XV TRAVESÍA A NADO “O PORTO DA GUARDA”

 

Domingo, 08 de agosto de 2010 ás 12.00 horas

PUNTUABLE PARA O CIRCUITO GALEGO DE AUGAS ABERTAS

 
REGULAMENTO
1.- ORGANIZACIÓN:
Correrá a cargo da Asociación Érguete Baixo Miño e o Concello de A Guarda, coa colaboración do Clube de Natación Codesal, Clube de Remo Robaleira, Asociación Pedra Furada, Confraría de Pescadores Santa Tecla e a Asociación Friends Music.
A XV edición da TRAVESÍA A NADO rexirase pola Normativa FINA de Augas Abertas, pola Normativa de Competición de Augas Abertas da Federación Española de Natación, polo Regulamento do VII Circuíto Galego de Augas Abertas da FEGAN e polo presente regulamento particular.

 
2.- PARTICIPACIÓN:
Poderán participar na proba tanto nadadores federados como non federados. Para puntuar no Circuito Galego de Longa Distancia é necesario estar FEDERADO, con licencia en vigor na presente tempada en calquera das disciplinas que integran a FEGAN (Federación Galega de Natación).

 
3.- CATEGORIAS:

 

CATEGORÍA FEMININA
A - Nados nos anos 2004-2010
B - Nados nos anos 1999-2003
E - Nados nos anos 1995-1998
F - Nados nos anos 1990-1994
G - Nados nos anos 1973-1989
H - Nados en 1972 e anteriores

CATEGORÍA MASCULINA
C - Nados nos anos 2004-2010
D - Nados nos anos 1999-2003
I - Nados nos anos 1995-1998
J - Nados nos anos 1990-1994
K - Nados nos anos 1973-1989
L - Nados en 1972 e anteriores

 
4.- DISTANCIA:
para as categorías: A, B, C e D 400 metros
para as categorías: E, F, G, H, I, J, K e L 2500 metros

 
5.- PERCORRIDO:


A saída e a chegada dos nadadores, debidamente sinalada para a súa mellor orientación, darase dende a rambla situada ao final do paseo marítimo (Zona Dique-Atalaia do Porto da Guarda), no orden seguinte: primeiro as categorías A, B, C e D e ao seu remate o resto das categorías E, F, G, H, I, J, K e L.

O percorrido para as categorías: A, B, C e D consistirá en ida (ata unha boia no centro do peirao) e volta. Para as categorías: E, F, G, H, I, J, K e L consistirá en dar dúas voltas a un cadrado acotado por boias de obrigado paso, que os nadadores bordearán deixándoas á súa esquerda.

 

6.- INSCRICIÓNS:
As inscricións poderanse efectuar en Érguete Baixo Miño, ben sexa por teléfono, fax ou correo electrónico en horario de 8 a 15 horas (a partires da publicación deste regulamento ata o 6 de agosto), sendo requisito imprescindible a presentación de calquera documento oficial no que figure a data de nacemento do nadador/a. Así mesmo, os nadadores non federados menores de 18 anos necesitarán autorización da nai/pai para inscribirse.
Nota: A inscrición na travesía supón a aceptación do presente regulamento quedando reservado o dereito de admisión. Os dereitos de inscrición son gratuitos.

 
8.- DESENVOLVEMENTO DA PROBA:
A proba estará controlada polo Comité Galego de Árbitros de Natación, sendo a súa competencia a resolución de calquera cuestión ou recurso que apareza no desenrolo da competición.
Para confirmar a inscirición dos participantes na proba, deberán presentarse no lugar unha hora antes do comezo da mesma. A efectos de identificación cada participante recibirá da organización un gorro numerado (que non deberá quitarse ata a finalización da competición), polo que será necesario acreditar a personalidade con algún documento oficial.
Queda prohibida a utilización de axudas externas como aletas, frotadores, neoprenos e similares.
O remate da proba os participantes recibirán un refrixerio, un bocadillo e unha peza de froita, ademais da posibilidade de darse unha ducha nas instalacións do Clube de Remo Robaleira.
A Travesía contará en materia de seguridade coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, Autoridades Portuarias, Club de Natación Codesal e o Club de Remo Robaleira.


8.- PREMIOS:
                    Trofeos para o 1º, 2º e 3º clasificados de cada categoría.
                    Trofeo aos gañadores absolutos masculino e feminino da travesía.
                    Trofeo para o nadador e nadadora máis xoven e máis veterán que rematen a proba.

 
PARA MÁIS INFORMACIÓN:
Asociación Érguete Baixo Miño
r/ Colón, 20 – 36780 A Guarda (Pontevedra)
Telf./Fax: 986 61 44 07
e-mail: info@erguete.org

web: www.erguete.org