|
Xoves, 4 de febreiro de 2010 A Deputación subvenciona con máis de 143.000 euros aos concello de Oia e O Rosal A Deputación de Pontevedra aprobou na xunta de goberno celebrada onte sendas subvencións para os concellos de Oia e O Rosal por un importe total de 143.814 euros. As axudas aprobadas corresponden ó Plan de Investimentos que, cunha contía de 70 millóns de euros, a Deputación vén concedendo aos distintos concellos da provincia co criterio de reparto de poboación e territorio. As subvencións que recibirán os concellos mencionados as ascenden a 82.030 euros para o do Rosal, para saneamento dos lugares de Ponte de Carros e Cumieira, e a 61.784 euros para o concello de Oia para construír un depósito de abastecemento de augas en Lourenza.
Mércores, 3 de febreiro de 2010 O paro na comarca creceu un 2,77% e chega aos 5.237 parados O paro da comarca do Baixo Miño situouse o pasado mes de xaneiro nos 5.237 desempregados cun incremento de 141 novos parados con respecto ao mes de decembro, isto é un 2,77% máis. No que respecta ao paro interanual, de xaneiro de 2009 a xaneiro de 2010 o incremento é do 13,26% ao pasar de 4.624 persoas sen emprego ás 5.237 actuais. Por sectores o maior número de parados concéntranse no sector servizos con 2.392 persoas, seguidas da construción con 986 e da industria con 959. Mentres no colectivo sen emprego anterior o número de parados é de 529 persoas, e de 371 na agricultura. Analizando os datos por sexos no Baixo Miño hai 2.466 homes sen traballo e 2.771 mulleres. Por concellos Tui ten un total de 1.761 parados, cun incremento de 8 desempregados con respecto ao mes de xaneiro. En Tomiño o paro ascende a 1.530 persoas, 43 máis que en decembro. No Rosal o número de desempregados é de 677, 36 máis que o mes anterior. Xa na Guarda rexistrouse un incremento de 43 parados máis ata os 919. Por último en Oia o número de parados é de 307 persoas, 11 máis que en decembro. Deste xeito en Tui foi onde menos creceu o paro en xaneiro, con 8 parados novos, e onde máis o fixo foi en Tomiño e na Guarda con 43 novos desempregados. Xa fóra da comarca do Baixo Miño o paro no Porriño ascende a 2.094 persoas, cun incremento de 99 con respecto a decembro. En Salceda o paro acada as 908 persoas, cun descenso de 5 persoas con respecto ao mes anterior. A cifras de paro no Baixo Miño están por baixo da media galega. A nivel comarcal o incremento en xaneiro foi dun 2,77, mentres que en Galicia a suba foi dun 3,94%. A nivel interanual, de xaneiro de 2009 a xaneiro de 2010, no Baixo Miño o paro creceu nun 13,36%, e en Galicia subiu nun 15,06%.
Martes, 2 de febreiro de 2010 Os pescadores do Miño mobilízanse o día 13 O sábado, día 13 de febreiro, ás catro da tarde os pescadores do Miño vanse reunir fronte ao embarcadoiro de Goián para amosar a súa disconformidade porque non se lles teña en conta á hora de tomar decisións sobre o río Miño, cando é un medio que lles atañe. Amais queren expresar deste xeito o seu malestar polo que consideran “unha persecución” que están a sufrir por parte da Policía Marítima de Portugal. Así o explicaba Samuel Martínez Otero, presidente da Asociación de Pescadores do río Miño, na Radio Municipal de Tui. Unha serie de feitos foron os que colmaron o vaso da súa paciencia, xa que consideran que ao ser unha parte implicada no río Miño se lles debe ter en conta e escoitar cando se toman decisións sobre o mesmo coma por exemplo a continuidade da tela para a pesca do meixón que se está a estudar. A isto engaden os problemas que están a ter coa Policía Marítima Portuguesa que está a facer unha “persecución” das embarcacións españolas. A Policía Marítima Portuguesa está a comprobar as artes de pesca que leva cada embarcación, non permitíndolles levar máis dunha e incautándose daquelas que superen esta cifra. Para recuperalas os pescadores contan coa mediación da Comandancia Naval do Miño. Na mobilización do sábado día 13 agardan reunir a 250 embarcacións para amosar que lles preocupa o Miño.
Mércores, 20 de xaneiro de 2010 As mocidades do BNG chaman ao estudantado a secundar a folga xeral no ensino e anuncian que “a loita contra o decreto só rematará cando a Xunta o retire” “Este decreto é unha burla ao pobo galego” así cualificou Iria Aboi, secretaria xeral de Galiza Nova o decreto do galego impulsado polo PP na Xunta de Galicia. “Na actualidade aproximadamente un 20% dos rapaces e rapazas entre 14 e 19 anos son analfabetos funcionais en galego e continúa decaendo o número de falantes de galego entre as xeracións máis novas. A este estado de saúde de por si preocupante únese un elemento aínda máis grave: as medidas regresivas do actual goberno do PP dende os primeiros días da lexislatura no ámbito da lingua, como este decreto”. Galiza Nova, organización xuvenil do BNG, denuncia a pretensión por parte do goberno galego do PP de aprobar un decreto sobre o uso do galego no ensino que é un claro ataque á nosa lingua. Segundo Iria Aboi, “este disparate bautízase como decreto do plurilinguísmo coa intención de tentar confundir á opinión pública con falacias como a implantación do inglés, co único obxecto de darlle unha navallada de morte ao galego reducindo a súa presenza no ensino do 50% ao 30%. Iria Aboi advertiu que “a loita contra o decreto só vai rematar cando a Xunta de Galicia o retire” porque o que está en xogo é se o galego ten dereitos como lingua propia de Galicia ou non. A xente nova está comprometida co futuro da lingua galega, só precisamos tranformar esa defensa do idioma, elemento central da nosa existencia colectiva, en mobilización e resposta social en favor daquilo que nos une e identifica e nos sitúa a galegas e galegos no mundo, en igualdade con outros pobos: a nosa lingua”. As mocidades do BNG non ficarán pasivas perante un goberno que incumpre coa responsabilidade que ten co idioma galego, que debería protexer e fomentar. A responsábel de lingua de Galiza Nova, Noa Presas, declara tamén: “Galiza Nova estase a implicar activamente na mobilización do estudantado cara a folga do día 21 convocada por Queremos galego, trasladando en reunións de delegados e delegadas nos centros de ensino a demanda que aparece no lema do noso material “Nas aulas da Galiza, Queremos Galego””. Galiza Nova agarda que a mobilización do día 21 sexa un éxito e animaron ás mozas e mozos a que ademais de apoiar a folga acudan á manifestación a Compostela. O Responsábel Comarcal, Xosué Campos apuntou que Galiza Nova na comarca está a manter actos nos institutos da zona a fin de explicar as motivacións da folga. Para isto celebráronse asembleas con delegados ou xuntanzas no IES San PAio de Tui e no IES da Sagriña. O Responsábel Comarcal sinalou que as previsións que se manexan na comarca son boas, aínda que se sigue traballando para que a folga sexa masiva. O responsábel comarcal volveu facer un chamamento á mocidade da comarca para que se sume a Queremos Galego e recordou que existen autobuses para trasladarse a Santiago dende O Baixo Miño cos seguintes horarios: ás 9:00h, saída da Alameda da Guard; 9.15h. Parada de autobuses de Goián; 9.20h. Instituto de Tomiño e 9.35h. Corredoira de Tui. Os que o desexen pódense anotar no teléfono: 679 986 290.
Martes, 19 de xaneiro de 2010 O Plan Provincial de Cooperación destina más de 388.000 euros á comarca do Baixo Miño Os concellos das comarcas de Baixo Miño e Val Miñor disporán dun orzamento de 627.369 euros do Plan Provincial de Cooperación (PPC) que xestiona a Deputación de Pontevedra en 2010. Esta liña de axudas, que se aprobará no vindeiro pleno provincial do mes de febreiro, está cofinanciada polo propio ente provincial, polos concellos beneficiarios e por achegas económicas do Ministerio de Administracións Públicas, que este ano 2010, indican desde a Deputación provincial, recortou sensiblemente as súas axudas: 168.000 euros menos que en 2009. Os concellos do Baixo Miño recibirán, as seguintes cantidades: A Guarda, 62.297,03 euros; Oia, 66.348,80 euros; O Rosal, 60.839,53 euros; Tomiño, 98.119,93 euros, e Tui, 94.660,77 euros. O PPC diríxese a calquera tipo de obra de competencia municipal nos concellos de menos de 50.000 habitantes, e a Deputación distribúe os fondos existentes empregando como criterio obxectivo unha porcentaxe do 60% para o peso poboacional do municipio e do 40% para o criterio de superficie. Ademais o Plan Provincial de Cooperación conta, para toda a provincia, cunha partida engadida de 1,4 millóns de euros para acometer obras nas estradas de titularidade provincial que executa directamente a Deputación de Pontevedra en colaboración co MAP, a partes iguais. As obras do PPC irán dirixidas, nos municipios con máis de 5.000 habitantes, a parques e bibliotecas públicas, mercados e tratamentos de residuos; e en áreas de máis de 20.000 habitantes para protección civil, prevención e extinción de incendios, instalacións deportivas e servizos. Non obstante, hai actuacións que se poden realizar a través deste programa en todos os municipios como alumeado público, cemiterios, recollida de residuos, limpeza viaria, abastecemento de auga potable, sumidoiros e pavimentación de vías públicas. As obras incluídas nestes plans selecciónanse a partir das propostas formuladas polos concellos, que teñen de prazo ata o 30 de xaneiro para presentalas, delegando a Deputación nos respectivos concellos a contratación, seguimento e xustificación das obras.
