PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

LOCAL

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

NECROLÓXICAS

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

FOTOS LECTORES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRE

ENLACES

 EMPREGO

Predición de MAREAS

*

 
 

 

PORTADA                                                      U.D. LA GUÍA

deportesgaliciasuroeste

Academia FERREIRA (ARSENIOS)

(Desde 1968)

 

PRIMARIA       ESO     BACHARELATO     INGLÉS

RECUPERACIÓNS

 

Rúa Calvario, 44

A GUARDA

Xoves, 29 de xullo de 2010  

 

Venres, 09 de xullo de 2010  

O C.R. Robaleira  consolida a súa posición trala última regata de traíñas

A pasada fin de semán disputouse a 3º regata puntuable da Liga Galega de Traíñas, na que o Club de Remo Robaleira continúa a consolidar a posición, ao situarse no posto da clasificación, nesta ocasión gañándolle a partida a Ares, polo que agora dispón dos mesmos puntos que este clube, e ademais recurtando segundos aos que van por diante, xa que a regata rematárona a só 1” do 8º (Vilaxóan) e a 2” do 7º posto (Perillo), o que supón para Robaleira un posto moi positivo que lles permite sumar puntos moi importantes nunha clasificación tan axustada.

Na regata Robaleira estreaba material, que lle foi cedido por Samertolameu de Meira. Trátase dunha nova traíña Amilibia, máis nova ca anterior, e nova palamenta máis ríxida, cedida polo Club de Remo Vilaxoán.

Robaleira desexa agradecer a todos os clubes a colaboración que lle están brindado e que fai posible que a tripulación guardesa poida estar na competición. Á S.D Samertolameu de Meira, pola anterior traiña e pola nova que agora vén de ceder; ao C.R. Vilaxoán pola nova palamenta, ao C.R. Amegrove polo carro para o transporte e ao C.R. Mecos pola pica prestada fai xa algún tempo. A todos eles danlles as grazas por facer posible que o Club de Remo Robaleira compita na modalidade das traíñas.

O remo guardés ten, próximamente dúas regatas moi emocionantes, polo apretado da clasificación no medio da táboa onde os puntos poden facer bailar as posicións. O sábado, 10 de xullo as 17.30 horas, en Cangas disputarase a XXIII Bandeira concello de Cangas, e o domingo, día 11, ás 11:30 horas a competición estará en Santa Cristina, Perillo, na Coruña, para disputar a XX Bandeira Concello de Oleiros, que se poderá seguir en directo na nova canle "V Televisión".

 

Mércores, 30 de xuño de 2010  

O domingo, día 4, exhibición de patinaxe no paseo marítimo

O día 4, organizado polo Clube A Guarda Hockey liña e Vigoextreme, celebrarase na pista do paseo marítimo o Día do Patín, coa presenza de patinadores de Galicia que farán exhibicións, e talleres relacionados con esta especialidade.

Poderanse coñecer modalidades de patinaxe coma patinaxe street, con es espectaculares saltos e acrobacias utilizando rampas e outros obstáculos; freestyle slalom, modalidade na que os patinadores realizan un slalom nunha liña recta de 20 conos de forma acrobática; hockey líña, modalidade do hockey próximo ao hockey xeo, considerado o deporte de pista máis rápido do mundo.

Ofreceranse varios pases de exhibición e realizaranse talleres nos que todos os interesados que se acheguen con patíns, poderán coñecer os mellores especialistas e recibir os seus consellos.

Este evento, organizado polo Clube A Guarda Hockey liña e Vigoextreme, a través dos seus clubes FSV (Freestyle Slalom Vigo) e Vieja Escuela Soller, contará coa colaboración dos organizadores do CAVIL (Campionato Vigo In Line), campionato decano na patinaxe en liña en Galicia, que se celebrará os vindeiros 17 e 18 de xullo.

 

Luns, 28 de xuño de 2010  

O secretario xeral para o Deporte apoia á S.D. de Remo Rías Baixas na presentación da súa nova tempada

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou o pasado sábado, na Guarda, a aposta da Xunta de Galicia polo remo na presentación da nova tempada da S.D. de Remo Rías Baixas. Lete Lasa lembrou que este equipo recibiu o ano pasado o premio Deporte Galego como mellor conxunto feminino e que foi a Secretaría Xeral a que impulsou a posta en marcha da Liga Feminina Galega en 2009. O secretario xeral avanzou que no vindeiro curso escolar se introducirá o remo como deporte escolar, no que espera que sexa un viveiro para futuros remeiros. “Os deportes de mar son estratéxicos para o Goberno galego”, subliñou.

