g@lici@suroesteADEGAS ALDEA DE ABAIXO Portada Nuestros Vinos La Bodega Fotos Noticias Contactar
|
|
Mércores, 29 de marzo de 2006
La bodega de O Rosal, Aldea de Abaixo, presentó su nuevo albariño 2005, de la marca Gran Novás, al concurso que el Ministerio de Agricultura Pesca y Alimentación y la Unión Española de Catadores organizaron entre el 18 y el 21 de Marzo del 2006. Abierto a todos los vinos del mundo, con y sin indicación geográfica, en este certamen participaron 1.800 vinos de 17 países de todo el planeta. Los vinos quedaron organizados en siete categorías con el fin de abarcar todos los productos vinícolas, consiguiendo la bodega rosaleira un nuevo reconocimiento al recibir el Baccus de Plata. Con este premio Aldea de Abaixo ve cumplidas sus espectativas de que la presente añada presenta unas extraordinarias cualidades . . ***************************************************** O albariño Gran Novás, da adega Aldea de Abaixo, destácase como un dos mellores viños da Galicia
Arturo Conde e Francisco Valderrama dous dos socios de Aldea de Abaixo . A adega Aldea de Abaixo, ubicada nunha zona cun microclima especial que fai que os viños que aquí se producen sexan un regalo ao padal, rematou o ano 2005 ratificando a calidad e o gusto dos seus viños. Niguén mellor que o xerente da adega Aldea de Abaixo, Arturo Conde, para que nos ilustre sobre esta adega e os seus caldos no mesmo lugar onde se producen: Novás, xuradía que dá nome a un dos mellores albariños das Rías Baixas.
O ano que rematou veo a ratificar a calidade dos viños da adega Aldea de Abaixo ¿É así Arturo? Pois si. A verdade é que si. Conseguimos unha vez máis o Primeiro Premio na Cata de Viños de Galicia co albariño Gran Novás, e un par de meses despois repetimos o primeiro premio tamén no albariño, en Cambados.
¿Facemos memoria dos premios acadados por estes viños que producides? ...Levamos xa uns poucos. Ademais dos que mencionamos antes, o ano pasado acadamos tres: o Primeiro na Cata de viños de Galicia co Gran Novás, tamén; o terceiro no albariño, co Gran Novás, e o segundo na cata de viños de Galicia co Señorío da Torre, o rosal que temos. Tivemos un Baccus en Madrid que foi co Señorío da Torre, no ano 96; varias mencións nos premios de Radioturismo, en Madrid...
¿É o Gran Novás o viño estrela de Aldea de Abaixo? Ben; o viño estrela da casa empezou sendo o rosal, o Señorío da Torre que foi o primeiro que sacamos, xa que como estabamos no Rosal a nosa intención era elaborar rosal. Pero claro, un pouco polo tema de comercialización, no 96-97 sacamos o albariño, o Gran Novás, e de cara a fóra de Galicia ten máis recoñecemento o albariño que o rosal; coñécese mellor; entón agora estamos cos dous, non queremos perder o rosal pero, ben, o albariño a verdade que leva unha boa liña estes anos.
¿Que características definirían o albariño que producides? Segundo a última cata que fixemos o ano pasado, definida pola nosa enóloga e que podemos ler na etiqueta que acompaña ás botellas, podemos dicir que se trata dun viño cristalino á vista, que amosa unha atractiva cor amarela-verdosa, de aromas complexos marcados por nítidos recordos de compota de mazá e ecos de herbas aromáticas. Destaca a súa estructura froiteira na boca, resulta goloso e tenro, enchendo o padal coas súas elegantes e intensas aromas.
¿Como se presentou a colleita do ano que rematou? Moi boa; impresionante. Creo que foi a mellor colleita destes últimos dez anos en todo: en calidade de uva, en grao, en azucres.
Se falamos de producción, de cantidade ¿que datos aporta a adega Aldea de Abaixo? Pois o ano que rematou nos metemos nos 75.000 quilos de uva, aproximadamente, e nos imos redondeando un pouco as cifras, a 75.000 botellas. Estamos subindo unhas 15.000 botellas máis que o ano anterior.
¿Significa que tamén houbo un incremento de hectáreas? As hectáreas da bodega practicamente son as mesmas, o que pasa é que todas estas hectáreas que están con pouca producción están subindo, están producindo moito máis, e aparte compramos unha pequena partida de uva de aquí, de pequenos colleiteiros da zona de Novás.
Entón a adega, arestora dispón ¿de cantas hectáreas? Agora mesmo estamos, aproximadamente, nas 12 hectáreas dos seis socios que somos, das cales once son de albariño e, aproximadamente unha hectárea, de caíño e loureiro.
¿Por onde pasan os obxectivos de cara a 2006? Como mínimo levar a liña de viño como estes tres ou catro anos atrás e creo que vai ser así porque estamos a probar os viños e está saíndo moi bo, e logo seguir abrindo mercados, sobre todo fóra de Galicia, porque xa con 75.000 botellas xa empeza a costar máis vender aquí, en Galicia, toda a producción.
Porque non debemos esquecer a competencia Si, si. En Galicia, e máis na zona das Rías Baixas, estamos practicamente tódolos productores metidos, entonces hai que saír de aquí.
Xa que falamos de mercado, ¿onde se localizan as vendas da adega Aldea de Abaixo cos seus viños Gran Novás e Señorío da Torre? Pois practicamente en toda Galicia: bastante cuberta temos a zona da Coruña, temos toda Pontevedra ata Santiago e parte de Ourense, e en Lugo temos unha comercializadora. E estamos abrindo en Madrid, en Valencia temos uns puntos bos, en Cataluña temos algo, e estamos abrindo mercados no estranxeiro, exportando sobre todo a Estados Unidos e Brasil.
¿E Portugal, aí tan pretiño, non lle interesan os nosos viños? Pois a verdade que non. A verdade é que aquí, na zona de arriba de Portugal hai xa moito albariño, e viños verdes...
A adega Aldea de Abaixo foise modernizando nos últimos anos. ¿Que melloras incorporou máis recentemente? Pois o filtro ao vacío, necesario para sacarlle as borras, os fangos na vendima, e mercamos unha embotelladora-etiquetadora, un tren de embotellado, como se chama, que realiza todo o proceso desde sacar o viño, embotellalo, encorchalo, sácalle osíxeno e etiqueta a botella.
¿Lles preocupan eses outros albariños producidos fóra de Galicia? A min a verdade que non me preocupa, en absoluto. Nós temos unha zona de producción amable para contar con mellores albariños., que son as Rías Baixas. O noso producto que é albariño, ou pode ser rosal, condado, etc., ten unhas calidades que a doutros lugares nada teñen que ver.
Porque un bo albariño non é o só o resultado da elaboración na adega... Son as mans que o produce, é a terra, é o clima; son as viñas...
Un consello para beber un viño O albariño vai ben na mesa: con peixes, sobre todo con mariscos; pero vai ben con todo.
¿E a que temperatura? Eu considero que os dez ou doce graos é a temperatura óptima. Xaneiro, 2006 |
|
|