Xoves, 14 de xaneiro de 2010 O martes recolléronse 58,8l/m2 no Aloia e 32,8 en Oia O pasado martes recolléronse 58,8 l/m2 na estación meteorolóxica do Parque Natural do Monte Aloia. Está é a terceira cifra máis alta de choiva recollida dende o pasado mes de outubro. O día de máis choiva foi o 5 de decembro con 89,9 l/m2, seguido do 5 de outubro con 60,6 l/m2. Mentres en cuarto lugar en litros recollidos está o 15 de novembro con 57 litros por metro cadrado. Na outra estación meteorolóxica da comarca situada en Castro Vicaludo en Oia o martes recolléronse 32,8 l/m2. Neste caso esta é a cuarta cifra máis alta de choiva dende o 1 de outubro. O día que rexistra a cifra máis alta en Oia foi o 5 de decembro con 52,9 l/m2, seguido do 5 de outubro con 44,3l/m2 e en terceiro lugar 35,6 l/m2.
Sábado, 9 de xaneiro de 2010 Turismo Rías Baixas realizará a presentación de 25 eventos da provincia de Pontevedra en Fitur Turismo Rías Baixas difundirá 25 eventos da provincia de Pontevedra na Feira Internacional de Turismo Fitur que se celebrará en Madrid entre o 20 e 25 de xaneiro. Segundo informou o responsable do organismo autónomo dependente da Deputación, José Manuel Figueroa. Polo que respecta á comarca do Baixo Miño, no stand de Turismo Rías Baixas estarán presentes, entre outras referencias, o Camiño Portugués pola Costa, a Feira do Viño do Rosal e a Rosca de Xema de A Guarda.
Venres, 8 de xaneiro de 2010 Exposicións no Baixo Miño As exposicións que se pode visitar na comarca do Baixo Miño agora mesmo son, en Tui, hoxe é o último día para disfrutar na Sala de Exposicións Municipal da Área Panorámica da mostra de pintura de Nuria Figueiredo e ata ata o 24 está aberta na Galería de Arte “Trisquel e Medulio”, na rúa Antero Rubín, a Exposición Colectiva de Nadal que se pode visitar de luns a venres de 17 a 21h, e sábados de 11 a 14 e de 18 a 21h. En Tomiño, na Casa de Cultura, permanece aberta até o domingo a exposición do I Concurso de Beléns. Por último pecha na Galería Arte Bronce da Guarda a Exposición colectiva e fondo de obra.
Xoves, 31 de decembro de 2009 Hoxe, última etapa do Camiño Portugués da Costa entre Milladoiro e o Obradoiro Hoxe, 31 de decembro, coa despedida do ano, remata tamén o percorrido simbólico do Camiño de Santiago pola costa no que participaron os alcaldes dos concellos atlánticos polos que discorre este itinerario. Lembremos que o 29 novembro saía a comitiva xacobea desde Viana, onde foron recibidos polo presidente da Cámara e o párroco da “Catedral” de Santa María impartiulles a bendición. A 2ª Etapa, A Guarda Oia, tivo lugar o 12 de decembro. O 13 de decembro o percorrido transcorreu entre Baiona e Nigrán. O domingo pasado completouse a cuarta entapa entre Vigo e Redondela. E hoxe farase o percorrido entre Milladoiro, con saída da igrexa da Magdalena, ata a Catedral, para participar na Misa do Peregrino e poñer un punto e seguido ao Camiño Portugués da Costa. En Santiago os participantes nesta iniciativa asistirán a un xantar de confraternidade e, regresarán aos respectivos puntos de partida.
Mércores, 30 de decembro de 2009 O Baixo Miño ten 787 habitantes máis segundo o INE O Instituto Nacional de Estadística fixo públicas onte as cifras oficiais do Padrón Municipal de Habitantes con data a 1 de xaneiro de 2009. Segundo se desprende dos datos do INE a poboación en Tui a 1 de xaneiro deste ano foi de 17.262 habitantes, cun crecemento de 290 con respecto á mesma data do ano anterior. O maior crecemento da poboación no Baixo Miño no último ano rexistrouse en Tomiño con 333 habitantes máis, que sitúan o seu padrón nos 13.315 veciños e veciñas. No Rosal a poboación a 1 de xaneiro era de 6.570 habitantes, 108 máis que o ano anterior. Por último na Guarda o incremento é de 21 veciños e veciñas até as 10.425 persoas empadroadas. A nivel comarca a poboación no Baixo Miño creceu no último ano en 787 habitantes até situarse nos 50.799. Repasamos tamén os datos de Salceda e do Porriño onde o incremento foi superior os 300 habitantes. Así en Salceda teñen segundo os datos do INE 8.289 habitantes, 351 máis que en 2008, e no Porriño rexistrouse un incremento de 361 persoas até chegar aos 17.475 empadroados.
Mércores, 23 de decembro de 2009 A lotería non deixa ningún gran premio no Baixo Miño Ningún dos grandes premios do Sorteo Extraordinario do Nadal que se celebrou onte á mañá recalou na comarca do Baixo Miño. Ningunha das cinco administracións da comarca tivo a sorte de repartir algúns destes premios, pero agardan que coma menos os seus números sexa agraciados pola pedreas, senón a ilusión sempre queda para o Sorteo Extraordinario do Neno. Aínda que non houbo grandes premios cando menos si houbo oco para as terminacións dalgúns deses número. En Tui a administración de Loterías nº1 na rúa Casal Aboy vendía a terminación do Gordo, o 94, vendido a asociacións en ventanilla. Mentres na administracións nº2 do Paseo da Corredoira e na nº3 do Centro Comercial Haley repartiron 400 mil euros na terminación do terceiro premio o 04, levándose os agraciados 6 euros por euro xogado. Segundo informaban dende estas administracións a sorte neste caso estivo moi repartida nas rifas de ACITUI, en San Bartolomé, nas Festas da Rocha, na Magdalena de Ribadelouro, e tamén en Tomiño en varias cafeterías de Carregal, Figueiró e o centro de Tomiño. Amais estes números vendéronse tamén en ventanilla. Na Administración de Loterías da Guarda repartiron a terminación do segundo premio o 52 sobre todo en ventanilla e na Cafetería Avenida. Mentres na Administración de Loterías do Rosal venderon unha serie completa do 27.004, que é terminación do terceiro premio co que reparten 234 mil euros. Agora resta agardar o que nos deixa a pedrea.
Martes, 22 de decembro de 2009 A intensa choiva deixa inundacións en Tui e Tomiño Tarde complicada onte na comarca do Baixo Miño, principalmente en Tui e Tomiño, pola intensidade da choiva caída a primeira hora. En Tui a Ponte de Magnolia permanece cortada polas obras que na mesma se están a realizar para tentar solucionar os embolsamentos de auga que se producen cada vez que chove e que tiveron este vial cortado dende a 1.30 da madrugada do domingo ao luns. Tamén a auga anegaba a parte baixa da Ponte da Guía, debaixo da autoestrada, segundo o 112 pasadas as catro da tarde de onte. Estas foron só dúas da múltiples inundacións rexistradas. En Tomiño unha das principais incidencias rexistrouse a altura de Figueiró onde a estrada que une Tui e a Guarda estivo practicamente anegada.
Sábado, 12 de decembro de 2009 Xornada Formativa Práctica de Viticultura no Rosal 60 viticultores das comarcas do Morrazo, Pontevedra e O Rosal asisitirán a experiencias de poda e conducción de viñedos en Goián e O Rosal hoxe, sábado, dende a 9.30 horas nos viñedos de Joaquin Alvarez Fernandez “QUIN” e na Finca das Eiras da Adega Terras Gauda, no Rosal, ás 12.30 horas. Nos viñedos mencionados faranse as prácticas de poda, conducción e atado de videiras. As experiencias prácticas van ser impartidas polo Responsable da Area de Viticultura da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), o enxeñeiro Francisco Rego Martínez. Esta actividade práctica esta englobada nos ciclos formativos de viticultura da CIG a tráves de FORGA e en colaboración coa Asociación Galega de Viticultura (AGV) que está integrada na Federación Rural Galega (FRUGA).
Los ayuntamientos del Baixo Miño recibirán casi 600.000 euros de los fondos del Convenio entre el Ministerio de Medio Ambiente y la Xunta de Galicia, de los que el Gobierno de Zapatero financia casi el 70% El secretario de Organización Provincial del PSdeG-PSOE de Pontevedra y diputado por Pontevedra en el Congreso, Luis Gómez Piña, destaca que los ayuntamientos de la comarca recibirán 587.795,03 euros para mejorar diversas infraestructuras viarias y de saneamiento en virtud de un Convenio de colaboración en materia de desarrollo rural entre el Ministerio de Medio Ambiente y la Xunta de Galicia. El importe total de este Convenio, centrado en dotar de accesibilidad a un amplio conjunto de concellos gallegos, alcanza los 27 millones de euros, 18 de los cuales son aportados por el Ministerio de Medio Ambiente, Rural y Marino, es decir, que el Gobierno Central aporta más de un 66% del total. Piña resalta “el compromiso del Ministerio con el desarrollo rural”, recordando que el año pasado el Ministerio de Espinosa firmó un Convenio similar con la Xunta de Galicia con el que el Gobierno del Estado financió otros 15 millones de euros, e incide en que hace dos días Espinosa firmó en Galicia un nuevo Convenio con la Xunta de Galicia con una inversión conjunta de 17 millones de euros para la puesta en marcha de un programa piloto de desarrollo rural sostenible. El diputado señala que, del Convenio de 27 millones, el Baixo Miño recibe casi 600.000 euros, lo que permitirá abordar diferentes obras de mejora de infraestructuras en todos los ayuntamientos de la comarca. Añade el diputaco socialista que este Convenio contribuirá a paliar las deficiencias que determinadas zonas rurales presentan respecto a la dotación, conservación y mejora de servicios básicos elementales, como caminos agrícolas y pistas de titularidad municipal, dado que el alto grado de fragmentación parcelaria y de dispersión poblacional suponen un importante desembolso para las administraciones locales. Sobre este punto, recuerda que fue la Xunta de Emilio Pérez Touriño quien estableció el Programa Estratégico de Infraestructuras en el Medio Rural 2006-2009 que permitió estos convenios. Considera, además, que “estas obras contribuirán a una mayor cohesión social en la comarca en la medida en que inciden en una mayor equiparación de las condiciones de vida de las personas, independientemente de la zona en la que residan”. Asimismo el secretario de Organización Provincial del PSdeG-PSOE, sostiene que “al prestar especial atención a dotar de accesibilidad a los concellos rurales, este Convenio contribuye a mejorar la calidad de vida de la población que reside en las zonas rurales, lo que a su vez puede permitir fijar población en las mismas y a impulsar su desarrollo”. El diputado socialista apunta que el Ministerio, que aporta más del 66% de los fondos del Convenio, transferirá a la Xunta de Galicia los fondos que le corresponden para la ejecución de las obras durante 2010. Para el diputado, el nuevo Convenio se convierte además en instrumento de apoyo para el logro de las prioridades que contempla la Ley para el Desarrollo Sostenible de Medio Rural en cuya implementación colaboran la Xunta y el Gobierno Socialista de Madrid. Las obras que en virtud de este nuevo Convenio se realizarán en el Baixo Miño, por ayuntamientos, son las siguientes:
Venres, 11 de decembro de 2009 Operación Quilo de SOS Tomiño A Asociación Asistencia SOS Tomiño ten en marcha dúas Operacións Quilo no Baixo Miño co obxectivo de recadar alimentos para as persoas máis desfavorecidas. Este venres e o sábado de 10 da mañá a 10 da noite van desenvolver unha das Operacións Quilo no Haley de Tui. As persoas que desexen colaborar ponde deixar alimentos non perecedeiros nos lugares sinalizados dentro do recinto. Mentres o venres 18 e o sábado 19 farán outra operación Quilo no Froiz de Tomiño no horario de apertura deste supermercado. Na actualidade SOS Tomiño axuda a máis de 130 persoas desfavorecidas, das que de 38 son nenos ou mozos e mozas.
