PORTADA

NOTICIAS  

A GUARDA

TUI

O ROSAL

OIA

TOMIÑO

BAIXO MIÑO

LOCAL

OUTRAS NOVAS

DEPORTE

OCIO

CITAS

NECROLÓXICAS

ENTREVISTAS

COMUNICADOS

PORTUGAL

HEMEROTECA

PÁXINAS

 REPORTAXES

FESTAS DO MONTE

RECREO ARTÍSTICO GUARDÉS

CONCELLO DA GUARDA

RÚAS DA GUARDA

VARIA

FOTOSAYER

IMAXES

FOTOS LECTORES

PATRIMONIO arquivo e documentación

XENTES de Ribadavila

AXENDA

CAIXÓN DE SASTRE

ENLACES

 EMPREGO

Predición de MAREAS

*

 
 

 

galiciasuroeste                                                  Informativo A Guarda

  

En el puerto de A Guarda

Rúa Dr. Fernández Albor, 19

Teléf. 986 610 747

 Fax 986 614 298

A Guarda

 

Rúa Lugo, 11

Telf/Fax 986 614 102

 

36780 A GUARDA

(Pontevedra

CARTELES, CATÁLOGOS, PUBLICIDAD, TARJETAS, SOBRES, LIBROS, FACTURAS, CARPETAS, DÍPTICOS, PROGRAMAS...

Concepción Arenal, 83

Telf 986 610 220 /Fax 986 613 923

A  GUARDA  (Pontevedra)

comercialautobaz@autorecam.e.telefonica.net

Rúa do Porto, 59

Tlfno. 986 610 473

36780 A GUARDA

(Pontevedra)

www.restaurantetrasmallo.com

Plaza de San Benito 2 y 3 bajo

36.780 · A Guarda

telf. 986 60 89 20

infsb@infsb.com

I. M. DÍAZ, SL

Mecánica en general

Fábrica de Invernaderos

 

El Pasaje

Camposancos

A GUARDA

.

'/Fax 986 62 72 44 

Mércores, 28 de xullo de 2010   

María Sobrino estará coas súas últimas obras na Guarda

A pintora guardesa María Sobrino, que regresou desde Nova York á a súa localidade natal para pasar as vacacións, volve expor nesta ocasión no Salón de Actos do colexio dos Pais Somascos. Será do 31 de xullo ao 14 de agosto, podendo visitarse a mostra de luns a sábado, de 21.00 a 23.00 horas, e os domingos amplíase este horario tamén ás mañás, de 12.00 a 14.00 horas.

A pintora sentiu nacer a súa vocación na emigración, en 1984, sete anos despois trae as súas obras á Guarda e realiza a súa primeira exposición nesta localidade, nunha mostra organizada pola Agrupación Cultural Guardesa.

Co desexo de ampliar a súa formación, María Sobrino perfecciónase no Queens College Of the City University de Nova York e no Queens Borough Community College, no primeiro recibe clases de pintura, e no segundo, de debuxo e escultura.

Concellos da comarca, centros culturais, hoteis e coleccións particulares de América e Europa, posúen obra desta artista que volveremos ver en agosto.

 

Venres, 23 de xullo de 2010   

AMPAGA se reune en A Guarda el día 28 de julio

La Asociación de Mujeres AMPAGA, con sede social en A Coruña y con representación en toda Galicia, celebrará su reunión de junta directiva en A Guarda el próximo miércoles, día 28 de julio.

            AMPAGA lucha por defender, promocionar y dignificar a la mujer autónoma, además de apoyar y estimular iniciativas y proyectos empresariales innovadores para la creación de empleo. AMPAGA está integrada en FEAGA, Federación de Autónomos de Galicia.

 

Mércores, 21 de xullo de 2010   

Hoxe preséntase a Mostra das Tradicións Mariñeiras e o Club de Remo Robaleira recibirá a Bandeira a disputar na regata de Traíñas

O próximo sábado, día 24, e o domingo, día 25, ás cinco da tarde, o porto da Guarda será escenario da primeira regata de Traíñas, en disputa do trofeo Bandeira Concello da Guarda, modalidade de remo que incorporou recentemente o Club de Remo Robaleira, grazas á colaboración de distintos clubs que facilitaron ao Robaleira a infraestrutura necesaria para competir xa este ano nesta especialidade.

             Hoxe mesmo, ás 20.00 horas, terá lugar no Centro Cultural, coincidindo coa presentación da II Mostra das Tradicións Mariñeiras, a entrega da Bandeira da Guarda por parte do alcalde ao Club de Remo Robaleira, Bandeira que se entregará como trofeo ao vencedor da I Regata de Traíñas Concello da Guarda.

 

Martes, 20 de xullo de 2010   

O BNG denuncia deficiencias na Senda litoral e asegura que se modificou o percorrido da ministra ata o porto para evitar aos veciños descontentos

O portavoz municipal do BNG, Xan Lois Lomba, denuncia a existencia de deficiencias na Senda litoral así como a falta de compromisos cos veciños e veciñas de da rúa Fernández Albor.

O concelleiro nacionalista advirte que a recentemente inaugurada Senda litoral, ten unha serie de deficiencias: a rotonda de Sta. Catalina ten un radio de xiro totalmente insuficiente que obriga a coches e furgonetas a manobrar repetidamente para poder dar volta na mesma, algo que xa se advertiu no seu momento. Tamén hai zonas nas que non existen acesos á lugares tradicionalmente utilizados para o baño, unha total inexistencia de papeleiras en todo o trazado sendo significativo no tramo urbano da rúa Fernández Albor, tampouco se tomaron medidas para a eliminación do seto existente que, segundo teñen denunciado os veciños, son un foco de infección e un niño de ratas, sen esquecer a falta de sentido duplo que desconxestione o Porto da Guarda.

Dende o BNG critícase a ausencia total do galego na sinalética da Senda, sendo totalmente en español, algo inaudito e que agocha a falta de compromiso por parte do goberno socialista de promoción e defensa do galego ante as agresións que está a sufrir, máxime cando o ministerio que realiza as obras está dirixida por unha ministra de orixe galega.

Para o BNG a falta de sensibilidade que leva amosando o Goberno municipal e central co pobo da Guarda e cos veciños e veciñas de Fernández Albor, queda reflectido no cambio de itinerario programado na inauguración, onde se eliminou a última hora o paseo que as autoridades tiñan previsto realizar até o porto da Guarda, quizais para non enfrontarse co descontento dos veciños e veciñas desta rúa.