A traíña Rías Baixas estará integrada na tempada 2010 por 20 remeiras procedentes dos clubes de remo de Meira, Bueu e Cabo de Cruz. Os adestradores do equipo serán Luis Currá, de Meira, e Benigno Silva, de Boiro, que é, ademais, o presidente da entidade. A tempada pasada, a S.D. Rías Baixas gañou a Liga Euskotren, a Liga Galega e, por segundo ano consecutivo, a Bandeira da Concha.

O secretario xeral para o Deporte explicou o calendario de competición e avanzou que a S.D. Rías Baixas participará na Liga Galega Feminina de Traíñas, na Liga Euskotren e na Bandeira da Concha.

 

Xoves, 10 de xuño de 2010  

9 deportistas do Club San Xerome, participarán no Campionato de España de seleccións autonómicas representando a Galicia

9 deportistas do Club San Xerome, xunto co resto dos seleccionados galegos,   desplazaranse a San Fernando (Cádiz), para participar esta fin de semán no Campionato de España de seleccións autonómicas, organizado pola Federación española de deporte para persoas con discapacidade intelectual. (FEDDI).

Participarán  14 autonomías cun total de 471 deportistas, 40 deles representando a Galicia

            Polo que respecta aos deportistas do centro da Guarda, o atleta Javier Portela (O Rosal),  participará nas probas  de 5.000 e 10.000 m; Bruno Estévez (Tui), David Barbosa (Tomiño) e Pablo Martínez  (A Guarda),  formarán parte da Selección galega de fútbol sala; Maite Barros (Goián), Maite Santos (Tomiño), María García (O Rosal), Amparo Ferreira e Rosalía González (A Guarda) competirán coa Selección galega de baloncesto.

            A  representación  guardesa complétase coa  participación do adestrador do Club San Xerome, David Parada Fernández, que será  en Cádiz o adestrador da  Selección galega de baloncesto feminino.

 

Xoves, 3 de xuño de 2010  

Robaleira Campión Galego de Traineiriñas

Esta pasada fin de semán o clube Robaleira voltou de Meira (Moaña) cunha nova bandeira, a bandeira de Campións Galegos en Traineriñas en categoria xuvenil masculina, título que nunca antes fóra acadado por este club neste tipo de embarcacións.

Depois da xornada do sábado onde Robaleira vencía sen moitos apuros, pensando só no domingo, chegou a gran final clasificable para o campionato de España, onde os xuveniles de Robaleira depois dun 1º longo moi axustado, chegando a boia en 2ºlugar por detrás de Vilaxoán, a só 1s, e 3s por diante de Cabo da Cruz, conseguiron remontar chegando a 2º virada 4s por diante de Vilaxoán (2º) e a 6s de Cabo da Cruz (3º). Nos ultimos dous largos aumentaron aínda a vantaxe ata chegar a 9 e 11 ssegundos de Vilaxoán e Cabo da Cruz respectivamente, proclamandose así Campións Galegos, e clasificándose ademais para o Campionato de España da vindeira fin de semán en Vilaxoán (Vilagarcia).

Por outra banda as remeiras que participan co clube de Náutico de Vigo acadaron un moi bo resultado, pois conseguiron o subcampionato galego, quedando 2ª na final só por detrás de Samertolameu de Meira. Así pois, tamén elas estarán cos xuvenís no Campionato da vindeira semá, onde os siareiros esperan que volva a xuntarse unha boa afección para animar ao clube nas derradeiras e máis importantes regatas da tempada de traineriñas.

 

Mércores, 2 de xuño de 2010  

María García Orduna, do Club San Xerome, campiona de España en lanzamento de disco

Esta pasada fin de semana tivo lugar nas Pistas do Estadio da Xuventude en Pontevedra, o  Campionato de España de atletismo organizado pola Federación española  de deportes para personas  con discapacidad intelectual  (FEDDI), que contou coa participación de 53 Clubes de todo o Estado e 307 atletas.

            A  representación  do Club Deportivo San Xerome, obtivo uns  resultados excelentes, conseguindo María García Orduna, de San Miguel de Tabacón (O Rosal), a Medalla de ouro como primeira clasificada na máxima cateoría de competición na especialidade de lanzamento  de disco. Medalla tamén na  máxima categoría  e na mesma especialidade, neste caso como terceiro de España, para o tudense  Mingos Albadalejo Rendo.