Venres, 4 de decembro de 2009 A Xunta de Galicia recupera o trazado do 2004 para o treito II da VAC-Tui-A Guarda e traballa para modificar o proxecto co fin de minimizar o impacto social e paisaxístico
A Xunta de Galicia recupera para o treito II, PO-305-Enlace de Goián, da Vía de Alta Capacidade Tui-A Guarda o trazado do ano 2004 e está a traballar para modificar o proxecto co fin de minimizar o impacto da construción desta infraestrutura. Para elo, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas reserva un partida de 6,4 millóns de euros para a vía de alta capacidade Tui-A Guarda nos orzamentos previstos para o ano 2010. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou o pasado martes, día 1, o anuncio polo que se revoga a tramitación do trazado deseñado polo bipartito. Así, prodecerase á redacción dun novo documento técnico do citado treito II, documento no que se levará a cabo un estudo comparativo de alternativas de trazado. O proxecto construtivo da VAC Tui-A Guarda, (incluído enlace da autovía a Portugal), está conformado por 3 treitos, un deles agrupa dúas fases nunha única actuación. Concretamente, o treito I: Tui-Tomiño: (enlace A-55)-enlace PO-350, está adxudicado á UTE Acciona Infraestruturas, S.A.-COPASA cun orzamento de 27,7 millóns de euros e conta cun prazo de execución de 32 meses. Os cambios En canto ao treito II: PO-305-Enlace de Goián retomarase o trazado deseñado no ano 2004, xa que se considera que é o que menos impacto social e paisaxístico produce, o que vertebra mellor o territorio e o único que conta con Declaración de Impacto Ambiental, documento que non sufrirá cambios con esta decisión. Este tramo terá unha lonxitude de 10,5 quilómetros, disporá de dous carrís para cada sentido de circulación de 3,5 m cada un, unha berma interior de 1,5 m e unha exterior de 2,5 m de ancho. Cómpre sinalar que o departamento dirixido por Agustín Hernández está a traballar na realización duns axustes necesarios, co fin de conseguir mellorar o trazado e minimizar aínda máis os impactos. Segundo o calendario fixado polo Goberno galego é preciso proceder a contratación e redacción do proxecto de trazado e construción, para que as obras comecen no ano 2011, pudendo quedar rematadas a finais de 2013 ou inicios do 2014. No caso do tramo III: Goián-A Guarda, unha lonxitude de 10,146 quilómetros, este foi adxudicado en xaneiro deste ano á UTE FFC-ALTLÁNTICA, cun prazo de execución de 23 meses. As obras xa están iniciadas polo que poderán quedar rematadas a finais de 2011. Por último, a Variante da Guarda atópase na fase de Estudo Informativo e posterior aprobación definitiva do Estudo Informativo. O seguinte paso, procederase a licitar a redacción do proxecto de trazado e construción. Á vista destas fases, as obras comezarán a finais de 2011. En definitiva, a previsión da Xunta é que estea operativa antes de que remate a lexislatura, xa que para o Goberno galego esta infraestrutura ten unha importancia vital para a vertebración económica de Galicia e a comunicación entre Galicia e Portugal, polo que estas circunstancias obrigan a unha inmediata actuación, co fin de dotar esta zona das comunicacións viarias que demanda a área do Baixo Miño. Ao seu remate, converterase no gran eixo vertebrador e de comunicación da comarca do Baixo Miño. Ademais, representará unha mellora importante na calidade de vida e a seguridade vial dos máis de 46.000 habitantes dos concellos de Tui, Tomiño, O Rosal e A Guarda.
Informa Beti Rey O Baixo Miño ten 4.826 parados, 122 máis que en outubro e 680 máis que hai un ano O Baixo Miño rexistrou o pasado mes de novembro un total de 4.826 parados. Deste total 1.726 pertencen ao concello de Tui, 1.406 a Tomiño, 820 á Guarda, 594 ao Rosal e 280 ao concello de Oia. Do total de desempregados na comarca 657 son menores de 25 anos, e 4.169 maiores desta idade. Con respecto ao mes anterior o paro subiu no Baixo Miño en 122 persoas. O paro creceu en 53 desempregados en Tui, 30 en Tomiño, 25 no Rosal, 10 na Guarda e en Oia hai 4 parados máis. Xa no que se refire ao paro por sectores a nivel comarcal 2.201 parados pertencen ao sector servizos. En segundo lugar en número de desempregados está a industria con 885 parados, seguido pola construción con 881. O colectivo sen emprego anterior suma 526 persoas, mentres que na agricultura e pesca o número de desempregados é de 333. Con respecto a novembro de 2008 o paro aumentou na comarca do Baixo Miño en 680 persoas.
Xoves, 3 de decembro de 2009 O Baixo Miño recibirá 521.317 euros do plan de mellora dos accesos ás explotacións vitivinícolas
Presidido polo Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez presentou no Rosal o plan global de infraestruturas que, cun orzamento de tres millóns de euros, contempla obras de acondicionamento, asfaltado e limpeza de cunetas, en colaboración cos concellos, para a mellora dos accesos ás explotacións vitivinícolas da Denominación de Oirxe Rías Baixas. Na súa comparecencia, Samuel Juárez estivo acompañado polo delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís, e o director Xeral de Desenvolvemento sostible, Antonio Crespo Igrexas, ademais dos alcaldes ou representantes dos concellos do Rosal, Tomiño, Tui, Salceda de Caselas, Soutomaior, As Neves e Ponteareas, xunto cos adegueiros rosaleiros. Para o desenvolvemento destas obras que se executarán en 2010 é necesaria a implicación dos concellos que, segundo explicou o conselleiro, son coñecedores das necesidades locais, polo que será eles os que determinen que actuacións se incluirán no plan, para posteriormente asinar os correspondentes convenios de colaboración coa Consellería de Medio Rural que se encargará da contratación e execución das obras. Na repartición das axudas, o 80 por cento terá como baremo a superficie municipal; o 10 por cento, será en función do número de adegas, e o 10 por cento restante é un elemento corrector dos municipios que vaian recibir unha menor cantidade. No Baixo Miño será Tomiño o municipio máis beneficiado con 279.810 euros; O Rosal recibirá 183.250 euros, e Tui terá unha axuda de 58.257 euros.
Luns, 22 de novembro de 2009 O BNG reclama un incremento de máis de 6 millóns de euros nos Orzamentos da Xunta para investimentos fundamentais no Baixo Miño
O BNG vén de rexistrar no Parlamento Galego unha serie de emendas aos Orzamentos da Xunta de Galiza para 2010 para que as partidas que se destinan ao Baixo Miño se incrementen en máis de 6 millóns de euros. Con esta iniciativa pretende evitar que a comarca sexa marxinada nuns orzamentos que, como declararon a deputada Carme Adán e o responsábel Comarcal do BNG, Xosé Manuel Méndez, “son claramente discriminatorios para o Baixo Miño e mesmo paralizan proxectos que xa estaban en marcha en varios concellos da comarca”. En concreto, o BNG reclama que a Xunta inclúa nos orzamentos actuacións básicas para o desenvolvemento económico da comarca como o Parque Empresarial de Tomiño, un proxecto que xa recibira un forte impulso na anterior lexislatura grazas á xestión da Consellería de Vivenda e Solo. Trátase dunha infraestructura indispensábel pola gran demanda existente de solo industrial e que axudaría en boa medida a revitalizar económica e laboralmente o Baixo Miño. Do mesmo xeito os nacionalistas reclaman un investimento de un millón de euros para iniciar a construcción do Dique Sur Exterior de Abrigo na Guarda, investimento que consideran clave para o futuro da frota de baixura. O BNG reclama tamén para o porto da Guarda un investimento de 100.000 euros para a instalación de bombas de subministro de combustíbel por seren un servizo imprescindíbel para o normal desenvolvemento da actividade pesqueira, e 70.000 euros destinados á embarcación de Salvamento Marítimo. Outra das emendas presentadas polo BNG reclama unha partida de 3 millóns de euros para a construcción do Centro de Saúde de Tui, unha promesa electoral do Partido Popular e que agora pretenden entregar á empresa privada, feito que o BNG considera inadmisíbel. O BNG defende que servizos tan elementais como a sanidade deben manter unha xestión completamente pública, máxime cando a privatización ten demostrado supor un claro deterioro da calidade na atención sanitaria. Asemade, demándase o mantemento das oficinas de Igualdade máis Benestar que dan servizo á comarca pola súa importancia para atender os casos de violencia de xénero e para implantar políticas de igualdade. Outras partidas Entre outros investimentos os nacionalistas tamén solicitan que a Xunta acometa o Plan Especial do Monte Tegra, xa aprobado na anterior lexislatura e que servirá para poñer en valor un dos maiores atractivos turísticos e culturais de Galicia co beneficio que isto supón para o desenvolvemento económico e laboral da zona. Na mesma liña e seguindo o mesmo criterio o BNG reclama 600.000 euros para o Plan de Rehabilitación do casco histórico de Tui. Ademais, o BNG reclama a remodelación do Mercado de Abastos da Guarda, para o que solicita un investimento de 200.000 €, e a construcción da piscina municipal de Tomiño, unha obra incluída no Plano de Infraestruturas Deportivas e que estaba comprometida polo anterior Goberno Bipartito.