 

Sábado, 17 de xullo de 2010   

La Ministra de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino inaugura, el lunes, la senda litoral

La ministra de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, Elena Espinosa, acompañada por el secretario General del Mar, Juan Carlos Martín Fragueiro y el alcalde de A Guarda, Jose Manuel Domínguez Freitas, inaugurará el próximo lunes, a las 12.00 horas, la senda litoral de las faldas del monte Santa Trega y la protección dunar de la playa de Camposancos, obras en las que el MARM ha invertido más de 2,4 millones de euros.

La obra permite el acceso y el disfrute, desde el puerto de A Guarda hasta la playa de con vistas panorámicas al mar, hacia la desembocadura del Miño con Portugal al fondo, y hacia el propio Monte Trega por cuyas laderas discurre esta ruta.

 

Venres, 16 de xullo de 2010   

A XV Travesía a nado o Porto da Guarda, prevista para o sábado, 7 de agosto, trasládase ao domingo, día 8

A Asociación Érguete Baixo Miño informa dun cambio na data de celebración da XV Travesía a nado o Porto da Guarda 2010, Puntuable no Circuíto Galego de Augas Abertas e que teten aberto o prazo de inscrición.

            A data desta proba deportiva trasládase do sábado a domingo. Polo tanto XV Travesía a nado o Porto da Guarda celebrarase o domingo, 8 de agosto, ás 12.00 do mediodía. (Ampliar)

  

Ao lograr a mellor puntuación, o S. Jerónimo Emiliani S.L. terá a responsablidade do mantemento das zonas axardinadas da Guarda

A secretaria do concello de A Guarda, con data de 2 de xullo de 2010, resolveu “proceder á adxudicación provisional do contrato de prestación de servizos de mantemento e conservación de xardíns e zonas verdes do concello da Guarda” a favor do Centro San Xerome que os presta a través de S. Jerónimo S.L.

Trátase, lembran desde o citado centro, dun concurso público  no que participaron oito empresas, algunhas presentes en todo estado Español, e onde o Centro Especial de Emprego S. Jerónimo Emiliani intenta facerse un sitio despois de máis de dez anos traballando no sector da xardinería e demostrando que “podemos e aproveitamos as poucas oportunidades que temos para integrarnos na sociedade e máis concretamente no mundo laboral”.

Este contrato, engaden desde o mencionado Centro, suporá un total de seis novos postos de traballo para persoas con discapacidade da comarca do Baixo Miño, especialmente da Guarda, que unidos aos dez que xa están traballando fai un total de 16 traballadores.

Para o Centro San Xerome supón esta unha boa noticia en tempo de crise e quizais, apuntan, “unha característica do S. Xerome é que, dende sempre, en momentos de dificultade responde con máis traballo e máis compromiso”.

En San Xerome soñan “con seguir crecendo ata chegar a estar presentes en tódolos concellos do Baixo Miño para dar traballo a máis persoas con discapacidade”, e agradecen a todos os clientes, particulares e institucións, que dende o principio apostaron por esta empresa.

 

Martes, 13 de xullo de 2010   

Os viveiros dos restaurantes da Guarda exhiben descomunais exemplares de lagosta

 

Estes días pódense ver descomunais lagostas nos restaurantes da Guarda. Nun dos viveiros destes establecementos do porto guardés, no Restaurante Alborada, pesáronse dous exemplares que superaban, en conxunto, os cinco quilogramos. Na foto pódese comparar o tamaño dun destes exemplares de lagosta con outra de proporcións máis “comerciais” referíndonos, claro está, ao seu valor en euros.

Recordamos que fai unha semana A Guarda, que está considerada a Capital da Lagosta, viviu a festa de exaltación deste manxar considerado a raíña dos mariscos.

 

Sábado, 10 de xullo de 2010   

A pintora guardesa Alicia Alonso ofrecerá unha retrospectiva da súa obra na planta baixa da que será nova Casa Consistorial

Este verán, entre o 17 de xullo e o 14 de agosto, a planta baixa do novo concello da Guarda, na casa dos Alonsos, abrirá as súas portas para mostrar unha exposición retrospectiva da pintura de Alicia Alonso.

As amplas salas cas que conta o edificio do novo concello ofrecen un espazo ideal, segundo declaracións da propia pintora, para algunhas das obras de gran formato que Alicia quere mostrarnos, cadros que non sería posible admirar en toda a súa plenitude nun espazo máis reducido sen a perspectiva necesaria.

A mostra abrangue tódalas etapas da súa produción artística dende 1958 ata 2010. Unha colección de acuarelas, debuxos e óleos moi persoais e intimistas que se moven entre o alegórico e o costumista con especial atención á temática popular, as xentes e oficios do campo e do mar.

Esta exposición será un  privilexio para todos aqueles que somos admiradores da obra de Alicia Alonso na que poderemos facer un recorrido por toda a súa carreira artística incluíndo obras inéditas destes últimos anos. A mostra será tamén  unha oportunidade para coñecer as obras executadas na primeira fase da construción do novo concello.

O comisario e coordinador da exposición é Manuel Ángel Ávarez Pérez, especialista en arte contemporáneo, quen xa deu mostras do seu bo facer levando a cabo a exposición de Antonio Fernández realizada no verán de 2009 no Centro Cultural.

 

Xoves, 8 de xullo de 2010   

Resumen del “II Cruceiro Internacional do Río Miño” organizado polo Club Alagua

Este fin de semana tuvo lugar el ”II Cruzeiro Internacional do Río Minho” entre las localidades de Camposancos-Valença y Goián-Vila Nova de Cerveira, organizado conjuntamente por el Club Alagua y por el Clube de Vela de Viana do Castelo (CVVC). Dicho evento era prueba puntuable para el Campeonato Interno de Vaurien.

Casi cincuenta embarcaciones de las clases 470, 420, Vaurien, Laser radial, Laser 4.7 Láser 2, Topper, optimist y crucero participaron en este evento, con tripulaciones de Camposancos, A Guarda, Viana do Castelo, Tui, Tomiño, Vigo y Ovar, con participantes de entre los 09 y 50 años, llenando de embarcaciones el Tramo Internacional del Río Miño (TIRM) durante el sábado y el domingo. La participación por parte do CVVC fue masiva, llegando a concentrarse un total de 46 embarcaciones.