Importantísimo tamén  foi o éxito do equipo feminino  da categoría adaptada: Amparo Ferreira Alvarez (A Guarda) e Maite Santos Fernández (Tomiño), obtiveron o primeiro posto  na clasificación por equipos.

            A participación  en diferentes finais do resto dos  compoñentes do Club Deportivo San Xerome veo dada por Borja Cadilla Lomba (A Guarda), Luis Antonio  Sández García (Tui), Javier Portela Vieira (O Rosal) e Francisco Martínez Varela (O Rosal),  que avalan o importante traballo desenvolvido  polos adestradores voluntarios.

 

Martes, 19 de maio de 2010  

El guardés Sergio Rodríguez convocado con la selección gallega absoluta para los II Juegos del Cantábrico

Buenas noticias las que llegan desde A Coruña, puesto que el atleta de a Guarda, Sergio Rodríguez, ha sido convocado por la selección gallega absoluta para la disputa de los II Juegos del Cantábrico, que se celebran el próximo fin de semana en Santander.

El velocista guardés, perteneciente al Club Atletismo Coruña Comarca, correrá los 200 m en Santander, una semana antes, del Campeonato Gallego promesa, que se celebrará el día 30 de mayo en Ferrol

 

 

Sábado, 8 de maio de 2010  

Informa: Víctor M. Alonso

Último partido del Sporting Guardés en casa

El Sporting Guardés seniors juega el domingo contra el Ponteareas, a las cinco de la tarde. Este es el último partido de liga en casa del Guardés, ya que la siguiente semana se desplazan al campo del Candeán.

A falta de dos jornadas, el equipo ya está ascendido a Primera Autonómica, siendo además,  el campeón de liga.

Desde el Club Sporting Guardés queremos aprovechar para  agradecer a todos los socios, aficionados y colaboradores. la gran ayuda prestada durante toda esta temporada.

El resto de categorías juegan los siguientes partidos:

- Juveniles Liga Gallega: Domingo 9 mayo contra el Ourense en el campo de Oira (Ourense)

- Juveniles 2ª Autonómica: Sábado día 8 de mayo a las 11:45 horas en A Sangriña contra O Condado.

- Cadetes Liga Gallega: Domingo día 9 de Mayo en Atios contra el Porriño.

Además, los infantiles empiezan la competición de COPA, y juegan este sábado día 8 de Mayo a las 4 de la tarde en A Sangriña contra el Ribera.

 

Venres, 7 de maio de 2010  

O Pavillón Municipal da Sangriña acollerá este sábado o X Trofeo de Xadrez Concello da Guarda

O club de Xadrez Albatros organiza este sábado, día 8, o X Torneo de Xadrez  Concello da Guarda, para o que xa hai case 200 inscritos, e que se celebrará nesta ocasión no Pavillón Municipal da Sangriña.

Outra das novidades é a inclusión deste evento no Circuíto escolar que promove a Federación Galega de Xadrez (FEGAXA), polo que os seus protagonistas serán todos eles rapaces nas diferentes categorías: Promesas, benxamín,  alevín, Infantil e cadete. Haberá cinco trofeos por categoría para os primeiros clasificados, ademais de sortear entre todos os participantes numerosos premios como balóns, televisor plano e Mp4, entre outros agasallos.

 

Sábado, 1 de maio de 2010  

Informa: Víctor M. Alonso

Partidos del Sporting Guardés para este fin de semana en las distintas categorías

Los seniors se desplazan para jugar contra el Mos, en el campo del Louro, ya que el campo del Mos todavía está en reformas. Partido difícil a priori, ya que el Mos viene de hacer una muy buena vuelta y ocupa el quinto lugar en la tabla. Esperemos sumar algún punto que nos permita mantener el liderato de la clasificación.

Los dos equipos de liga gallega, cadetes y juveniles, juegan en A Sangriña el sábado por la tarde, que además es día festivo, por lo que esperemos que se acerquen bastantes aficionados para ver a estos dos equipos que juegan en la Primera categoría a nivel Regional.

Los juveniles "B" juegan un "derbi" contra el Goián en el campo de O Regatiño.

Por último, los infantiles juegan su último partido de liga ante el Salceda (se trata del partido suspendido por el temporal en el mes de febrero).

Esperemos que el público se acerque al campo para ver jugar a nuestros equipos y animar a los chicos.

 

EQUIPO

DIA/HORA

CONTRARIO

CAMPO

 

 

 

 

SENIORS-   2ªAUTON.