Xoves, 19 de novembro de 2009 Lembrando para non esquecer: IV Xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño, do 19 ao 24 de novembro de 2009 A Comisión Cidadá pola verdade do 36 organiza as IV Xornadas sobre a represión franquista no Baixo miño. Dende 2006 este colectivo vén traballando nesta actividade que xunta a persoas interesadas en coñecer máis sobre o período histórico que abrangue a II República e o franquismo. A Comisión Cidadá pola Verdade do 36 naceu no ano 1996 e ten feito diferentes actividades durante estes anos, dende a presentación do libro de Antón Alonso Ríos “O siñor Afranio” ata a inauguración do monumento ás persoas que sufriron a represión feito por Silverio Rivas na Alameda de Tui, pasando por mocións nos concellos do Baixo Miño onde se instaba á retirada dos símbolos franquistas. O programa destas xornadas, nas que se chega por primeira vez a Oia e ao Rosal, é o que segue: Xoves 19- 20 horas Charla-coloquio: “A II República no Rosal”, con Moncho Fernández Leal. Centro Multiusos do Eosal Falarase da vida social na II República baseandose no estudo das actas municipais e as copias do periódico republicano guardés “El Nuevo Heraldo”. Aportaranse documentos gráficos que lembran aquela época. Venres 20- 20 horas Charla-coloquio: ”A represión franquista en Oia. O campo de concentración do mosteiro”, con Carlos Méixome. Casa da Cultura de Oia. O investigador do Instituto de Estudos Miñoranos Carlos Méixome aportará os estudos que ten feito sobre a represión na comarca. O campo de concentración de Oia é moi pouco coñecido entre os documentos que se estudaron historicamente. Sábado 21- 20 horas Proxección de “Afranio”, filme dirixido por Vítor Coyote, sobre a fuxida de Antón Alonso Ríos. Centro Cultural da A Guarda. Coa presenza do diretor da película, proxectarase este filme que xa foi exhibido nas Xornadas do ano pasado con grande asistencia de público. Narra un dos feitos máis salientabeis da hsitoria da resistencia antifranquista, coma foi a fuxida do deputado agrarista Antón Alonso Ríos, co disfrace de mendicante e que percorreu os montes e os pobos do Baixo Miño perseguido polo fascismo. Martes 24- 20 horas Charla-coloquio: “A figura de Brasilino Álvarez arredor da República”, con Isaac González González. Centro Cultural da A Guarda. Brasilino foi o derradeiro alcalde da II República na Guarda. A súa figura, rica en variados matices, resulta moi interesante e invita á reflexión sobre ese período imprescindíbel no estudo histórico do noso país. A seguir, proxección do documental “Es esa foto”, de Álvaro Peralta Techera, sobre a investigación da desaparición dun mozo na ditadura uruguaia. Contarase coa presenza do diretor do filme.
Mércores, 18 de novembro de 2009 IV Xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño A Comisión pola Verdade do 36 no Baixo Miño organiza as IV Xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño tituladas “Lembrando para non esquecer” dende este xoves 19 de novembro, até o martes día 24. A actividade comeza mañá xoves no Centro Multiusos do Rosal ás oito da tarde cunha charla coloquio sobre “A II República no Rosal” a cargo de Moncho Fernández Leal. O venres a actividade trasládase ata Oia onde na Casa da Cultura ás 20h haberá unha nova charla coloquio sobre “A represión franquista en Oia. O campo de concentración do mosteiro”. O poñente será Carlos Méixome. O sábado ás 20h o Centro Cultural da Guarda acollerá a proxección do filme “Afranio” dirixido por Víctor Coyote que narra a fuxida de Antón Alonso Ríos. Por último o martes 24 ás 20h de novo no Centro Cultural da Guarda péchanse estas xornadas. Será cunha charla coloquio sobre “A figura de Brasilino Álvarez arredor da República” a cargo de Isaac González González. Logo proxectarase o documental “Es esa foto” de Álvaro Peralta Techera que estará presente no pase. Este filme recolle a investigación da desaparición dun mozo na ditadura uruguaia.
Venres, 13 de novembro de 2009 O delegado territorial visita varios centros educativos do Baixo Miño para comprobar as melloras executadas O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado do xefe territorial de Educación, César Augusto Pérez, visitou nas últimas horas varios centros educativos da comarca do Baixo Miño onde se están a levar a cabo importantes inversións para a mellora dos mesmos. Deste xeito, no concello do Rosal, o delegado territorial puido comprobar a mellora do CEIP Manuel Suárez Marquier, onde se investiron 247.000 euros para o cambio das estruturas de carpintería exterior “o que, segundo nos trasladou a súa directora, supuxo un importante aforro en canto a cuestións coma a calefacción”, asegurou José Manuel Cores Tourís. “Cabe destacar”, continuou o responsable autonómico, “a colaboración do concello nesta reforma xa que aportou os fondos para o pintado do interior do centro e a mellora dos patios exteriores”. Pola súa banda, o xefe territorial, César Pérez, tamén destacou o interese da Consellería de Educación pola posible ampliación do Colexio Rural Agrupado deste municipio, “xa que non é de recibo que os nenos estean a ocupar un aula da Galiña Azul e non teñan un aula propia no CRA”. Este punto será agora estudado polo departamento autonómico de cara á posta en marcha dun proxecto que permita a ampliación deste centro. Posteriormente, os responsables da Delegación Territorial tamén visitaron o IES da Sangriña na Guarda, onde se vai facer un investimento inmediato de 25.000 euros para a instalación eléctrica, “especialmente dirixida a mellorar os actuais obradoiros de F.P.”, explicou César Pérez. Finalmente, tamén destacou José Manuel Cores Tourís o investimento que se levou a cabo no CEIP Pintor Antonio Fernández de Goián, en Tomiño, ao que se destinaron 60.000 euros para a reforma dos baños e a supresión de barreiras arquitectónicas. “Esto permitiu que se puidese integrar a unha nena con minusvalía física, facilitándoselle tamén unha coidadora e transporte ata o centro. Para nós esta é, especialmente, unha moi boa nova”.
Martes, 10 de novembro de 2009 A Comisión Comarcal da Muller no Baixo Miño presentou os actos que celebrará en toda a comarca con motivo do 25 de novembro de 2009 A Comisión Comarcal da Muller no Baixo Miño presentou onte as súas compoñentes e os actos que, con motivo do 25 de novembro de 2009, Día internacional contra a violencia de xénero, van celebrar en toda comarca. A Comisión está formada polas seguintes Responsábeis locais dos diferentes concellos: Ofelia Chicote de Miguel de Tui, Hermelinda Granada Diogo de Tomiño, Noemi Baz Rodríguez do Rosal, Hortensia García Díaz da Guarda e Mª Fe González Pérez de Oia. A Comisión, ademais, está composta pola Responsable da Muller de Galiza Nova, Carmen Mª Baz Alonso e pola Responsable Comarcal da Muller, Carme Verde Diego. Os actos serán abertos a todo o mundo e neles, presentaranse as preocupacións do BNG respecto da violencia de xénero e proxectaranse diferentes curtas aportadas pola Axencia Galega do Audiovisual como “Tirapuxa” (1996), “Meniñas” ou “Amelia e as Sereas” (2006). Os actos que se celebrarán en cada Concello pretenden concienciar á poboación de que aínda que se teñen feito grandes avances na antiga lexislatura en Galiza coa aprobación dunha Lei específica para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero (Lei 11/2007) e coa apertura dos recursos sociais a todas as mulleres con independencia de que conten cunha orde de protección ou non, aínda queda moito por facer para erradicar a violencia, a discriminación e a subordinación das mulleres e para acadar unha sociedade igualitaria. Desde o BNG, especialmente desde a Comisión da Muller do BNG, seguirase loitando para que a Lei 11/2007 desenvolva todas as súas potencialidades como a creación do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, a posta en marcha do Centro de Recuperación Integral ou a garantía do dereito das mulleres víctimas de violencia a recibir atención psicolóxica no ámbito sanitario público. Pedirase ademais, a través de Mocións nos concellos da Comarca e destes actos, que se realicen de xeito institucional campañas periódicas de sensibilización contra a violencia de xénero e instaremos a que se lles ofreza formación á totalidade das e dos profesionais en ámbitos relacionados directa ou indirectamente coa violencia de xénero. A Comisión Comarcal da Muller no Baixo Miño invita a todas aquelas persoas as que lle preocupe a violencia de xénero a que participen destas actividades, nomeadamente fai un chamamento as diferentes asociacións de mulleres do Baixo Miño, as mulleres que traballan en contacto con outras mulleres nos centros de saúde, nos centros sociais, nos servicios sociais, en definitiva a todas as mulleres que de xeito directo ou indirecto teñan contacto cos problemas que provoca a violencia de xénero. Invita ademais a todos os homes e a todas as mulleres ben nacidos que entenden que os conflictos deben resolverse sen violencia e sen agresións. Estes son os primeiros actos dunha serie que continuarán todos os meses en toda a comarca ate a celebración do 8 de marzo de 2010, Día internacional da muller. Nestes actos iranse abordando diferentes cuestións que preocupan a Comisión Comarcal da Muller do BNG no Baixo Miño como a reforma da Lei estatal contra a violencia de xénero, a conciliación da vida persoal-familiar e laboral e a supresión de servizos de igualdade na Comarca.