La regata constó de dos circuitos. El primero se realizó el sábado 3 de julio por la tarde y el segundo, el domingo por la mañana, intercalando una cena-convivencia.

El sábado el viento era NNE con intensidad inferior a 3 nudos, y la marea era entrante al dar inicio a la regata. La salida se dio alrededor de las seis de la tarde, y debido al viento y la marea, los regatistas y embarcaciones llegaron a Goian alrededor de las ocho y media, con el apoyo de las embarcaciones de seguridad, comisión de regatas y jueces, las cuales estaban patrocinadas por el ayuntamiento y la concejalía de deportes de Tomiño. Allí, gracias a la ayuda de un camión dispuesto por el ayuntamiento de A Guarda, se pudieron sacar fácilmente las embarcaciones del agua, que se expusieron en la explanada del antiguo ferry. Además se contó con la colaboración del Club Teixugos, que cedió desinteresadamente el uso de sus instalaciones a los participantes que pudieron refrescarse después de la primera parte de la regata. Los participantes pudieron regresar al punto de partida en un autobús, cortesía del ayuntamiento de O Rosal. Ya desde allí, se continuó con el programa previsto en a Praia da Lenta, donde los regatistas disfrutaron de una cena organizada por el Clube de Vela de Viana do Castelo, y la colaboración de la Camara de Vilanova de Cerveira. La convivencia se prolongó durante varias horas, ya que los participantes, acudieron a las fiestas de Goian.

La segunda parte del crucero comenzó el domingo a las once y media. El viento era NNE con intensidad de 7 nudos y marea saliente, con lo que las embarcaciones comenzaron a llegar a la meta, situada en O Pasaxe, alrededor de la una de la tarde.

La entrega de premios, concedidos por la Entidad Local Menor de Camposancos, se realizó una vez realizada la clasificación, considerando aquellas clases en las que se contó con un mínimo de seis embarcaciones participantes (Vaurien y Optimist).

A todos los regatistas se les entregó una medalla conmemorativa del evento. La entrega de premios fue realizada por el alcalde de A Guarda, José Manuel Freitas, el alcalde Pedáneo de la Entidad Local Menor de Camposancos, Rafael Álvarez, y el concejal de Deportes A Guarda, Javier Crespo.

Esta actividad no habría sido posible sin el esfuerzo de todas aquellas personas y patrocinadores implicados en la organización, así como sin el apoyo prestado por los distintos ayuntamientos y especial colaboración  de la entidad local menor de Camposancos.

Información más detallada en www.clubalagua.com

 

Mércores, 7 de xullo de 2010   

Contratación dun profesor de violín

            O concello da Guarda  convoca a contratación laboral temporal (12 horas semanais) para o curso escolar 2010/2011, dun Profesor de Violín do Conservatorio do Concello de A Guarda. As bases da convocatoria están a disposición dos interesados no rexistro xeral do Concello ata o 15 de xullo, en horario de 9.00 a 13.30 horas de luns a veres e de 10.00 a 13.00 horas o sábado.

            A titulación esixida será Titulo grado medio (1966) ou superior (LOXSE) o día en que remate o prazo de presentación de instancias.

 

Martes, 6 de xullo de 2010   

Tino Baz canta mañá en Vila Nova de Cerveira

            O cantautor guardés Tino Baz, estará mañá, mércores, ás 23.30 horas española (20.30 hora portuguesa), no Concerto “A Voz e a Palabra”, no Auditorio de Vina Nova de Cerveira, co gallo da apertura da Mostra do Libro que se celebra nesta cidade miñota.

 

Luns, 5 de xullo de 2010   

Afeccionados ao fútbol seguiron o partido de España contra Uruguay na carpa da Festa da Lagosta

Dous televisores de 42 pulgadas serviron para que a carpa na que se celebraba a Festa da Lagosta acollese, o pasado sábado, a afeccionados ao fútbol que seguiron con pasión as xogadas da Selección Española, soando tamén no recinto algunha vuvuzela.

 

Sábado, 3 de xullo de 2010   

La Asamblea Comarcal de Cruz Roja entrega diplomas a los alumnos del Taller de estimulación de memoria por la finalización del curso

Desde el año 2003, voluntarios de la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño desarrollan un taller de estimulación de memoria para personas mayores de 65 años, que se imparte en el Club de Jubilados y Pensionistas de A Guarda, y cuya satisfacción, tanto por parte de los asistentes como de los voluntarios, avala el incremento de personas que participan.

Entre los objetivos del taller de estimulación de memoria se destacan potenciar la conservación de la capacidad y agilidad mental de los destinatarios, y sus capacidades psíquicas, además de promover las relaciones interpersonales e intergeneracionales, mejorando, de esta forma su autoestima.

Con la entrega de diplomas, acto al que asistirán, entre otros, el presidente comarcal de la Asamblea de Cruz Roja Baixo Miño y miembros del comité comarcal, la concejala de Servicios Sociales de A Guarda, el presidente del Club de Jubilados y Pensionistas, Cruz Roja reconoce el esfuerzo realizado por los  alumnos y voluntarios que participaron en esta iniciativa. Tras la entrega de diplomas se invitará a los asistentes a un tentempié, anunciándose el próximo taller que se iniciará en el mes de octubre.

Este proyecto está enmarcado dentro de las actividades desarrolladas por la Asamblea Comarcal de Cruz Roja Baixo Miño con personas mayores, tales como el taller de alfabetización, charlas de productos de apoyo, entrega de productos de ahorro energético, excursiones culturales y de convivencia, el programa de respiro familiar, ponte na onda, talleres de utilización del teléfono móvil y teleasistencia móvil, y el recientemente iniciado taller de gimnasia de mantenimiento. Hasta la fecha han participado, en los diversos programas dirigidos a los mayores, y que hacen posible los voluntarios de Cruz Roja, más de 150 personas.

 

Venres, 2 de xullo de 2010   

O sábado, día 3, o programa Agrosfera que emite “La2” retrata o concello da Guarda

O programa Agrosfera achega ao público a actualidade agraria e pesqueira dende fai 12 anos. Cada semana emítese unha reportaxe dedicado ao turismo rural. Un completo percorrido  polas ofertas de ocio, gastronomía, cultura e deporte que o viaxeiro pode atopar en pequenas localidades fomentando o desenvolvemento económico do medio rural. Esta semana a reportaxe estará adicada ao concello da Guarda.

