos que non superan os 20 integrantes.

"A Caixiña dos Mistos" leva percorrendo numerosas localidades galegas dende 2009 ofrecendo unha experiencia innovadora e próxima coa que achegarse a un tema que tanta relevancia ten na actualidade como é o da igualdade entre homes e mulleres.

  

La concejala Fany Iglesias apoya los presupuestos municipales y consigue negociar compromisos con el gobierno local para A Guarda 

La concejala no adscrita en el ayuntamiento de A Guarda y coordinadora local de Ciudadanos, Fany Iglesias, emplaza al regidor Antonio Lomba a reparar, a la mayor brevedad, los desperfectos ocasionados por el pasado temporal, en las zonas de las playas, espacios de recreo y viales de Area Grande y Fedorento. Por la seguridad de peatones, conductores y por esa apuesta fuerte que debe hacer el grupo de gobierno por el bienestar de los vecinos, el mantenimiento de las infraestructuras y por el turismo de cara a la Semana Santa; sin olvidar que en la zona existen establecimientos de hostelería rodeados en este momento de un entorno destrozado.

La edil entiende que esta es la mejor manera de poner en valor el voto que tiene dentro de la corporación y espera poder exigir y trabajar por el bien de los vecinos: "lo he dicho alto y claro, apoyaré los presupuestos municipales para el 2017 porque no podemos continuar con un presupuesto prorrogado un año más, y porque he conseguido consensuar y llegar a una serie de compromisos con el equipo de gobierno y porque estaré aquí para denunciar y fiscalizar sus actuaciones, exigiendo el mantenimiento de las infraestructuras e instando para llevar adelante negociaciones con administraciones superiores para poner A Guarda donde se merece". Dice la concejala quien añade que "Con el grupo de gobierno he llegado al compromiso de la elaboración del proyecto de humanización de la calle A Cal  que queda pendiente y el arreglo del entorno de la fuente. Un proyecto importante en envergadura que resolverá problemas en la zona, creará y regulará el aparcamiento, pondrá en valor el cruceiro e incluso se estudian más opciones en estos momentos, ya que se está trabajando en ello. También tenemos un compromiso para colaborar con una iniciativa dentro del Plan Concellos de Diputación, que trataremos los próximos días”.

Se trata en todo caso de un apoyo puntual, para tratar de arrancar compromisos de un grupo de gobierno que se encuentra en minoria, y que entendemos que si no existen otras opciones de gobierno, el trabajo real por los vecinos se manifiesta con hechos y acuerdos y no en los medios de comunicación como otros grupos municipales, solicitando y presentando iniciativas que han sido paralizadas por su propio partido.

 

Martes, 7 de marzo de 2017  

A Guarda celebrou os éxitos dos seus deportistas na X Gala do Deporte Guardés

 

(Premer na foto)

 

O Centro Cultural da Guarda acolleu, o venres, 3 de marzo, a X Gala do Deporte Guardés, coa que se homenajea e se recoñecer aos deportistas guardeses e os éxitos que acadaron durante a tempada pasada. Con motivo do décimo aniversario desta gala, a velada deu comezo cun vídeo recordando aos premiados de todos os anos.

Antes de dar comezo á gala os asistentes erguéronse e uníronse ao presentador, Terio Carrera, para gardar un minuto de silencio por Adrián Araujo, mozo falecido nun accidente a semana pasada no Rosal que xogou nas categorías inferiores do Sporting Guardés.

Foron máis de 20 os galardóns que se entregaron nunha velada ma que actuou como padriño Vladimir “Vlado” Gudelj, ex xogador do Real Club Celta de Vigo. Os premiados como mellores deportistas individuais foron Óscar Alonso Alonso (remo), Damián Alonso Alonso (remo), Rosalía Soler Lomba (natación), Manuel Moreira Rodríguez (tenis), Hugo Álvarez González (tenis), Belén Bascoy Cao (Canicross), Sergio Rodríguez Teixeira (atletismo), Elsa Pena Vicente (triatlón), Nahir Lomba (fútbol), Aser Estévez Cividanes (ciclismo), Rodrigo Conde Romero (remo), Carlos Reboredo Diego (judo), Alba González Machado (judo), Víctor Adrover Amado (judo), Iago Álvarez Lomba (judo) e Artemi Gavezou Castro (ximnasia olímpica).