Sábado, 7 de novembro de 2009 A Comisión Comarcal da Muller do BNG realizará actos nos cinco concellos co gallo do 25-N A Comisión Comarcal da Muller do BNG no Baixo Miño vai desenvolver ao longo do presente mes de novembro unha serie de actos en todos os concellos da comarca para conmemorar o 25 de novembro, o Día Internacional contra a violencia de xénero. As responsables desta Comisión presentaron onte estas actividades en rolda de prensa. Compareceron ante os medios Carmen Verde responsable comarcal, Ofelia Chicote, responsable de Tui, Hermelinda Granada de Tomiño e Hortensia García da Guarda, non podendo acudir por problemas laborais a responsable de Oia, Mª Fe González, a do Rosal, Noemí Baz, e a de Galiza Nova, Carmen Mª Baz. Cada unha delas explicou os actos que se van desenvolver en cada municipio, o primeiro terá lugar o venres 13 na Guarda, logo o mércores 18 no Rosal, o sábado 21 en Oia, martes 24 en Tui e por último o domingo 29 en Tomiño. As curtametraxes que se van proxectar son “Tirapuxa” de 1996 cunha duración de 5 minutos, “Amelia e as sereas” de 2006 e “Meniña” de 2006, ambas cunha duración de 15 minutos. Carme Verde sinalou que os obxectivos destas actividades son concienciar á poboación sobre a violencia de xénero, e informar dos recursos que existen, indicando que “aínda queda moito por facer para erradicar a violencia”, coma desenvolver ao completo a Lei 11/2007. Apuntaba amais que presentarán nos concellos unha serie de mocións demandando que se realicen campaña de sensibilización sobre a violencia de xénero. E convidaba ás mulleres e aos interesados a acudir aos actos programados. Por último a responsable Comarcal da Muller do BNG avanzaba que os actos da Comisión non rematan o 25 de novembro senón que continuarán até o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.
Xoves, 5 de novembro de 2009 O paro subiu no Baixo Miño en 377 persoas. Rómpese o descenso consecutivo de seis meses O paro na comarca do Baixo Miño acadou o pasado mes de outubro a cifra de 4.704 persoas cun incremento de 377 novos desempregados con respecto ao mes anterior. Con esta suba rómpese a tendencia á baixa rexistrada dende o pasado mes de abril, cando a cifra de desempregados na comarca baixaba cada mes. Por concellos o paro subiu nos cinco municipios da comarca. Onde máis o fixo foi na Guarda con 115 novos desempregados, seguido de Tui con 105 novos parados, en Tomiño hai 86 novos desempregados, 40 no Rosal e 31 en Oia. Deste xeito a cifra de desemprego en cada concello do Baixo Miño é a seguinte: Tui ten 1.673 parados, Tomiño segundo os datos da Consellería de Traballo ten 1.376 desempregados. Esta cifra no Rosal acada as 569 persoas, na Guarda son 810 desempregados, e por último en Oia hai 276 parados. Con estes datos, e logo dos sucesivos descenso durante seis meses, as cifras de paro no Baixo Miño están en niveis similares aos rexistrados o pasado mes de xaneiro.
Martes, 3 de novembro de 2009 O BNG demanda 5,6 millóns de euros máis nos orzamentos xerais do estado 2010 para a comarca do Baixo Miño A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, salienta nun comunicado as emendas que os nacionalistas galegos presentaron aos Orzamentos Xerais do Estado 2010 para a comarca do Baixo Miño. En total, o BNG demanda 5,6 millóns de euros máis para esta comarca. Hoxe comeza no Congreso dos Deputados, e ata o xoves, o debate e votación na Comisión de Orzamentos das emendas presentadas aos Orzamentos do Estado. Os parlamentares galegos rexistraron distintas propostas para mellorar as partidas para a comarca do Baixo Miño. entre os proxectos para os que solicitan partidas salientan a petición de 3 millóns de euros para o Convenio co concello de Tomiño para o saneamento do municipio; 1,7 millóns para o Convenio co concello de Tomiño para a recuperación do entorno da fortaleza de San Lourenzo, e 900.000 euros para a limpeza e dragaxe da desembocadura do Miño.
Venres, 30 de outubro de 2009 Deputación e Associaçâo de municípios do Vale do Miño promoven redes de cooperación transfronteirizas a través de Uniminho A Deputación de Pontevedra e a Associação de Municípios do Vale do Minho, a través da asociación transfronteiriza Uniminho, desenvolveu onte, na Área Panorámica de Tui, unha Mesa Redonda baixo o lema “Emprendedorismo e Desenvolvemento Local” co obxectivo de debater o apoio a emprendedores na área Unimiño, así como presentar instrumentos e metodoloxías de soporte ao emprendedorismo. Desta forma, preténdese establecer sinerxías no territorio que contribúan á aparición de novos espazos de cohesión, de cara ao desenvolvemento de proxectos de cooperación a presentar na próxima convocatoria do POCTEP, así como crear e coordinar unha rede de cooperación no Val do Miño Transfronteirizo envolvendo o tecido institucional do espazo Unimiño. As principal conclusión desta primeira xornada celebrada foi o establecemento dunha rede de intercambio metodolóxico que se materializará a través da páxina web da entidade Uniminho e que estará formada polos asistentes a esta mesa de traballo. Esta iniciativa quedou establecida considerando que o emprendedorismo é unha actividade estratéxica e un obxectivo importante para o desenvolvemento local da zona do Val do Miño e que existen diversas estruturas e profesionais a traballar na promoción da creación de empresas. Deste xeito, a Deputación de Pontevedra colabora no apoio á mobilidade de emprendedores en toda a área do Miño e na busca de solucións dende unha perspectiva europea e transfronteiriza que supere bloqueos históricos. Resalta tamén a próxima realización doutra Mesa Redonda “Políticas de Apoio ao Desenvolvemento Rural” que terá lugar, o próximo dia 4 de novembro, na sede da entidade Uniminho, en Valença do Minho, que pretende tamén dinamizar unha rede de cooperación de desenvolvemento rural no territorio do Val do Miño Transfronteirizo.
Mércores, 28 de outubro de 2009 O novo Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local investirá 5,4 millóns de euros no Baixo Miño O delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, acompañado polo subdelegado do Goberno na Coruña, José Manuel Pouse, mantivo onte unha reunión de traballo cos integrantes da Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), entidade que preside Carlos Fernández. Nela, explicoulles os pormenores do Real Decreto-Lei polo que se crea o novo Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local, dotado con 5.000 millóns de euros, que se desenvolverá ao longo do ano 2010 e que estará xestionado polo Ministerio de Política Territorial. Louro Goyanes trasladoulles que a estimación inicial realizada apunta a que este novo programa permitirá crear en Galicia máis de 12.000 empregos e tamén destacou que o investimento total nos 315 concellos da comunidade autónoma ascende a 300.989.140 euros. Esta iniciativa foi aprobada o pasado venres polo Consello de Ministros e publicada onte no Boletín Oficial do Estado. Enmárcase no conxunto de medidas do Goberno para impulsar a recuperación económica e a creación de emprego, así como para canalizar o modelo económico cara a un patrón de maior sustentabilidade. O novo Fondo financiará investimentos de execución inmediata por parte das corporacións locais, prioritariamente proxectos de desenvolvemento sustentable nas súas vertentes ambiental e de apoio á innovación económica e social. A repartición deste fondo faise en función da poboación de cada municipio. Antón Louro explicou que unha das principais novidades do decreto estriba no financiamento dos gastos correntes que ocasione a prestación dos servizos sociais de competencia municipal, principalmente os relacionados co ámbito da educación e a atención ás persoas en situación de dependencia. A este fin, os concellos poderán destinar até un 20% do importe total que lles asigne o novo fondo. O delegado do Goberno especificou que o conxunto dos concellos de Galicia poderán destinar a gastos correntes derivados de servizos sociais un investimento máximo de 60,19 millóns de euros. Os 240,7 millóns restantes deberanos empregar en proxectos. O delegado tamén anunciou que, unha vez que entre en vigor o Decreto-Lei, os concellos disporán de tres meses para presentar os proxectos, que deberán ser de nova planificación, é dicir, non previstos nos orzamentos da entidade local para 2009 ou 2010. As actuacións, que poderán ser presentadas tanto polos concellos como por agrupacións ou mancomunidades de municipios, non poderán superar os 5 millóns de euros. As obras poderán empezar a executarse a partir do 1 de xaneiro de 2010.
Os proxectos que se poderán financiar con
cargo ao Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Social englobaranse
nas seguintes liñas: - Sustentabilidade ambiental: aforro e eficiencia enerxética e de recursos hídricos; accesibilidade e uso de enerxías renovables; mobilidade urbana sustentable; reforzo de medios de transporte menos contaminantes. - Sustentabilidade social: centros de servizos sociais, sanitarios, culturais e deportivos; gasto corrente destinado a servizos sociais, principalmente educación e atención á dependencia. Ademais, o delegado sinalou que se incorpora a posibilidade de destinar até un 20% do importe dos proxectos dos municipios ao equipamento dos edificios ou instalacións financiados con cargo ao Fondo, que tamén cubrirá os contratos de redacción do proxecto e de dirección das obras. Tamén se estableceu a reutilización dos carteis anunciadores das obras do FEIL. Por outra banda, avanzou que manterá reunións cos representantes dos concellos galegos para explicarlles o novo Fondo. O encontro cos alcaldes da provincia de Pontevedra será o 6 de novembro. No Baixo Miño o total do investimento superará os 5,4 millóns de euros dos que o investimento mínimo será de 4,3 millóns e o millón restante será para gasto corrente. Por concellos Tui disporá de 1.834.798 € cifrándose o investimento mínimo a realizar no 1.467.838,40 €, e pudéndose dedicar 366.959,60 € a gasto social. No caso de Tomiño o investimento chegará aos 1.403.450 €, puidendo destinar a gasto corrente até 280.690,00 €. Na Guarda a achega do Ministerio ascenderá a 1.124.749 €, dos que como máximo 224.949,80 € poderán ser para gasto corrente. No Rosal a cifra que recibirá do Fondo é de 698.590 €, e en Oia ascende a 345.079 €. Nestes concellos o máximo de cartos destinados a gasto corrente é de 139.718,00 € no Rosal e de 69.014,80 € en Oia.