A comezos de maio a TVE o equipo de gravación, co seu subdirector, Álvaro de Rojas, estivo a gravar os principais puntos de interese da Guarda: o porto pesqueiro ca ruta das cetáreas, o casco antigo e as casas indianas, sen esquecer o Esteiro do Miño e o Monte Santa Trega. Durante dous días recolléronse as imaxes e entrevistas de personaxes do ámbito local da Guarda que amosaron as excelencias e particularidades da Guarda.

Para ver a reportaxe da Guarda a concellería de Turismo convida a tódolos veciños e interesados ás 9.30 da mañá a conectar con “La 2 de TVE” e posteriormente no “Canal 24 horas”.

 

Xoves, 1 de xullo de 2010   

Este fin de semana tendrán lugar en la desembocadura del Miño el “II Cruceiro Internacional do Río Miño”

El II Cruceiro Internacional do Río Miño” entre las localidades de Camposancos-Valença y Goián-Vila Nova de Cerveira, organizado conjuntamente por el Club Alagua y por el Clube de Vela de Viana do Castelo (CVVC), tendrán lugar este fin de semana con una previsión de más de 60 participantes. La actividad cuenta con el apoyo de los ayuntamientos y las cámaras de A Guarda, Entidad Menor de Camposancos y de Tomiño, O Rosal y Vila Nova de Cerveira.

La intención de la comisión organizadora es la instauración de esta actividad como un evento permanente y que cuente cada año con una mayor participación de todas aquellas personas aficionadas a la vela ligera, y a los deportes náuticos en general.

Este encuentro se iniciará el sábado, a las 16.00 horas, y finalizará el domingo, a las 15.00 horas, con tres pruebas, además de actividades complementarias, en las que primará la convivencia y el intercambio de culturas. Para la realización de esta regata se cuenta con el apoyo de embarcaciones a motor de los clubes CVVC y Alagua, de los bomberos de O Porriño y efectivos de apoyo en tierra de Protección Civil. La primera prueba se desarrollará el sábado por la mañana, en la cual se producirá la salida de las embarcaciones desde las inmediaciones del embarcadero del Ferry, en APasaxe-Caminha. El sábado por la noche tendrá lugar una cena de todos los participantes en Vila Nova de Cerveira.

La segunda de las pruebas se celebrará el domingo por la mañana en el tramo comprendido entre Goián y Vila Nova de Cerveira, donde se realizará una manga en el campo de regatas,  frente al embardero de Goián. A mediodía se realizará la tercera prueba, en la que el recorrido es inverso al del primer día. La hora estimada de llegada al Pasaxe será en torno a las 14.00 horas. Una vez finalizado el Crucero, tendrá lugar la entrega de premios a los mejores clasificados.

 

Mércores, 30 de xuño de 2010   

O Padroado Municipal Monte Santa Trega organiza visitas guiadas a este espazo

O Padroado Municipal do Monte Santa Trega ofrecerá, nos meses de xullo, agosto e setembro, visitas guiadas que percorrerán o castro e demais elementos de interese do Monte Santa Trega.

Facilitar o coñecemento da riqueza histórica e paisaxística deste espazo figuran nos obxectivos desta proposta da Concellería de Patrimonio que realizará dúas visitas diarias cunha duración aproximada de 90 minutos. O punto de partida da ruta será o castro de Santa Trega e o itinerario a seguir contempla  a visita aos Petróglifos da Laxe Sagrada; Casa forestal e Vía Crucis, a súa orixe e historia, creación da Sociedade Pro-Monte, Pedra Furada, Ermida de Santa Trega, coa tradición relixiosa, cruceiro de San Francisco e Marcas Poveiras, finalizando no Museo Arqueolóxico (MASAT).

            Os días e horarios de visitas serán de martes a sábado, entre as 12.00 e as 19.00 horas; e os domingos, ás 12 do mediodía.

As persoas interesadas poderán apuntarse  na oficina de información turística do Trega, chamar ao teléfono 690 017 038 ou enviar un correo electrónico a masat@aguarda.es

En caso de grupos será necesario facer unha reserva con anterioridade.

 

Martes, 29 de xuño de 2010   

Ruta nocturna dos petróglifos do monte Trega

Hoxe, martes, ábrese o prazo de inscrición para a Visita  Nocturna aos Petróglifos do Monte Trega, podéndose realizar a inscrición, ata o próximo día 7 de xullo, chamando ao teléfono do Concello (986 61 00 00) ou enviando un correo electrónico á dirección patrimonio@aguarda.es

A actividade, organizada polo concello da Guarda coa colaboración do Instituto de Estudios Miñoranos, e guiada polo arqueólogo Xosé Lois Vilar, comezará ás 22.00 horas do venres, día 10 de xullo, no Salón de Actos do Centro Cultural, onde se dará unha breve explicación do percorrido.

No monte de Santa Trega coñécense ata vintecinco superficies con gravados rupestres, e unha boa parte deles localízanse nas rochas que serven de base aos muros das construcións do poboado castrexo. Espirais, círculos, cazoletas e liñas foron postas ao descuberto en diferentes escavacións arqueolóxicas. As visitas nocturnas son unha das mellores formas de ver os motivos e releves dos petroglifos, que polo día, coa incidencia directa dos raios do sol pasan desapercibidos.

 

Luns, 28 de xuño de 2010   

El 17 de julio se celebrará el IX Rock Guardés en el Puerto de A Guarda

Organizado pola Comisión de Fiestas Virgen del Carmen, el puerto de A Guarda será, una vez más, escenario del IX Rock Guardés que se celebrará el 17 de julio desde las 22.00 horas.

Este Festival,gratuíto y ofreciendo música al aire libre, es una ventana a la que se asoman distintos grupos de A Guarda y alrededores contando, para esta edición con “Losthopes”, “The Inspectors”, “Orange Road”, “Asegún”, “Malcolm X”, “Los Residuos Atractivas” y el estreno de “The Winning Numbers”.