DOM 02 * 17:30h

MOS

Cototorrón- Mos

JUVENIL  GALLEGA

SAB  01 * 18:00h

CALDAS

A SANGRIÑA- A Guarda

JUVENIL    2ª AUTON.

SAB  01 *  16:00h

GOYAN

O Regatiño- Goián

CADETE GALLEGA

SAB 01  *  16:00h

C.D.OURENSE

A SANGRIÑA- A Guarda

INFANTIL   2ª AUTON.

DOM 02  * 11:00h

SALCEDA

A SANGRIÑA- A Guarda

 

 

Sábado, 24 de abril de 2010  

Informa: Víctor M. Alonso

Fin de semana del Sporting Guardés

Los seniors reciben al Nieto, el domingo a las cuatro y media, con el objetivo de lograr sumas tres puntos más, de cara a quedar primeros en la categoría, estando primeros a tres puntos del Chapela, ya que el ascenso de categoría se ha producido con la victoria el domingo pasado, por lo que el Guardés ya es equipo de Primera Autonómica.

Los juveniles de Liga Gallega descansan esta semana, ya que no hay competición.

Los juveniles "B" juegan en casa ante el Mosende, a las cuatro de la tarde y no por la mañana como era habitual.

ºLos cadetes se desplazan a Ourense, para jugar ante el Ponte-Ourense. El club pondrá un autobús gratuito con salida a las tres de la tardes desde la parada del As De Copas para todo aquel que desee acompañar al equipo.

Por último, los infantiles juegan en el difícil campo del Tyde, segundo clasificado, que solamente ha perdido dos partidos en lo que va de temporada.

 

EQUIPO

DIA/HORA

CONTRARIO

CAMPO

 

 

 

 

SENIORS-   2ªAUTON.

DOM 25 * 16:30h

NIETO

A SANGRIÑA- A Guarda

JUVENIL  GALLEGA

         --------

--------

Jornada sin liga

JUVENIL    2ª AUTON.

SAB  24 *  16:00h

MOSENDE

A SANGRIÑA- A Guarda

CADETE GALLEGA

SAB 24  *  17:45h

PONTE-OURENSE

Oira- OURENSE

INFANTIL   2ª AUTON.

SAB 24  *  16:30h

TYDE

Alvarez Durán/2 - TUY

 

 

Venres, 23 de abril de 2010  

Cómo seguir al Mecalia Novás en la fase de ascenso

Informa Flores Lo aficionados y simpatizantes del balonmano tienen esta página web: http://rtvcastellanoleonesa.com/content.php?id=15  para ver los partidos por Internet de la fase de ascenso División de Honor 2 que jugará el Mecalia Novás en el Pabellón Juancho Pérez. Esta fase de ascenso está organizado por el Balonmano Pines Extremadura Badajoz.

La programación, según la página web es:

Fase de Ascenso a División de Honor Plata, desde Badajoz.

Viernes, 23, 18 horas:  Nava Caja Segovia - Mecalia Novas (Galicia)

                    20 horas:  Sant Martí (Barcelona) - Pines Badajoz

Sábado, 24, 17 horas: Nava Caja Segovia - Pines Badajoz

               20 horas: Mecalia Novas - Sant Martí

Domingo, 25 10.30 horas: Nava Caja Segovia - Sant Martí

                      12.30 horas: Pines Badajoz - Mecalia Novas 

            También encontré este enlace que, según parece, lo van a radiar por aquí: http://www.goear.com/listen/157180d/anuncio-promocion-de-la-fase-de-ascenso

 

Venres, 16 de abril de 2010  

El Sporting Guardés podría dejar decidido ya el domingo su regreso a Primera Autonómica

Informa: Víctor Lomba  El primer equipo del Sporting Guardés, que el pasado domingo empató sin goles en el campo del Ribera, vuelve a jugar, el próximo domingo, fuera de casa, esta vez contra el Victoria de Vigo, que ocupa una de las últimas plazas de la clasificación.

No es un partido más, ya que si el Guardés logra la victoria, o incluso si pierde o empata (repitiendo el mismo resultado que logre el Erizana), estará ya en el ascenso matemático a Primera Autonómica, a falta todavía de cuatro jornadas, objetivo marcado por el equipo a principios de la temporada.

 

EQUIPO

DIA/HORA

CONTRARIO

CAMPO

SENIORS-   2ªAUTON.