Martes, 27 de outubro de 2009 O BNG opina que os orzamentos da Xunta son discriminatorios para o Baixo Miño e o PP di que potencian a comarca O Bloque Nacionalista Galego e o Partido Popular ofreceron o pasado venres a súa valoración dos orzamentos da Xunta para 2010 na comarca do Baixo Miño. Balances que son diametralmente opostos, xa que mentres o BNG indica que as contas do próximo ano son discriminatorias para a comarca, dende o PP opinan que buscan potenciar o Baixo Miño. Os primeiros en comparecer en rolda de prensa foron a deputada no parlamento galego, Carme Adán, xunto ao voceiro comarcal do BNG, Xosé Manuel Méndez. Carme Adán expuña que os orzamentos da Xunta para 2010 non son os da austeridade porque non contemplan a redución do gasto corrente, e tampouco os anti-crise porque reducen o investimento. Abondaba que é a primeira vez en Galicia que unhas contas reducen o gasto social principalmente nas partidas de Sanidade e Educación. No tocante ao Baixo Miño as primeiras críticas centrábanse na partida de gasto social, apuntando Carme Adán que se descoñece se vai continuar a construción de escolas infantís e de centros de día, ao que tempo que avanzaba que segundo se reflicte nos orzamentos da Xunta os Equipos de Igualdade van desaparecer ao non ter partida estas oficinas. Isto apuntaba conlevará que Tui, O Rosal, Tomiño e Oia queden sen este servizo que até o de agora era prestado nos centros do Porriño e Gondomar. Por outra parte apuntaba que tamén diminúe a partida para instalacións deportivas coma a piscina de Tomiño ou o campo de bolos celtas que xa non aparecen nos orzamentos, do mesmo xeito que en saneamento o Colector Carregal-Torrón non aparece coma tal. Criticou tamén Carme Adán o cambio de criterio en solo industrial e vivenda retirándose o Plan Vivenda que na comarca contemplaba unha actuación na Guarda, ou reducíndose a dotación para o Parque Empresarial de Tomiño. Por último centraba as críticas nas partidas orzamentarias da Vía de Alta Capacidade do Baixo Miño, indicando que o PP prometera en campaña que sería para xa, pero iso non se reflicte así, segundo a parlamentaria, nos orzamentos da Xunta. Nos mesmos salientaba só hai un compromiso co primeiro tramo, polo que amosaba a súa preocupación. Pola súa parte Xosé Manuel Méndez manifestaba que estes orzamentos son “discriminatorios e regresivos para a comarca”. Engadindo que posiblemente o Baixo Miño sexa unha das comarcas máis prexudicadas. Valoración ben distinta eran a que facían dende o Partido Popular. Na sede da Federación de Empresarios do Baixo Miño reuníanse o venres á noite a deputada Marta Valcárcel, xunto ao alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, a voceira do PP na Guarda, Fátima Iglesias, e a voceira do PP en Tomiño, Begoña González Tato. Estiveron acompañados da presidenta de FEBAM, Carmen García Braga. Marta Valcárcel pormenorizou o investimento previsto nos orzamentos para a Vía de Alta Capacidade do Baixo Miño, que dicía é unha necesidade fundamental para a comarca. Así ao referirse ao tramo 1, explicaba que as obras están adxudicadas e os terreos en fase de expropiación estando previsto que estea rematado en 2012. No tramo 2 de Tomiño sinalou que se volve a opción número 2 e estanse a facer estudos para minimizar as afeccións. As obras está previsto que comecen en 2011 e rematen en 2014. No que se refire ao tramo 3 está xa en obras que concluirán a finais de 2011. Por último, o tramo 4 ou variante da Guarda está en estudo prevéndose que poida comezar a executarse en 2011. Co Vial Tui-A Guarda, dicía a Deputada Popular, búscase potenciar a comarca do Baixo Miño. Do mesmo xeito que se fará cos 36 millóns previstos para investir no Baixo Miño. Outras partidas para a comarca son 500 mil euros para a EDAR de Guillarei, 2 millóns de euros para o río Cereixo en Tomiño, e máis de 5 millóns para actividades enfocadas a reactivar e impulsar a economía na comarca. Concluía expondo que son uns orzamentos reais, fiel reflexo da situación nestes intres. Concluía Marta Valcárcel indicando que a aposta da Xunta é moi importante polas necesidades do Concello, subliñando que hai unha clara aposta polo Baixo Miño. O alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela, amosou a súa satisfacción porque dunha vez por todas a VAC “nos poña en contacto co resto de Galicia” engadindo que “é unha mágoa que perdéramos catro anos”. Fani Iglesias, a voceira do PP na Guarda, espuxo que falar da VAC é falar “do desenvolvemento do Baixo Miño “ en todos os ámbitos, o económico, o turístico, o sanitario, e en transportes. Apuntaba que o “anterior goberno foi quen freou o desenvolvemento da comarca” pero agora, dicía, “debemos mirar ao futuro e as cousas van ir ben”. Por último Begoña González Tato, voceira do PP en Tomiño dicía que “os tempos son chegados para que o Baixo Miño teña infraestruturas dignas”. Amousou a súa preocupación polo estado deste proxecto dende que “foi atrancado polo bipartito”. Congratulouse amais da sensibilidade do presidente da Xunta e do Conselleiro Agustín Hernández, que dous meses despois de tomar posesión recibiron á alcaldesa de Tomiño, algo que non fixera a anterior titular de Política Territorial. Engadía que o tramo de Tomiño é o máis delicado polo que apostan pola sensibilidade da Xunta para “conciliar os intereses “ duns e outros agardando que as novas modificacións que se fagan sexa o menos lesivas para Tomiño.
Sábado, 24 de outubro de 2009 O BNG denuncia “o abandono e discriminación do Baixo Miño” nos orzamentos da Xunta de Galicia para o 2010 A deputada do BNG no Parlamento Galego pola provincia de Pontevedra, Carme Adán, denuncia que os Orzamentos da Xunta de Galicia para o 2010 “son claramente discriminatorios para o Baixo Miño”. Carme Adán ofreceu onte unha rolda de prensa en Tui xunto co responsábel comarcal do BNG, Xosé Manuel Méndez, na que ámbolos dous denunciaron que “o Goberno do PP marxina ao Baixo Miño nos orzamentos da Xunta para 2010, xa que mesmo paraliza proxectos que xa estaban en marcha en varios concellos da comarca”. Así, a deputada do BNG criticou “a escasísima asignación para proxectos tan importantes como o polígono empresarial de Tomiño, elimínanse partidas comprometidas polo anterior Goberno para a piscina municipal de Tomiño ou para o campo de bolos celtas, ou non aparece nada consignado para o colector de Carregal-Torrón”. Ademais, Carme Adán criticou a supresión do Plan Sectorial de Vivenda, “que era fundamental tanto para A Guarda como para Tomiño”, ou a ausencia de partidas para proxectos culturais na comarca, como para a fortaleza de Goián. No ámbito social, advertiu de que “non hai orzamentos para os equipos de igualdade que daban cobertura a toda unha zona onde non existen recursos para a igualdade, como é o caso de Tui e Tomiño”. Asemade, criticou “a supresión dos programas para axuda ás redeiras, un sector profesional con moita importancia na Guarda”. Por último, Carme Adán denunciou que a partida máis salientábel dos Orzamentos do Goberno do PP para a comarca, a destinada á autovía Tui-A Guarda, “é unha cantidade claramente insuficiente para que a obra se poida concluir e entrar en servizo nun prazo razoábel”.
Sábado, 17 de outubro de 2009 Queixa pública da Federación Nacional de Asociacions de Axuda ó Drogodependente de Galicia polo trrato que reciben da Xunta de Galicia A Federación Nacional de Asociacions de Axuda ó Drogodependente de Galicia, que conta con 10.000 socios, que sumamos un total de aproximadamente 450 persoas traballando neste campo e que atendemos a 13.000 usuarios con datos de 7.000 altas no último ano, polo grado de preocupación que nos producen os cambios que se están levando a cabo na Consellería de Sanidade, en concreto no ámbeto das Drogodependencias , e a incertidume que padecemos despois da reunión que tivemos e á que fomos convocados por invitación de Dna. Sagrario Pérez Castellanos, Directora Xeral de Saúde Pública e Planificación o 17 de xuño deste ano, para explicarnos as liñas estratéxicas de futuro que pensaban levar a cabo, convocamos unha primeira reunión en santiago o 2 de xullo/09 á que acudiron as Asociacions e os Profesionais de Asistencia e Técnicos de Prevención de Concellos, na cal decidiuse remitir unha carta ao Presidente da Xunta de Galicia D. Alberto Núñez Feijóo e a Conselleira de Sanidade Dna. Pilar Farjas Abadía para solicitarlles unha entrevista urxente e tratar dos seguintes temas: -Reestablecemento do Plan de Galicia sobre Drogas tal como estaba estructurado, o cal ten mais de 20 anos de existencia, con unha alta credibilidade, tanto a nivel Nacional como Europeo. -Garantía da continuidade dos Convenios existentes e súa prórroga, ó igoal que o mantemento dos presupostos actuais, co incremento do IPC no vindeiro ano. -Creación dunha figura concreta a quen poidamos dirixir tanto as Asociacions como os Profesionais da rede de drogas e que na actualidade non existe. -Disponibilidade total para a creación dunha Mesa de seguimento e evaluación do Plan de Galicia sobre Drogas, modificándoo no caso de ser necesario. Despois de recibir resposta do Presidente da Xunta o día 30 de xullo/09, comunicando que trasladaba a nosa solicitude a Consellería de Sanidade e non tendo ningún tipo de resposta por parte da mesma, na súa intención de establecer dita enrevista, o día 23 de setembro volvemos a facer outra reunión dos Colectivos antes relacionados onde se acordou enviar novamente unha petición a ambolos dous (Presidente e Conselleira) para poder ser recibidos nun prazo non superior a oito días. O 24 de setembro emplázannos para reunirnos ca Conselleíra de Sanidade ó 6 de outubro. O venres 2 de outubro comunícannos que a reunión queda aprazada por compromisos ineludibles de dita Consellería e que nos chamarían en breve, a día de hoxe non se puxeron en contacto con nós. Por a nosa parte fixemos chamadas a Consellería varias veces, recibindo por resposta que estaban intentando concretar unha data. Cremos que xa temos esperado dabondo e por iso o facemos público. Parécenos unha falta de consideración e de respeto por parte da Consellería hacia todos os profesionais que formamos parte da Rede de Drogodependencias, o que está acontecendo, dando a sensación de que non teñen en conta a nosa preocupación polo futuro do Plan de Galicia sobre Drogas e sobre de todo e mais grave e importante o futuro de todos os usuarios que atendemos.