  

Sábado, 26 de xuño de 2010   

Contratación laboral temporal por urxencia de dous socorristas para o servizo de salvamento e vixilancia das praias

            O concello de A Guarda selecciona por urxencia dous socorristas para cubrir o servizo de salvamento e vixilancia das praias do concello, durante 2 meses a xornada completa.

            As bases da convocatoria están a disposición dos interesados no Rexistro do Concello en horario de 9.00 a 13.30 horas de luns a venres, e de 10.00 a 13.00 horas o sábado ata o día 1 de xullo data na que remata o prazo para a presentación de instancias.

 

Venres, 25 de xuño de 2010   

O sábado rematará a peregrinación do concello da Guarda a Santiago coa etapa Padrón-Santiago e o 10 de xullo terá lugar a cea para os interesados en despedir este encontro co Camiño Portugués da Costa

O vindeiro sábado, 26 de xuño, levarase a cabo a sexta e última etapa da Peregrinación a Santiago de Compostela polo Camiño Portugués da Costa, organizada polo concello da Guarda, que transcorrerá entre os municipios de Padrón e Santiago de Compostela.

A hora de saída será as 07.00 da mañá, desde o Parking do Colexio A Sangriña, pasando polo IFEVI (aproximadamente ás 7.55) iniciando o percorrido en Padrón sobre as 8.45 horas. A hora estimada de finalización da etapa serán as 15.00 horas, aínda que dependerá, como nas anteriores ocasións, do ritmo que marque o grupo.

A misa do peregrino na Catedral será ás 18.00 horas e nela actuarán as corais Orfeão de Vila Praia de Âncora, Agrupación Coral Polifónica da Guarda, Agrupación Coral Musical do Rosal, Coral Polifónica Vagalume de Oia e Agrupación Coral Atlántida de Matamá. Igualmente, rematada a misa do peregrino estas corais interpretarán na praza da Quintana algúns temas populares galegos.

Os autobuses sairán novamente para a Guarda as 20.30 horas desde a dársena de autobuses da rúa Xoán XXIII.

Toda a información da etapa pode ser consultada na páxina web do concello da Guarda, www.aguarda.es, ou chamando ao número de teléfono 986.610.000

Cea Fin da peregrinación

            Atendendo á petición dos participantes nesta peregrinación por etapas á Santiago, a organización decidiu celebrar unha cea de remate deste acto co que se promociona o Camiño Portugués da Costa. A cea celebrarase o 10 de xullo na Carpa instalada no porto da Guarda. Os interesados en participar nesta cea aboarán 23 euros aos responsables de cada autobús ao regresar de Santiago finalizando, en todo caso, o prazo de inscrición o 30 de xuño poidendo nos días posteriores ao sábado da peregrinación, pórse en contacto con Antón Ferreira (636 091 089) para reservar a praza unha vez realizado o abono.

            A cea será a base polbo (xa está contratado un polbeiro), empanada, rosca de xema e bebidas.

 

Mércores, 22 de xuño de 2010   

Cinco corais participarán no remate da peregrinación do concello da Guarda polo Camiño Portugués da Costa

            O vindeiro sábado, 26 de xuño, concluirá a peregrinación por etapas, seguindo o Camiño Portugués da Costa, organizada polo concello da Guarda.

            Máis de 200 peregrinos de distintas partes do sur de Galicia e norte de Portugal, que se sumaron a esta iniciativa, chegarán a Santiago onde acudirán, ás 18.00 horas, á Misa do Peregrino na que voará o botafumeiro e contará coa participación de distintas corais dos pobos polos que pasa o Camiño Portugués da Costa, nun acto organizado pola Agrupación Coral Polifónica da Guarda que ofrecerá, xunto coas demais formacións, e tras finalizar os oficios relixiosos, un concerto na Praza da Quintana coa denominación de “Os Sons do Camiño”.

            Ás cinco da tarde as corais Orfeão de Vila Praia de Âncora, Agrupación Coral Polifónica da Guarda, Agrupación Coral Musical do Rosal, Coral Polifónica Vagalume de Oia e Agrupación Coral Atlántida de Matamá reuniranse na Praza do Obradoiro onde se lles fará entrega dos báculos conmemorativos.

            Ás 17.30 horas, os coralistas, cerca de 200, entrarán na catedral pola Porta de Platerías, e situaranse na márxe dereita do Altar Mayor, para participar na Misa do Peregrino baixo a dirección de Marisilda Sánchez Lomba.

O repertorio da Misa do Peregrino nas voces dos compoñentes das cinco corais iniciarase coa entrada “Canticorum Jubilo” (F.Handel); na primeira lectura cantarán “Aleluia”, na Comuñon “Pescador de Hombres”(C. Gabaráin) e “Cerca de Ti”(L. Masón).

            Durante o vo do Botafumeiro o orfeón de voces entonará o “Himno ó Apostol” (J. Barcia Caballero, M. Soler Palmer) acompañado polo órgano. Rematará a participación das cinco corais na Misa do Peregrino cantando a “Salve Marinera”(C. Oudrid/C. Monllor) en homenaxe aos os pobos da costa por onde transcorre o Camiño.

            Ás sete da tarde o orfeón de voces representando aos pobos do Camiño, ofrecerá un Concerto na Praza da Quintana, dirixidos polos directores das corais invitadas, interpretando pezas populares galegas.

 

Luns, 21 de xuño de 2010   

Continúa abierta la inscripción para la Feria Outlet a Guarda organizada por Ábaco

Desde la Asociación do Baixo Miño de Comerciantes e Empresarios Ábaco informan a todo el comercio local que continúa abierto el plazo de inscripción para participar en la 3ª Feria de Oportunidades que se organizarán los días 31 de julio y 1 de agosto.

En esta edición la Feria Outlet estará ubicada en las calles Joaquín Alonso y Vicente Sobrino, en horario de 11 de la mañana a 10 de la noche.

Para más información o cualquier consulta que se quieran realizar los interesados pueden dirigirse a la oficina de Ábaco en la calle Ireira, 9 – bajo, llamando por teléfono al 986 610 887 o bién enviando un correo eléctronico a administracion@asociacionabaco.com

 

Xoves, 17 de xuño de 2010   

Avelaíña protesta por el cierre de su centro en Gondomar

Trascurrido más de un año a la espera de la firma del concierto de plazas con el Sergas, la Asociación Avelaíña, de axuda a persoas con enfermidade mental, realizó ayer una manifestación pacífica en su Centro de Rehabilitación Psicosocial de Gondomar. Familiares, trabajadores y afectados por la enfermedad mental asistieron con carteles alusivos al cierre de sus instalaciones en Gondomar, hecho que fue forzado por la imposibilidad económica de seguir sosteniendo la atención desplazada en Val Miñor sin ningún tipo de apoyo oficial.