DOM 18 * 19:00h

VICTORIA

A Bouza - Vigo

JUVENIL  GALLEGA

DOM 18  * 12:00h

COL.APOSTOL

Col. Apostol - Vigo

JUVENIL    2ª AUTON.

SAB  17 *  16:00h

CAÑIZA

Aguas Ferreas- Cañiza

CADETE GALLEGA

SAB 17  *  16:00h

REDONDELA

A SANGRIÑA- A Guarda

INFANTIL   2ª AUTON.

DOM 18  *  11:00h

CAÑIZA

A SANGRIÑA- A Guarda

 

 

Mércores, 14 de abril de 2010  

O Club San Xerome, campión galego 2009 de fútbol sala na categoría absoluta,  participará  no  Campionato de España en Cádiz 2010

O Club San Xerome, recentemente proclamado Campión galego na máxima categoría de competición da Liga galega organizada pola FEGADDI, viaxa a Cádiz como único representante galego da categoría de competición para participar no Campionato de España de fútbol sala organizado pola FEDDI  (Federación española de deportes para personas con discapacidad intelectual).

O Campionato ten lugar  en San Fernando (Cádiz),  do 14 ó 18 do presente mes de abril. Participan 41 equipos de todo o estado español,  cun total  aproximado de 328 xogadores. O outro representante galego, o Rácing Chapela de Vigo, participa na  modalidade adaptada.

Será a primeira participación do Club do Baixo Miño nun Campionato de España de fútbol sala, despois dos bos resultados das últimas edicións  da Liga galega da FEGADDI.

O Club San Xerome compite dende fai  anos nas modalidades de atletismo,  baloncesto, natación e fútbol sala; e a súa subsistencia depende case exclusivamente da colaboración desinteresada dos adestradores voluntarios.

Nesta ocasión viaxan á fronte do equipo os adestradores David Parada e Roberto Martínez, xunto cos xogadores: Bruno Estévez (Tui), David Barbosa (Estás), Mingos Albadalejo (Tui), Manuel Rodríguez (A Guarda), Pablo Martínez (A Guarda) e  os porteiros: Fabio Martínez (Goián) e Enrique Rodríguez (A Guarda).

  

Éxito del Club de Judo Do-majo al lograr siete medallas, dos de ellas de oro

El pasado domingo  se celebró, en Lugo, el Campeonato Gallego Infantil y Cadete de judo en el que participaron ocho judokas del Club de Judo Do-majo, a quienes acompañó su entrenadora Mónica Pacheco y un grupo de aficionados que apoyaron en todo momento a estos jóvenes deportistas.

En categoría infantil:

José Carlos Lorenzo sufrió lo duro de este deporte al no poder competir por no dar el peso en la báscula.

Ana González Sabajanes disputó un gran campeonato al igual que sus compañeros, logrando la medalla de oro.

Erea Rodríguez Martínez, fue medalla de plata.

En la categoría cadete: Nuria Martínez Lomba, Alejandro Pena Peniza, Pablo Marín Marcos y Eric Barceló Rodríguez, lograron la medalla de plata, y

Tecla María Cadilla Acevedo, fue medalla de oro

La participación, pues, ha sido más que sobresaliente dado que de siete competidores los siete fueron finalistas, teniendo el club de judo Do-majo dos campeonas gallegas y cinco subcampeones, lo que demuestra que en A Guarda se forjan los campeones del futuro.

 

Sábado, 10 de abril de 2010  

Balonmano Atlético Guardés

1ª Autonómica Masculina

 

Sábado 10 a las 1800 en O Grove

RASOEIRO BM- PIZZICATA AT. GUARDES

 

Cadete Femenina

Sábado 10 a las 12.00 en A Sangriña

At. Guardés- BM Pabellón Ourense

 

Infantil Femenina

Sábado 10 a las 11.00 en A Sangriña

At. Guardés- BM Pabellón Ourense

 

Martes, 6 de abril de 2010  

Informa: Herme Martínez

O Robaleira logra en Chapela a Bandeira Concello de Redondela

O  pasado sábado celebrouse, en Chapela, a regata de bateis organizada polo Club de Remo de Chapela, na que se disputaba a Bandeira Concello de Redondela.

O Club de Remo Robaleira fixose coa Bandeira que recolleu a tripulación xuvenil fémina fa Guarda formada por Silvia, Ángela, Cristina e Laura, patroneadas por Iván Verde.

Como ironía, a Bandeira Concello da Guarda, organizada polo Club de Remo Robaleira, fora lograda dous días antes polo Club de Remo Chapela.