O recoñecemento á mellor iniciativa deportiva foi para Sen Amarras; o premio á promoción e dedicación ó deporte para Fabián Gutiérrez Corvetto e o recoñecemento á proposta innovadora para San Xerome. Os galardóns aos mellores equipos os recibiron o equipo de baloncesto feminino e o equipo de atletismo de San Xerome; o equipo alevín do Sporting guardés; o equipo mixto de relevos 4x1000 de Atletismo Trega; así como o dúo Sandra Álvarez Baz e Uxía Fernández Videira, e o equipo formado por Álvaro Blanco, Sergio Pérez, Jesús González e Rodrigo Conde Romero, os seis de Remo Robaleira.

Tras a entrega dos premios o alcalde da Guarda pechou a X Gala do Deporte Guardés agradecendo o labor do xurado e a presenza de “Vlado” Gudelj. Ademais tamén anunciou que este ano daranse as primeiras bolsas a deportistas da Guarda, grazas ao labor do Concelleiro de Deportes, Javier Crespo, reiterando o compromiso do Concello cos seus deportistas e co futuro que a canteira asegura.

 

Sábado, 4 de marzo de 2017  

O Desfile – Concurso de Entroido da Guarda celébrase este sábado 4 de marzo

O Concello da Guarda informa que, tras o aprazamento do Desfile de Entroido polo mal tempo do pasado martes 28 de febreiro, a data de celebración do mesmo será hoxe, sábado 4 de marzo. Esta decisión foi tomada nunha reunión á que asistiron participantes e na que se valorou cal era a mellor opción ante as previsións climatolóxicas.

O horario e percorrido do desfile será o que estaba programado, con saída ás 17'30 horas dende a Praza de San Bernardo (“Esquina Famosa”) e o percorrido atravesará a rúa Galicia e a avenida Rosalía de Castro, para rematar finalmente na Alameda. Os participantes deben presentarse entre as 16.30h e as 17,15h para colocarse nos seus postos, determinados pola Concellería de Cultura.

Tras o desfile elixirase aos gañadores das cinco modalidades (carrozas, comparsas, grupos, individual e parellas infantil, individual e parellas xuvenil-adulto) e os correspondentes premios. No caso das categorías de comparsas e carrozas terán un primeiro e segundo premio cada unha, de 250€ e 150€ respectivamente. No resto de categorías haberá seis premios cunha contía que vai dende os 150 aos 30€.

Dende a Concellería de Cultura invítase a tódolos veciños e veciñas a desfrutar deste último día do Entroido guardés deste ano.

 

Presentación do libro “Yo también emigré a la República Federal de Alemania” este sábado na Guarda

Hoxe, sábado, ás 20'30 horas, o Centro Cultural acolle a presentación da obra “Yo también emigré a la República Federal de Alemania (1960-1980)”, de Praxíteles González Martínez, a cargo do propio autor e de José Antonio Urís Guisantes, colaborador da obra. Trátase do quinto libro de Praxiteles, nado no Rosal, que con 25 anos emigrou a Alemaña na busca dun futuro mellor.

Nesa época compaxinaba as 12 ou 14 horas de traballo cos estudos e tamén foi cando  despertou o seu interese e afección pola escritura. Isto levaríao a colaborar en diferentes revistas e publicacións como 'La Región'. Ademais, cando tras 17 anos en Alemaña, volta a España colabora cos corresponsais de periódicos como 'La Voz de Galicia' ou 'El Faro de Vigo', onde tamén se publican varios dos seus artigos.