La acción pacífica es una llamada de atención para las autoridades y el compromiso de cumplir con la firma de un concierto de 25 plazas, presupuestado desde mediados del año 2009, pero que a la fecha aún no se ha hecho efectivo.  “Confiábamos que para el primer semestre del 2010 se concretase el concierto de plazas por parte del Sergas, ya que estaba presupuestado desde el año pasado. Sin embargo, esto no ha ocurrido. Por tanto, la apuesta hecha por la junta directiva de Avelaíña para dar una respuesta de servicios oportuna en Val Miñor se ha visto defraudada por las autoridades sanitarias”, dijo Rafael Álvarez Martínez, gerente de esta asociación con sede en A Guarda.

Álvarez destacó que los servicios de rehabilitación se han venido sosteniendo desde el año 2007 para un colectivo de personas que residen en los ayuntamientos de Gondomar, Baiona y Nigrán, quienes han sufrido de forma especial la sobrecarga de los dispositivos de salud mental existentes en Vigo. “El Centro de Rehabilitación Psicosocial de Val Miñor requiere 75.000 euros anuales para funcionar y la demanda de atención es cada vez mayor. Del monto que se requiere, el 55% sería obtenido por la vía del concierto con el Sergas”, detalló.

A juicio del gerente de Avelaíña las autoridades políticas de los ayuntamientos de Val Miñor también tienen su cuota de responsabilidad en este traspié ya que, salvo ayudas puntuales  por parte del concello de Gondomar, no ha existido una verdadera implicación en la lucha por la reivindicación de los afectados por la enfermedad mental en su derecho a contar con una atención adecuada.

Distribución poco equitativa

El gerente de Avelaíña destacó que la situación que atraviesa la asociación en Val Miñor es la misma que enfrentan otras tres asociaciones en Ferrol, A Coruña y Chantada, donde también estaban presupuestados conciertos del Sergas que tampoco se han hecho efectivos. El tema, a juicio de Álvarez, y de expertos del ámbito asociativo en la salud mental, se vincula directamente con la política de distribución de recursos.

Según los datos de Feafes Galicia, la enfermedad mental es la segunda causa de discapacidad en la CC.AA, afectando a 38.216 personas, detrás de la incapacidad por causas físicas cuyo número de afectados es de 150.175 personas y por delante de la incapacidad intelectual (34.545 personas). La estadística oficial de discapacitados por enfermedad mental deja al margen a un importante número de personas que se encuentran afectados, pero que aún no cuentan con una minusvalía declarada, por lo que la situación es dramática.

A todo esto hay que añadir que aunque la enfermedad mental es la segunda causa de discapacidad en Galicia, sólo el 0,90% del financiamiento anual de Bienestar Social (45.738.931 euros) se invertirán este año en este colectivo. Es decir, se  destinan 10,78 euros anuales para cada habitante afectado por la enfermedad mental. Suerte similar corren los afectados por discapacidades físicas, a quienes se les asignan 10,98 euros por afectado. La desigualdad queda evidente cuando se constata que el 93,58% de la financiación del 2010 (42.802.800 euros) se invertirán este año para atender al colectivo de discapacitados intelectuales (34.545 personas, contando a afectados por demencias, autismo y daño cerebral). La inversión de Bienestar Social por habitante, para este colectivo, es de 1.239,04 euros anuales.

También en Ramallosa

Los trabajadores, familiares y personas afectadas por la enfermedad mental de Avelaíña culminaron las acciones de reivindicación desplazando la concentración hasta la Unidade de Saúde Mental de A Xunqueira, en el Centro de Salud de La Ramallosa. La intención de esta medida espontánea fue solidarizarse con los trabajadores del centro ante la retirada de uno de los dos psiquiatras del centro y el consecuente colapso de los servicios.

 

Martes, 15 de xuño de 2010  

A OMIX do concello da Guarda publicita as Actividades de Verán 2010

A Oficina municipal de Información Xuvenil do Concello da Guarda informa das actividades de tempo libre programadas e destinadas á nenos e mozos para o mes de xullo vindeiro.

Entre as actividades previstas están a Multiaventura no Verán, para mozos e mozas a partir de 14  anos que queiran facer algo diferente este verán practicando deportes como sendeirismo e paso de cordas; orientación e geocaching, escalada e btt.

A actividade levarase a cabo durante as mañás de cada mércores do mes de xullo e terá un custe por inscrición de 30€.

Campamento Urbán Municipal 2010. Esta actividade ten aberto o prazo de inscrición, destinándose a rapaces e rapazas de 3 a 12 anos da Guarda.

As persoas interesadas deberán pasar pola OMIX coa fotocopia do DNI do pai/nai /titor legal e cubrir unha solicitude, sendo a inscrición presencial. Nesta actividades haberá obradoiros, xogos e deportes.

Acudindo persoalmente á OMIX (ou chamando por teléfono ao 986 61 45 46 e o correo informacion@aguarda.es) poderase obter máis información de cómo inscribirse nestas ou noutras actividades.

 

Venres, 11 de xuño de 2010  

A Curtametraxe “Dies dei” abrirá o II Festival Internacional de Cortos La Vaca de Muestra en Mendoza, Argentina

Mañá, sábado, a curtametraxe Dies dei de Nani Matos xunto cos documentais  argentinos “El rechinar de los dientes” e “Argentina, la mía tierra” e a curta de animación tamén argentina “Juan del Monte”, abrirán a segunda edición do Festival Internacional de Cortos La vaca de Muestra en Mendoza, Argentina

Este festival foi distinguido polo Fondo Provincial da Cultura para realizar mostras por todo o territorio provincial  de Mendoza-Argentina con todas as curtas seleccionadas.

Côas pezas seleccionadas farase a gran mostra anual e varias mostras paralelas que percorrerán diversos países do mundo e todo o interior da provincia de Mendoza.

“Dies dei” foi hai uns días galardonada co segundo premio no Festival Internacional de Cortometrajes de Torrelavega na sección de Video dixital.