Venres, 16 de outubro de 2009 Asemblea Xeral Extraordinaria do Grupo de Desenvolvemento Rural de Vigo e Baixo Miño esta tarde Ás oito desta tarde vaise reunir en Asemblea Xeral Extraordinaria a Asociación Grupo de Desenvolvemento Rural da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo e Baixo Miño, do que forman parte os cinco concellos da comarca. Esta entidade lembramos que é a responsable da xestión do novo programa de desenvolvemento rural LEADER GALIZA 2007/2013 nas comarcas de Vigo e Baixo Miño. Está integrada por 15 concellos e máis de 200 entidades representativas do seu tecido socioeconómico e cultural. A Asemblea terá lugar no Auditorio do Edificio Multiusos de Mos. Entre os asuntos a tratar na orde do día destaca a aprobación das bases da convocatoria de Axudas do LEADER 2007/2013, que vai permitir dende xa a xestión desta nova etapa do Programa Europeo de Desenvolvemento Rural a través da concesión de axudas para proxectos, tanto productivos como non productivos, de dinamización económica, social e medioambiental no noso entorno rural. O presuposto dispoñible polo GDR-18 para esta campaña sobrepasa xa de entrada os cinco millóns de euros, destinados á xeración de sinerxias fortalecedoras da pequena e mediana empresa e tamén das relativas á fixación da poboación rural e á elevación das rendas e do benestar social dos seus habitantes, así como a valorización e conservación do patrimonio natural e cultural da zona. Na reunión desta tarde será tratada tamén unha proposta de incorporación á Rede Galega de Desenvolvemento Rural e a ratificación do convenio de participación no proxecto “Retorno Rural (RETRU)” de fomento da volta da poboación xoven ao rural a través do acceso á formación especializada e ao emprego. Prevese a asistencia a este acto de representantes dos 15 Concellos membros da Asociación, así como dos dirixentes das entidades mais representativas dos sectores forestal, agrogandeiro, sociocultural e veciñal do territorio GDR-18.
Mércores, 14 de outubro de 2009 La FESBA inicia la 5ª Campaña Vuela con el Bádminton La Federación Gallega de Bádminton informa de la 5ª edición de la campaña Vuela con el Badminton, una edición que, por acuerdo de la Junta de Presidentes celebrada en enero, serán las Federaciones Territoriales las que, una vez finalice el plazo de inscripción, seleccionarán a los centros que consideren oportunos para recibir el pack.Un proceso que se inició el 16 de septiembrey concluye e próximo día 20, con la inscripción de los Centros escolares a través de la web www.badminton.es El 20 de octubre se enviará por parte de la FESBA el listado de centros inscritos de cada comunidad a las FF.TT. para que seleccionen los centros que recibirán el Pack. Del 20 de octubre al 1 de noviembre, los Coordinadores de cada Federación Territorial (Comunidad Autónoma) seleccionan de entre todos los centros inscritos aquellos que reúnen las mejores condiciones para recibir el pack. En noviembre la Federación Española de Bádminton contactará con los centros inscritos para comunicarles si han sido seleccionados o no y se procederá al envío de los packs (previo pago por parte de cada centro de los gastos de transporte). De los 600 packs que se distribuirán, 500 serán de minibadminton (con raquetas adaptadas), en consonancia con los objetivos de captación de jugadores en edades tempranas que se recogen en el Programa Se Busca Campeón. Por tanto, este año la campaña se centrará en la Educación Primaria.
Luns, 12 de outubro de 2009 A plataforma cidadá “Queremos Galego” disporá de autobuses dende diversos punto do Baixo Miño para acudir á manifestación convocada este 18 de outubro en Compostela A Plataforma Queremos Galego, da que xa forman parte decenas de asociacións no Baixo Miño, segue a sumar adhesións tando de colectivos como de persoas a título individual. Dende Queremos Galego instamos ao noso pobo a moverse a favor de aquilo que nos une e identifica, que nos sitúa as galegas e os galegos no mundo no mesmo nivel que as outras culturas do planeta, aquilo que nos fai universais: a nosa lingua. Neste sentido o portavoz de Queremos Galego no Baixo Miño, Tino Baz, fai un chamamento en nome da plataforma á participación na manifestación en favor da lingua que terá lugar o domingo 18 de outubro en Santiago de Compostela. En vista da gran cantidade de persoas que xa mostraron o seu interese en acudir a Compostela o vindeiro día 18, a plataforma decidiu dispor varios autobuses dende diversos puntos da Comarca. Quen desexe facer uso deste medio de transporte pode informarse dos horarios e reservar a súa praza no teléfono 679 98 62 90. Recomendamos que se fagan as reservas a antes posíbel. Até o martes día 13 recolleremos todas as reservas que se reciban, despois desta data seguiremos reservando prazas até completar os autobuses. “Queremos galego” é unha plataforma cidadá, conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que nace da vontade de articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego; de defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación; de progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada. Máis información en www.queremosgalego.org
Martes, 6 de outubro de 2009 Comunicado del colectivo por la gratuidad de los libros de texto El pasado jueves, 1º de octubre, se dieron cita más de 130 personas en la Casa de la Cultura de Tomiño, en una reunión informativa con la Plataforma Galega pola Gratuidade dos libros de texto. Quedando de manifiesto que el actual gobierno de la Xunta al derogar el sistema de gratuidad por préstamo: - Da un paso atrás sin precedentes, sobre una CONQUISTA SOCIAL, consensuada por todas las fuerzas políticas. - Materializa un nuevo impuesto indirecto: arbitrario y en manos de las editoriales; afectando al interés general. - Perjudica el bienestar y necesidades de las familias, en un momento como el actual, de intensa crisis económica. - Lesiona la GRATUIDAD DE LA ENSEÑANZA pública obligatoria, refrendada por nuestra constitución art. 27.4 y articulo 65 LOGSE (Ley Orgánica de Ordenación General del Sistema Educativo, 1990): 27.4 “La enseñanza básica es obligatoria y gratuita.” 65.1 “…. Educación primaria, los poderes públicos garantizaran a todos los alumnos un puesto escolar gratuito…” - Evita intencionadamente la participación de los padres en las decisiones sobre educación, contradiciendo su programa electora. - Crea desigualdad en la aulas, evidenciando para los alumnos la percepción de sus diferencias económicas familiares. Las propuestas de reivindicación que se van a llevar a cabo son las siguientes: - Recogida de firmas, con el objetivo de presentárselas al Valedor del Pueblo. - Recogida de firmas en papel oficial timbrado por la Xunta de Galicia, con el objetivo de presentar una INICIATIVA POPULAR en el Parlamento. - Remisión de cartas de protesta desde los concejos escolares ante la conselleria de educación. - Cartas de protesta individual al Conselleiro de Educación. - Etc. Hacemos saber que el día 2 de octubre, representantes de los Padres y Madres entregaron en mano al conselleiro de educación Xesús Vázquez Abad, una carta con la PETICIÓN PARA EL MANTENIMIENTO DE LA GRATUIDAD DE LOS LIBROS DE TEXTO, mostrándole en persona su descontento con la medidas adoptadas por la Conselleria.
Sábado, 3 de outubro de 2009 As bandas de música de Goián e O Rosal, presentes tamén no noveno certame de Bandas da Deputación A Agrupación Musical de Goián participa hoxe, xunto con otras seis bandas, no 9º Certame de Bandas de Música, da Deputación de Pontevedra. Xunto coa representante do Baixo Miño competirán na sección segunda, as bandas Xuvenil de Barro, Xuvenil de Xinzo, de Rubiós, Xuvenil de Torroso e Popular de Moaña. Mañá, a partir das 17 horas o Pazo de Cultura de Pontevedra acollerá ás bandas que participan na sección especial, na que compite a Agrupación Musical do Rosal xunto coas bandas Unión Musical de Valladares e a Municipal de Silleda.
Martes, 29 de setembro de 2009 El 1 de octubre las ANPAs del Baixo Miños e reunirán con la Plataforma Galega pola Gratuidade dos libros de texto Las ANPAs del Baixo Miño celebrarán en Tomiño, el próximo jueves, 1 de outubro, una reunión con la Plataforma Galega pola Gratuidade dos libros de texto. Esta reunión, de caracter informativo, tendrá lugar en la Casa de Cultura de Tomiño a partir de las ocho de la tarde. Aunque la convocatoria se dirige a las ANPAs, es extensible a toda persona afectada directa o indirectamente, que desee manifestar su malestar y rechazo a la medida adoptada por la Consellería de Educación de retirar la gratuidad de los libros de texto. La Plataforma Galega por la gratuidad, quiere dejar claro en todo momento que no quiere enarbolar la bandera de ningún grupo político (agradeciendo su colaboración), y que se trata de madres y padres reclamando un derecho adquirido, que se les está retirando.