Das súas experiencias como emigrante e dos amplos coñecementos adquiridos durante eses anos nace “Yo también emigré a la República Federal de Alemania (1960-1980)”, a obra que será presentada no Centro Cultural.

 

Venres, 24  de febreiro de 2017  

Actualización do curso Formación Básica na Confraría de Pescadores da Guarda

A Confraría de Pescadores Santa Tecla, da Guarda, oferta un curso de Actualización de Formación Básica, destinado a tripulantes que non poideron cumplir o requisito da actualización que esixían nas Capitanias, que eran de ter 6 meses de embarques no último ano ou 12 meses nos últimos 5 anos.

O mencionado curso celebrarase o 29 e 30 de marzo, de 10:00 a 14:00 horas e de 15:30 a 19:30 horas, nas Aulas de formación da Confraria da Guarda

Os interesados presentarán como documentación D.N.I., Certificado de Formación Básica e Vida laboral nas oficinas da Confraria de A Guarda (Rúa do Porto, s/n) podendo solicitar máis información na mesma confraría ou no teléfono 986 61 03 07.

 

Xoves, 23  de febreiro de 2017  

O PP lamenta que A Guarda morra sen solo industrial e propón solucións urxentes

O Partido Popular da Guarda lamenta que un dos maiores problemas do concello sexa a falta de solo industrial que permitan unha ampliación de negocio ás empresas que xa establecidas  no municipio ou que outros empresarios de diversos sectores productivos  poidan instalar a súa empresa na Guarda e contribuír desta maneira á creación de novos postos de traballo e a reactivar o sector económico. “Esta debería ser unha das principais preocupacións do alcalde, pero vemos que non lle interesa en absoluto crear emprego e mentres A Guarda morre sen solo industrial o alcalde está de brazos cruzados”, explica a voceira do PP.

 “Sabemos de empresas que preguntaron polo solo industrial dispoñible para establecer unha empresa na Guarda e non tiveron resposta e tamén coñecemos empresas que estaban ubicadas na Guarda e agora se trasladaron a outros concellos veciños. Unha situación moi triste que tería fácil solución se o Goberno local tivera iniciativa propia”, sinala a voceira do PP, Conchi Ortega.

É por todo isto que os populares presentan unha moción no próximo pleno no que se propoñen solución urxentes e que se poderían executar a curto prazo, “antes de que máis empresas marchen do concello”. Conchi Ortega cre que a solución desexable pasaría por ter un Novo Plan Xeral actualizado, pero desde maio de 2015  Consultora Galega informou do seu desexo abandonar este traballo, e posteriormente rescinde o contrato.

A voceira popular explica que unha solución parcial ao problema e de acordo co plan vixente desde 1993 sería que o Goberno local retomase as conversas cos propietarios do solo urbanizable número 6 para chegar a un acordo entre as partes e que se asegure que os usos do novo polígono sexan os suficientes para dar cabida a todo tipo de naves ligadas á actividade industrial e posibilitadas no Plan Xeral vixente.

Segundo explica a voceira popular, propoñen ademais que os servizos de urbanismo do Concello de a Guarda redacten o plan parcial para a ordenación detallada do solo urbanizable nº 6, ou que divida o polígono  previamente noutros co límite inferior legal de 3 Ha para facilitar a súa viabilidade, para posteriormente desenvolver os seus respectivos plans parciais, e os leven despois a pleno para a súa tramitación urbanística e segundo as leis vixentes.

 “A Guarda necesita tomar medidas urxentes porque son moitos os empresarios que preguntan por solo industrial para instalar as súas empresas no noso Concello e o Goberno local sábeo pero como sempre non fan nada para solucionar este problema”, explica a voceira popular, que asegura que “mentres outros concellos fan o imposible por atraer novas empresas para os seus concellos, na Guarda parece que non son ben recibidas”.