 

Xoves, 10 de xuño de 2010  

O sábado terá lugar a 5ª Etapa, Caldas de Reis – Padrón, do Camiño Portugués da Costa

O sábado, 12 de xuño, levarase a cabo a quinta etapa da Peregrinación a Santiago de Compostela polo Camiño Portugués da Costa, que transcorrerá entre os concellos de Caldas de Reis e Padrón.

A hora de saída será as 07.00 horas, desde o Parking do Colexio A Sangriña, iniciando o percorrido en Caldas de Reis desde a Carballeira, sobre as 08.40 horas.

Nesta ocasión o autobús fará unha parada no aparcadoiro do IFEVI, fronte da ITV, para recoller aos peregrinos procedentes de Vigo, Baiona, Redondela, Mos e Arcade. A recollida neste punto está prevista ás 07.55 horas. Todos aqueles interesados en ser recollidos nesta parada terán que pórse en contacto co Concello antes do día da etapa.

A hora estimada de finalización da etapa serán as 14.00 horas, aínda que dependerá, como nas anteriores ocasións, do ritmo que marque o grupo.

A hora de recollida dos autobuses será as 15:30 horas no Souto, á entrada de Padrón.

A organización pide a todas aquelas persoas que non poidan asistir á etapa que o notifiquen ao Concello co fin de ter un correcto control do número de participantes. Así mesmo, aqueloutros participantes que acudan directamente a Caldas de Reis deben comunicalo co fin de non esperar por eles na Guarda.

Toda a información da etapa pode ser consultada na páxina web do Concello da Guarda, www.aguarda.es acudindo á sección correspondente, ou chamando ao teléfono 986.610.000.

 

A Deputación entrega axudas a colectivos empresariais da Guarda

O deputado, Jesús Fernández Portela, entregará hoxe sendos cheques a colectivos empresariais da Guarda. Ás 12 do mediodía achegarase á sede da Asociación de Empresarios da Guarda e ás 13.00 horas estará na sede de Ábaco

 

María José cantará, mañana, en Redondela

            Mañana, viernes, día 11, la cantautora guardesa María José Baz cantará, a las 20.00 horas, en la Casa de la Cultura de Redondela con motivo de la presentación del libro “Pedras Labradas·, de Amante Romero Álvarez.

 

Mércores, 9 de xuño de 2010  

Acta da reunión do xurado do IV Certame de Poesía Xela Arias

            O día 7 de xuño de 2010, reúnese no IES A Sangriña, da Guarda (Pontevedra), o xurado do IVº Certame de Poesía Xela Arias composto polas seguintes persoas:

-  Pilar Carro Loureiro. Directora do IES A Sangriña, que actúa como presidenta

- Marisa Guerra Cañizo. Profesora de Lingua Galega e Literatura, que actúa como Secretaria

- Pilar Piñeiro Iglesias. Deseñadora gráfica

- Carlos Negro. Poeta e escritor. Profesor de Lingua Galega e Literatura

- Uxío García Lobeira. Profesor de Lingua  Galega e Literatura

- Carme Díaz Pernas. Profesora de Lingua Castelá e Literatura

            Despois das oportunas deliberacións, ACORDAN outorgar os seguintes premios:

MODALIDADE A:

1º Premio: Sara Martínez García do IES de Sanxenxo (Pontevedra). Presenta os seus poemas baixo o pseudónimo de Rosa de folla de lata

2º Premio: Óscar Rodríguez Goyás do IES A Sangriña, da Guarda (Pontevedra). Presenta os seus poemas  baixo o pseudónimo de Dimitri

MODALIDADE B:

1º Premio: Lucía Barrera López do IES Perdouro de Burela (Lugo). Presenta os seus poemas, baixo o pseudónimo de Sonata

2º Premio: Adela Dávila Fernández do IES Virxe do mar de Noia (A Coruña). Presenta o poema “Elexía en catro tempos (ou metaliteratura funeraria)”, baixo o pseudónimo de Dorothy

Por unanimidade, o xurado acorda outorgar un terceiro premio de 100 €uros nesta categoría:

3º Premio: Jessica Amado Dosil do IES Campo de San Alberto de Noia (A Coruña). Presenta o poema “Tango azul para a túa boca”, baixo o pseudónimo de Amaruxia

Tamén por unanimidade, o xurado acordo outorgar mencións especiais nesta categoría:

Mención especial: Jesús Castro Yánez do IES Pedregal de Irimia da Pastoriza (Lugo). Presenta o poema “A túa pel afogada de lúas”, baixo o pseudónimo de Baltar

Mención especial: Sabela Rodríguez Lorenzo, do IES de Monelos (A Coruña). Presenta os seus poemas baixo o pseudónimo de Mateo

A Presidenta do xurado tomará as medidas oportunas para comunicar aos interesados e interesadas as decisións acordadas. A entrega de premios efectuarase no acto literario en homenaxe a Xela Arias que se celebrará o día 9 de xuño de 2010 ás 12:30 horas no IES A Sangriña.

 

Martes, 8 de xuño de 2010  

Mañá entrega de premios do Concurso de Poesía Xela Arias

O Instituto da Sangriña acollerá, mañá, día 9, a partir das 12.30 horas, o Certame de Poesía Xela Arias, cunha conferencia do poeta Carlos Negro, un Recital de Poesía e a entrega de premios aos gañadores do Concurso de Poesía convocado polo IES A Sangriña.

A entrada é libre e aberta a cantos queiran asistir a este encontro coas letras que recordan á poetisa que impartiu clase no instituto guardés.

 

Luns, 7 de xuño de 2010  

42 peregrinos da Asociación Espaço Jacobeo, de Esposende fan o Camiño Portugués da Costa desde San Pedro de Rates

 12 peregrinos portugueses que fan o Camiño Portugués da Costa desde Esposende, pernoctaron o pasado sábado no pavillón de deportes da Sangriña, cedido polo concello para aloxarse. Estes peregrinos, segundo explicaron, realizan o Camiño para promocionar este itinerario Xacobeo, e forman parte dun colectivo máis amplio pertecente á Asociación Espaço Jacobeo, organización creada hai uns dez anos en Braga, e que ten unha delegación, desde 2009, en Esposende.