Luns, 28 de setembro de 2009 Constitúese a plataforma Queremos Galego no Baixo Miño Unha trintena de asociacións e organizacións de diversa índole veñen de constituír a plataforma Queremos Galego no Baixo-Miño. Ademais do mundo asociativo da comarca integran a plataforma persoas a título individual entre as que destacan o guitarrista Tomás Camacho e o pintor Xosé Luís de Dios. A plataforma, que se constitúe cunha pretensión de estabilidade no tempo, encara como primeiras actividades a promoción da manifestación na comarca do Baixo Miño que o próximo día 18 de outubro se celebrará en Santiago de Compostela, para respostar ás agresións que o actual goberno da Xunta está levando adiante contra o idioma e a cultura galegos. Así mesmo a plataforma asume no Baixo Miño a difusión da Iniciativa Lexislativa Popular para que se respecten os dereitos lingüísticos e para que a administración garanta os usos públicos do galego. A plataforma fai un chamamento para a integración de todas aquelas entidades que aínda non o fixeron e compartan afinidades e obxectivos con Queremos Galego e fan público o enderezo electrónico da Plataforma (queremosgalego.baixominho@gmail.com) para que todas as persoas ou entidades que o desexen podan contactar con eles.
Venres, 25 de setembro de 2009 O PP leva ao Parlamento a situación da VAC Tui-A Guarda O Grupo Popular no Parlamento de Galicia, a través da súa deputada Marta Valcárcel Gómez , vén de rexistrar unha iniciativa na que amosa o seu interese en coñecer a situación na que se atopa actualmente a posta en marcha do Vial de Alta Capacidade entre Tui-A Guarda. Para a deputada popular despois da “paralización e os enganos do anterior goberno bipartito na Xunta de Galicia é necesaria unha actuación urxente para este eixo vertebrador e de comunicación na Comarca do Baixo Miño, algo que xa estaba previsto e programado polo anterior goberno do PPdeG na Xunta de Galicia”. Deste xeito, Marta Valcárcel indicou que a previsión prioritaria do anterior goberno do PPG fixaba esta Vía de Alta Capacidade para o ano 2005. Critica que o goberno bipartito da Xunta de Galicia, formado polo PSdG-PSOE e BNG, o único que fixo, no seu parecer, foi incumprir promesas e cambiar trazados obedecendo máis a cuestións políticas que técnicas, xa que o novo trazado era máis prexudicial para os veciños , afectando a numerosas propiedades, de peor deseño, máis longo e menos operativo e provocou o rexeitamento absoluto dos veciños” indicou a deputada popular. Marta Valcárcel contrastou a “inacción total do goberno bipartito que en catro anos foi incapaz de executar un só kilómetro, coa actitude do novo goberno do PPdeG na Xunta de Galicia que durante os primeiros 100 días de goberno, adxudicou as obras de construción do tramo Tui-enlace PO-350 por un importe total de 27 millóns de euros”. Para Marta Valcárcel a actuación urxente nesta Vía de Alta Capacidade vén provocada pola situación da estrada PO-552 entre o Concello de Tui e da Guarda, que presenta unhas características precarias e absolutas, tanto dende o punto de vista de infraestrutura como de servizos, xa que se queda pequena a consecuencia do gran volume de usuarios, cunha intensidade media diaria de 110.000 vehículos, cunha porcentaxe de vehículos pesados preto dun 10%. Esta situación se agrava nos meses de verán, producíndose frecuentes retencións e unha fluidez mínima como consecuencia da gran cantidade de interseccións con estradas locais.
A Deputación e a Asociación de Municipios do Vale do Miño lanzan o concurso para elaborar un plan de transportes transfronteirizo A Deputación Provincial de Pontevedra en colaboración coa Asociación de Municipios Vale do Miño veñen de aprobar un concurso para contratar a elaboración dun Plan de Transportes Transfronteirizo. Esta acción enmárcase no Proxecto Coop-Minho. O Consello Directivo da Unimiño – Asociación do Val do Miño Transfronteirizo, no que actualmente ostenta a vicepresidencia o titular da Deputación, Rafael Louzán reuniuse o día 16 deste mes en Vila Nova de Cerveira, para deliberar entre outros asuntos a apertura do concurso para a contratación de servizos destinados a elaborar un “Plano de Transportes Transfronteirizo (Mobitrans)”. Potenciación da mobilidade transfronteiriza O obxectivo deste proxecto é promover a mellora substancial da calidade do transporte e a mobilidade actual dos habitantes dos municipios comprendidos dentro da área de influencia da entidade transfronteiriza Unimiño, concretamente os 5 municipios do territorio do Val do Miño: Melgaço, Monção, Paredes de Coura, Valença, Vila Nova de Cerveira. Incluise tamén o concello de Caminha pola súa importante vinculación e integración na área, non só debido á súa localización e poboación, senón tamén por estar ligado ao sur da provincia. Do lado español abarca aos 16 concellos da provincia de Pontevedra, que engloba as áreas fronteirizas do Baixo Miño, Condado-Paradanta e os concellos de Salceda e Porriño. Débese destacar tamén que con este plano, que consiste na compilación de datos e na realización de estudos e informes, preténdese determinar a viabilidade técnica, económica e legal da implantación dun sistema de transporte público que comunique a ambos países. O Diario da República de Portugal publicou no día de onte o anuncio correspondente, e o resto da información así como na páxina web da entidade e o "Caderno de Encargos" (prego técnico) e o "Programa de Concurso" con todas as especificacións pode ser consultada na páxina web www.uniminho.eu (versión portuguesa) onde calquera empresa ou profesional interesado poderá consultala.
Sábado, 19 de setembro de 2009 O BNG reuníuse coas ANPAS do Baixo Miño A portavoz de educación do BNG no Parlamento Galego Carme Adan e o Responsábel Comarcal do BNG do Baixo-Miño Xosé Manuel Méndez reuníronse con representantes das ANPAS de toda a comarca, para analizar a posta en marcha do curso escolar. Os representantes do BNG deron a coñecer as iniciativas que en materia educativa presentaron no parlamento galego e contrastaron coas ANPAS da comarca a problemática do principio de curso. A eliminación da gratuidade dos libros de texto foi un dos temas centrais desta reunión onde coincidiron coas ANPAS, que é un duro golpe para o ensino público, pois o 75 % da poboación escolar vai perder un dereito do que viña disfrutando. Outros aspectos que analizaron foi a redución de profesorado no presente curso que afecta a varios centros da comarca. Así mesmo coincidiron na demanda de que o transporte escolar para as actividades extraescolares cos seus respectivos acompañantes ten que pagalo a Administración Educativa pois as ANPAS non contan con recursos para abordar este pago. Nun momento da reunión a Portavoz Parlamentar do BNG animou ás asociacións a manter unha postura inequívoca de defensa do ensino público, pois as políticas do PP teñen unha clara intencionalidade privatizadora, para acabar concluíndo que a cicatería para dotar aos centros de profesorado necesario ou a supresión da gratuidade dos libros de texto contrasta co despilfarro que se permiten subvencionando “cos cartos de todos os galegos”, a centros que segregan en función dos sexos, pasando por riba de toda a normativa vixente en materia de concertos educativos, tanto da propia lei de Educación, como do decreto que regula a admisión de alumnos.
Xoves, 17 de setembro de 2009 8,7 millós de euros para o Baixo Miño e Louriña no Plan de Investimentos da Deputación O Presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou antonte no Telecentro de Tui, na Área Panorámica, o Plan de Investimento da Deputación para as comarcas do Baixo Miño e a Louriña que suporá un investimento cercano aos 8,7 millóns de euros. O obxectivo do plan é a reactivación económica da administración local así coma paliar os efectos da crise sobre as familias, e a convivencia cidadá. O reparto por concellos faise atendendo a criterios de poboación e de superficie,e destinaranse a obras coma alumeado público, cemiterios, recollida de lixo, abastecemento de augas, sumidoiros, acceso a núcleos de poboación, parques, bibliotecas públicas, mercados, xestión de residuos, servizos sociais, transporte colectivo urbano de viaxeiros, patrimonio histórico e ordenación do tráfico entre outros. O plan ten carácter anual e vai do 2009 ao 2011 e unha das súas principais novidade é que os concellos beneficiarios non terán que facer ningún tipo de aportación económica. Ao abeiro deste plan o Concello de Tui percibirá 1.355.137€, o concello de Tomiño 1.541.219€, o Rosal terá unha achega de 808.897€, A Guarda recibirá 859.732€ e Oia 784.122€. Xa nos concellos da Louriña, O Porriño recibirá deste plan 1.307.020€, Salceda de Caselas 842.316€ e por último Mos 1.189.660€. Ao remate da presentación os alcaldes valoraban para a Radio Municipal este Plan. O Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, destacaba deste plan que o Concello non terá que facer ningún tipo de aportación. Indicaba que obras que quedaron fóra do Plan E entrarán neste programa da Deputación. Salientaba que é un forte investimento sobre todo de cara a 2010. Abondaba que este investimento vai mellorar a situación dos concellos de cara ao próximo ano onde de novo sufrirán un descenso nas transferencias do estado, o que lle levará a ter que facer recortes en servizos. En Tomiño, dicía a súa Alcaldesa, que xa contan cos proxectos para este plan, co cal so teñen que executalos. Sandra González manifestaba que se destinará a saneamento, estradas e temas culturais. Este investimento permitiralles aforrar cartos para gastos correntes. O alcalde do Rosal, Jesús Mª Fernández Portela manifestaba que este Plan da Deputación vai supor que o seu concello dispoña de 800 mil euros para atender necesidades básicas dos veciños. Un Plan ambicioso e positivo é a cualificación do rexedor guardés, José Manuel Domínguez Freitas, que engadía que aínda que vota en falla que non sexa xestionado directamente polos propios concellos xa que no seu parecer serían moito máis áxiles. Por contra valoraba de xeito positivo que os concello non teñan que facer ningún tipo de aportación. Alejandro Rodríguez, alcalde de Oia, dicía que a valoración lle parece xusta xa que atende tanto a criterios de poboación coma de superficie, xa que en Oia teñen moitos habitantes non censados, o que lles repercute negativamente. Sobre os cartos que van recibir manifestaba que xa teñen os proxectos e agora terán que ver coma os van repartir. | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|