g@lici@suroeste

ADEGAS ALDEA DE ABAIXO

Portada       Nuestros Vinos    La Bodega    Fotos     Noticias     Contactar

Premio para Gran Novás

O viño Gran Novás logrou, por terceiro ano consecutivo, ser premiado na Festa Albariño de Cambados

Á esquerda, Francisco Valderrama, e ao seu carón, Arturo Conde, cos trofeos acadados na

LIV Festa do Albariño

.

de Cambados

Arturo Conde e Francisco Valderrama, son dous dos socios que compoñen Adegas Aldea de Abaixo. O primeiro actúa, ademais, como xerente da empresa, e quizais tamén sin sabelo -ou sabéndoo- sexa parte da alma do viño, repetidamente premiado en distintos certames. Porque a súa sabiduría nesto dos viños hai que levala a práctica na proporción axeitada para lograr que, xunto ó labor da natureza, se consigan uns caldos de apetencia para os padares. Con Arturo coñecemos algo máis dun viño cun lugar xa propio na historia vinícola co Rosal.

 

O Gran Novás, Arturo, vén de colleirar un novo premio. ¿Cando se fallou o Albariño de Cambados?

            O último premio fallouse o domingo, 6 de agosto, sobre as seis da tarde, cando o notario sacou o sobre e se revelou que éramos nós, Gran Novás, o 1º Premio da LIV Festa Albariño de Cambados.

 

¿Estabades presentes nese acto?

            En representación da bodega atopábase un socio que foi o encargado de recoller o premio.

 

Gran Novás ten recibido xa repetidas distincións

            Pois o Gran Novás, na Festa do Albariño, é a terceira vez consecutiva que é premiado. En 2004, recibiu un 3º premio; o ano pasado e neste 2006, conseguiu o 1º Premio.

 

¿E que supón para unha bodega ser premiada no Albariño de Cambados?

            Pois supón que teñamos vendida, practicamente, a colleita, porque estamos nunha época en que hai moito turista, que coñece a Festa do Albariño e que sabe cal é o viño que foi premiado e que o demanda na hostelería e alí onde se traballa co viño.

 

¿E emocionalmente, como vos sentides?

            Pois xa ves... (sorrí abertamente) Ter dous anos consecutivos un primeiro premio na Festa do Albariño que, segundo me consta, non hai outra bodega que o lograse, pois para nós, para a bodega Aldea de Abaixo, supón un motivo de satisfacción, sobre todo.

 

¿Acudides habitualmente a outros certames?

            Pois non. Practicamente nos limitamos aos de Galicia, aos oficiais, e a algún outro como o Bachus que se celebra en Madrid, no que este ano acadamos o Bachus de Prata, tamén co Gran Novás.

 

¿Quen fai o Gran Novás: a terra, o clima, as mans...?

            Home; de todo un pouco. Está claro que a terra é o importante sobre todo para a materia prima, a uva, que é o primordial; pero tamén na bodega se coida, e se se trata ben, poden saír cousas moi boas.

 

O Gran Novás é un albariño “puro”

            Si. O cen por cento. Ademais temos o Señorío da Torre que leva mestura doutras uvas.

 

¿Non concursa o Señorío da Torre?

            Asistimos a concursos na Cata de Viños de Galicia, porque na Feira do Viño Albariño non se pode presentar o Señorío, xa que esixen que sexa monovarietal; albariño cen por cento.

 

¿Pódese dicir que Gran Novás é hoxe a bandeira da bodega?

            Home; nestes últimos anos a verdade é que si; aínda que o noso buque insignia fora o Señorío da Torre, porque foi co que empezamos e co que ata o ano 96 estivemos facendo viño. A partires do ano 96, que foi cando sacamos o albariño co que logramos ser premiados, o Gran Novás é agora, case pode dicirse, o noso buque insignia.

           

¿Por onde se encamiña o futuro da bodega: a ampliación, a mellora tecnolóxica...?

            Non. Este ano xa acometemos unha remodelación importante da bodega coa incorporación de novos equipos de frío, cun sistema de embotellado novo e un filtro de vacío novo;  fixemos unha inversión importante, de modo que, practicamente, agora estamos, no tema da maquinaria, cubertos. O único que nos queda é ampliar a producción que eu creo que en tres ou catro anos poderemos acadar as cen mil botellas, aproximadamente. Coa producción que temos e as hectáreas existentes, imos camiño de logralo.

 

Agora mesmo ¿que cifras manexades?

            Pois en hectáreas, só dos socios, hai unhas nove, das que oito son de albariño e unha de loureiro e caíño, destinados ao viño Señorío da Torre. De esas hectáreas hai algunhas que están empezando a producción e vai lenta.

 

O tempo vai seco. ¿De que maneira lle pode afectar á uva?

            Pois tiña que ter chovido. O ano pasado foi unha boa colleita porque choveu en xullo, que é cando a planta se nutre, engorda, aguantando esa auga ata agosto.  Pero en agosto volveu chover repercutindo favorablemente e veu unha colleita impresionante.

            Este ano non choveu en xullo e, no que levamos en agosto, tampouco está chovendo, e as cepas precisan auga.

 

¿Vendo as viñas, que deducides de cara a próxima vendima?

            A pesar do dito antes, vémolas ben, aínda que estarían mellor se recibisen a auga que precisan para que a uva estivese o gorda que debera nesta época.

Agosto, 2006