            O grupo de peregrinos cubriu a primeira etapa San Pedro de Rates-Esposende, o xoves; o venres, Esposende-Viana do Castelo; o sábado, Viana-A Guarda; onte, domingo, A Guarda-Oia; hoxe camiñán desde Oia á Ramallosa. Os seguintes finais de etapa serán Vigo, Redondela, Pontevedra, Caldas de Reis, Padrón, e o sábado, día 12, chegarán a Santiago.

            Neste grupo participan tamén dous peregrinos portugueses que fan o Camiño de Santiago por etapas organizado polo concello da Guarda.

            Os peregrinos da Asociación Espaço Jacobeo que están a facer a pé o Camiño Portugués da Costa, forman parte dun colectivo de sesenta persoas que por outros medios tamén percorrerán este traxecto. Mañá chegarán á Guarda dous remeiros en kayak, e o mércores, día 9, serán 5 peregrinos a cabalo e 23 en bicicleta os que pasan pola Guarda.

            Todos os peregrinos farán xuntos a etapa desde Padrón a Santiago.

 

Sábado, 5 de xuño de 2010  

A Escola Municipal de Teatro da Guarda invita a disfrutar da representación de “Catalina Zucco”

            O Grupo de Teatro da Escola Municipal da Guarda informa que o vindeiro domingo, 6 de maio, ás 20.30 horas, representarán no Auditorio Municipal do Rosal, a obra “Cataliza Zucco”.

Desde este colectivo animan a achegarse ao Rosal  a cantos queiran disfrutar dunha obra preparada con moita ilusión e co desexo de querer compartila co público.

            Lembran desde a Escola Municipal de Teatro que a entrada a este espectáculo é de balde.

 

Venres, 4 de xuño de 2010  

Selección para a contratación laboral temporal dunha praza de guia turistico no Padroado Municipal Monte Santa Trega

O Padroado Municipal Monte Santa Trega convoca proceso para a selección dunha praza de Guía de Turismo. A titulación esixida será a de técnico especialista en formación profesional de hostalería turismo ou calquera titulación universitaria.

Todos os interesados poderán recoller as bases e solicitude no Rexistro Xeral do Concello da Guarda ata o 9 de xuño de 2010 en horario de 9: 00 a 13:30 horas de luns a venres e de 10:00 a 13:00 horas os sábados.

 

Xoves, 3 de xuño de 2010  

Por primeira A Guarda contará con dúas praias galardoas con Bandeira Azul: Area Grande e o Muíño

Aínda que o Xurado Internacional da Bandeira Azul que concede o distintivo que distingue ás  praias se reuniu o pasado 23 de abril, non foi ata onte,  2 de xuño. Cando se deron a coñecer as praias galardoadas.

O concello da Guarda presentou a comezos do 2010 as candidaturas das dúas praias galardoadas: Area Grande e O Muíño, que conseguen este distintivo como recoñecemento á calidade medioambiental e ós servizos que ofertan.

Habería que destacar que o concello ofrece outras praias cos mesmos estándares de calidade pero con características diferentes.  Polo que a oferta de praias acolle a todos os gustos.

A praia Area Grande, de carácter semiurbano é aberta ao mar, e contará por segundo ano consecutivo co distintivo de Bandeira Azul, sendo un recoñecemento á calidade das augas marítimas e o esforzo realizado dende o concello da Guarda dotando a este areal duns servizos de calidade. Esta praia contará un ano máis co servizo de socorrismo e unha maior oferta de actividades informativas e medioambientais.

En relación a Praia do Muíño, fluvial e enmarcada no entorno natural de Esteiro do Miño, recibiu o disitintivo de Bandeira Azul no ano 2005 pero non foi renovado anos posteriores polo endurecemento das esixencias de Bandeira Azul como o cumprimento da Lei de Costas. O concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado este ano ca consecución da segunda Bandeira Azul para o concello.

As praias de Area Grande e O Muíño contan para esta ano 2010 co galardón medioambiental Bandeira Azul e o distintivo de calidade do SICTED “Compromiso de Calidade Turística”. A  implantación destes dous distintivos amosan o esforzo do Concello da Guarda en ofrecer unhas praias con servizos e atención de calidade.

 

A curtametraxe Dies dei obtén o segundo premio en Torrelavega

A curtametraxe galega Dies dei do guardés Nani Matos volve a ser premiada, esta vez no XI Festival Internacional de Cortometrajes de Torrelavega, onde acadou o segundo premio na sección de Video Dixital, nun festival celebrado esta pasada fin de semana na localidade cántabra.

Este premio súmase aos recoñecementos que recibiu a obra dende a súa estrea.  Así, a ópera prima do pontevedrés obtivo,o pasado mes de marzo, o terceiro premio do xurado e o premio do público na séptima edición do festival Internacional de Cine Solidari, CLAM 10, celebrado na localidade catalana de Navarclés.

Por outra banda, en datas previas, a curtametraxe Dies dei foi seleccionada para o FESCIGU 09, dentro da sección de Cine Comprometido, e mais recentemente, no mes de abril, no Festival Internacional de Cine Pobre de Cuba, organizado polo Instituto Cubano da Arte e a Industria Cinematográficas (ICAIC) e o Ministerio de Cultura e os Gobernos de Holguín e Gibara, e nos festivais Valsusa Filmfest e Video festival Imperia en Italia.

Esta curta conta como protagonistas a Xan Cejudo e Mela Casal, nun reparto de luxo onde tamén participan Camila Bossa, Susana Dans ou Luis Iglesia entre outros. A historia que se conta en “Dies Dei” é unha historia intimista, de sentimentos encontrados e entrelazados, de como transcorre a vida dunha parella de persoas maiores. Un drama que transpira problemas sociais como é a situación dos nosos maiores: soidade, enfermidades.

 

Martes, 1 de xuño de 2010  

O concello da Guarda convoca unha praza de informático a xornada completa

            Aprobadas  as bases para a contratación laboral temporal dunha praza de persoal informático a xornada completa no Concello de A Guarda, ábrese o prazo de presentación de solicitudes.

            As bases da convocatoria estarán a disposición dos interesados no rexistro xeral do Concello de A Guarda, ata o sábado, 5 de xuño, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a veres e de 10.00 a 13.00 horas o sábado.

            A titulación esixida será a de Ciclo superior de informática ou equivalente.

(Ver Bases completas)